Sardiñeiro e Fisterra prepáranse xa para outra fin de semana de actividades e troula

08:22 10/08/22
Completa volve, trala impresionante Festa do Linqueirón e Encontro Pirata, a fin de semana a Fisterra. A vila do Cristo e a súa veciña Sardiñeiro terán unha fin de semana completa.
En Fisterra
Xa o sábado 13, seguindo o programa de actividades municipais de verán, ás 12:00h, tamén na Praza da Constitución, Abradacadaver, un espectáculo divertidísimo para toda a familia cos números de circo máis terroríficos que xamais se viron e que nos porán os pelos de punta. Malabares, faquirismo, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas máis non aptas para cardíacos.
En Sardiñeiro
Venres e sábado haberá Fe4stas do Carme en Sardiñeiro. O cvenres 12 comezan coa sardiñada, amenizada pola Charanga local O Rumbo,m por suposto, e polo Dúo Explosión e a disco móbil.