Fisterra xa ten Plan Estratéxico do Turismo
No dia de onte e baixo a convocatoria das I Xornadas Turismo Fisterra, tivo lugar a presentación do Plan Estratéxico de Turismo de Fisterra da man da consultora Pqliar Consulting. O presidente da entidade, Juan Marcos Traba, fixo de anfitrión nesta velada marcada polo optimismo co que afronta, por primeira vez en moito tempo, o sector turístico fisterrán, gracias ao traballo de planficación e estratexia dos profesionais.
Moitos valoran o coñexemento da consultora na zona, pois nos últimos anos foron os responsables da posta en marcha de diferentes negocios peculiares de éxito rotundo e prometedor, como O Semaforo de Fisterra, Hotel Belafisterra, Hotel A Mariña en Cee, Niños de Carnota en lugar de Louredo (Carnota), Nauturfís turismo nautico en Fisterra, A lonxa d´alvaro en Muxia e algún proxecto xa adxudicado e aínda non iniciado como Hotel Faro Lariño en Punta Insua (Carnota). Con este curriculum e baixo a convocatoria por concurso do Concello de Fisterra, foi a consultora adxudicada do desenvolvemento do este Plan.
Presentación do Plan Estratéxico do Turismo Fisterra 2018Plan moi concreto
O Plan Estratéxico consta de 5 eixes de actuación, distribuídas en 27 liñas estratéxicas que provocarán a creación de 67 medidas concretas que levar a cabo nun horizonte proxectado de 4 anos. É un plan que nada ten que ver co Plan Director dirixido no seu día por Cesar Portela e desenvolve medidas moi específicas para ter unha folla de ruta na cal traballar conxuntamente Concello, tecido empresarial e cidadanía.
De feito, a consultora destaca que “a singularidade deste Plan radica na operatividade e concreción do mesmo. Un plan entendible, aplicable, obxectivo, medible en canto a resultados e aséptico políticamente”. Primeiramente explicaron o ”arduo traballo de campo solicitando información, datos, reunións con todos os axentes implicados: empresarios, veciños, cofradía, asociacións, concello, partidos políticos, diputación, xunta, etc, coa finalidade de solicitar a máxima información, intereses e inquietudes de todos os implicados á hora de planificar o futuro do Turismo en Fisterra”.
5 eixes
Estes son os cinco grandes Eixes Estratéxicos sobre os que comezar a desenvolver a liñas estratéxicas e as medidas do Plan.
- Estratexia de goberno;.
- Actividade Económica;
- Poboación e Territorio;
- Marca;
- Promoción e comercialización.
Así, parece que o sector recibiu de boa satisfactoria polos profesionais do sector, que ven neste Plan unha folla de ruta coa que poder traballar conxuntamente a través do Consello municipal de Turismo.
E para o sábado, a gran Gala
https://quepasanacosta.gal/turismo-fisterra-fara-entrega-dos-seus-primeiros-premios/Ademais, este sábado rematan as I Xornada Turismo Fisterra cos premios como gran foco de atracción.