O PP de Fisterra non se presenta no pleno da moción sobre a ANPA do Areouta
Este xoves 5 de agosto celebrábase un importante pleno en Fisterra para aprobar unha moción de apoio á comunidade educativa do CEIP Areouta, ante a inteción da Xunta de , por primeira ven en Galicia, agrupar a todos os nen@s de Primaria nunha soa aula.
Un pleno ao que acodían varias representantes da ANPA Arco da Vella, desexosas de ver o compromiso de todos os grupos. E a moción moi aprobada, pero non por unanimiadade, pois o PP non se presentou. O grupo poular argumentaba nun comunicado enviado nas redes que “o pleno foi convocado con pouco tempo”, pois era rexistrado oficialmente o martes ás 18:00h, apenas dous días antes do pleno (dentro da lei); e que non reciben as actas das xuntanzas de goberno dende novembro do ano pasado, un argumento certo (os problemas coa Secretaría Municipal están restrasando de máis o envío das actas) pero que pouco ten que ver coa situación.
Pleno sen presencia dos edís do PP
Dende a ANPA lamentan a falta dos edís populares, máis aínda despois de comprobar que si se poden facer excecpcions, como ase demostrou coa anulación do recorte no CEIP de Caión.
Dende o BNG consideran que “o PP non pode seguir poñendo excusas baratas para non dar a cara da decisiíns dos seus diante da ANPA. Pedímoslle ao PP que se manifeste publicamente e que levanten o teléfono”, sinala o teniente alcalde Kuka Sar, aínda máis directo: “Penso que era necesario que viñeran dar a cara e que non teñan medo de que lle quiten o posto regalado a Traba”.
Novas relacionadas
- A Xunta recúa e non suprime a terceiar aula de Primaria no CEIP de Caión.
- Recortes no Areouta: “Espero que o PP aprobe a moción, pero tamén que levante o teléfono”.
- 27-07-2021: A ANPA do Areouta seguirá cas mobilizacións ante a inútil reunión ca Xunta.
- “É a primeira vez en Galicia que se agrupan nunha soa aula tod@s @s nen@s dos 6 cursos Primaria”.
- Xullo 21: O peche do CEIP do Pino do Val, un novo recorte no ensino público.
- Xullo 21: Denuncian a intención da Xunta de unir nunha aula os 6 cursos de Primaria do CEIP de Sardiñeiro.