![Cabo-Fisterra por Marcos Fotografia]()
Facendo un repaso polos Recunchos decatámonos de que faltaba algo: o segundo punto máis visitado de toda Galicia.
O Cabo Fisterra pasa por ser un dos lugares de culto da peregrinación europea. Milleiros de turistas e peregrinos achéganse ata a fin do mundo. Un lugar cargado de misticismo, a pesar de que algúns se empeñen en facer
do Cabo Fisterra, o vertedoiro da fin do mundo.