Luns. 06.05.2024
El tiempo

Pequenos, maiores e medianos participan nas actividades de Fisterra

Pequenos, maiores e medianos participan nas actividades de Fisterra
Se fai poucos días eramos coñecedores do programa do Entroido máis tradicional da Costa da Morte, o entroido de Fisterra, ao mesmo tempo son moitas as actividades formativas, culturais e deportivas que se están a planificar no propio concello. E coma non é de estrañar, a distinción de Patrimonio Europeo débese a algo, xa que son moitos os veciños da Vila do Cristo que participan activamente e de forma constante durante todo o ano nas actividades ofertadas.

Clases de Informática

No departamento de formación, especialmente na aula de informática, son máis de 500 persoas as que todos os anos asisten a diversos cursos organizados, coma son Iniciación a Internet, Perfeccionamento, Windows 2000, Microsoft Word, Excel, Access, Powerpoint, contaplus, nominaplus, facturaplus… Son cursos organizados para todas as idades durante todo o día adaptándo os horarios aos traballadores. Actualmente o concello está impartindo os seguintes cursos:
  • Introdución á Informática (luns a xoves de10:00-12:00h): 10 alumnos
  • Introdución á informática: Mércores de 17:00-18:30h (10 alumnos)
  • Perfeccionamento de Windows: Mércores de 18:30-20:00 (10 alumnos)
  • Informática nenos Sardiñeiro: Luns de 17:15-19:15 (22 alumnos)
  • Actividades informática nenos Fisterra: Xoves de 17:00-20:00 (40 alumnos)
E estes son os cursos que se van a realizar nos próximos meses:
  • Deseño de páxinas web.
  • Ofimática.
  • Perfeccionamento de Windows.

Inscrición nos cursos de informática

As persoas (adultos e nenos) que se asistiron a algunha formación no aula de informática desde novembro de 2010 á actualidade foi de 112 persoas. Ata o próximo 15 de xuño está previsto que asistan en total 192 persoas.

Cerrtame Literario

Dende o Departamento de Cultura e de Normalización lingüística están xa coa programación de Semana Santa e das Letras galegas, onde destacarán o “II Concurso de Poesía Cabo Fisterra”, un “Certame Literario de relatos cortos”, Teatro destinado a todas as idades e varias exposicións no Faro de Fisterra. Neste último ano contabilizouse preto de 1.500 peroas as que desfrutaron de cada unha das exposicións organizadas no Faro, 20 persoas participantes nos concursos literarios e 180 persoas as que asistían cada domingo a súa cita co teatro.

Xuntanza de Maiores

Ademáis están coa organización da VII Xuntanza dos Maiores o vindeiro 8 de maio no pavillón municipal onde teñen previsto máis de 800 xubilados para ese día.

Deportes

E xa no terreo deportivo detacar actividades coma fútbol, batuka, mantemento, psicomotricidade, patinaxe, voley, badminton onde asisten xente de todas as idades con máis de 450 persoas participando nas mesmas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Fisterra.

Comentarios