Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Sufocan con rapidez un incendio Monte na Nave

incendio na nave
Sufocan con rapidez un incendio Monte na Nave

Esta mañá de luns Fisterra érguese con susto. Un incendio ameaza os montes da zona da Nave. Menos mal que unha rapaza que traballa na brigada de limpeza de praias que estaba en Mar de Fóra avisou moi pronto, sobre as 8:00h, e xa se puideron avisar aos medios de extinción, que viñeron de contado polo perigo ademais que supón o forte vento reinante no lugar.

A estas horas, o teniente alcalde, Kuka Sar, na zona dende o primeiro momento, calcula que podería haber dúas hectáreas afectadas, e espera que os medios consigan controlalo canto antes.

Sinalan ademais que, dadas as circunstancias do primeiro foco que se diu aínda sen sol, o lume ten que ser claramente intencionado.

 

Comentarios