Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Piden a construción dunha estación de buses en Fisterra e a cesión do edificio do Faro ao Concello

estacion bus fisterra-monbus copia
Así está a día de hoxe a parada de buses de Fisterra
Piden a construción dunha estación de buses en Fisterra e a cesión do edificio do Faro ao Concello

Segue o bo de Fernando Carrillo, presidente da Asociación de Veciños Costa da Morte, enviando escritos e escritos ao Concello para solicitar necesidades básicas para Fisterra.

Esta semana recupera un asunto eterno, a parada de buses, e pide, de novo, a construción dunha nova estación de buses que permita xestionar un Xacobeo 2021, que se todo volve a ser como antes, pode ser un antes e un despois para a vila do Cristo.

Lembran que a actual parada está nun lugar totalemente inadecuado, e pide que o Concello solicite cartos das administracións superiores para construír esta necesaria infraestrurura.

Así mesmo, en clave turística pedía tamén que se ceda o Faro de Fisterra ao Concello, para que sexa este o que poida aproveitar a nivel turístico as instalacións da planta baixa e primeira planta do edificio máis emblemático da comarca.

Por outro lado, a asociación solicita a reparación integral do Polideportivo Municipal de Fisterra no que se inclúa a colocación de paneis solares na cuberta.

Comentarios