Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Sardiñeiro vibra co programa de Nadal

Sardiñeiro vibra co programa de Nadal
Continúa o Nadal teatreiro en Fisterra. E xa vimos o bonita que se pon a lonxa coma se dun teatro fose, e para os que non estiveron nas primeiras sesións, que preparen a cita ollando o Programa do Nadal. Toca repasar as actividades que se desenvolveron ao longo da pasada fin de semana, que estivo cargada de actividades onde os máis pequenos e os grandes non pararon. De feito, o programa comezou o venres pola tarde onde as mulleres de Sardiñeiro elaboraron o seu propio centro de mesa para decorar as súas mesas neste Nadal. Ese mesmo día inaugurouse o Belén elaborado polos nenos de Sardiñeiro na Casa da Cultura. Foron moitas as persoas que o foron a visitar. Pero as actividades seguiron durante a tarde de sábado no mesmo lugar e a cita foi coa compañía de Teatro del Andamio, onde máis de 100 persoas pasaron unha tarde chea de humor e diversión coa "Verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz". E para rematar o fin de semana preto de 200 persoas encheron a lonxa de fisterra convertíndoa nun gran teatro coa obra dos Bolechas.

Vindeira cita

A próxima actividade será o vindeiro sábado 18 onde os nenos de primaria e da Eso elaborarán a súa postal de Nadal dentro do XVII Concurso de postais navideñas. Será ás 10:30 horas no salón de actos do concello. Ademais, ese mesmo día pola tarde as mulleres de Fisterra faran como as de Sardiñeiro o seu centro. E por si esto fora pouco, o domingo 19 as 19:00h da tarde poderán achegarse a lonxa e ser testigos da obra Contos mariñeiros, moi relacionada coa Vila mariñeira de Fisterra.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Fisterra.

Comentarios