sábado. 03.05.2025
El tiempo

Teatro local e concerto bigband para que Fisterra arrinque xuño

Teatro local e concerto bigband para que Fisterra arrinque xuño
Mostra de Teatro Local de Fisterra

Pendentes como nos teñen do Fisterra Blues Experiencie (temos que esperar unha semaniña para coñecelo en profundidade), a vila do Cristo prepara un mes de teatro e música.

Teatro

<ñ>Este venres, 2 de xuño, o salón de actos será escenario da Mostra de teatro de fin de curso do taller de iniciación ao teatro do Concello de Fisterra. Da man de Marta Lado, creouse un pequeno pero xeitoso grupo teatral que representará “A pouca coñecida e algho canalla versión fisterrana do Entremés famoso sobre o conflito da pesca no río Miño tamén coñecida como A Contenda dos labradores de Caldelas”.

A cita arrincará ás 20:00h e poden recoller as entradas (hainas limitadas) na Concellería de Cultura antes do venres, de 09:30 a 15:00 horas.

Música

Ademais, domingo 4 de xuño, ás 20:00 da tarde, no porto de Fisterra, Gallaecia All Stars traerá o seu espectáculo “Mellor, Mellor”, un show cunha coidada posta en escena pensado para todo tipo de público.
Durante dúas horas ininterrompidas de música de calidade, mesturada cunha historia de moito humor, Gallaecia Big Band realiza unha viaxe aos tempos das grandes Big Bands dunha forma amena e con escenas de humor que diferencian este espectáculo doutras formacións musicais.
O repertorio é unha coidada selección dos clásicos do swing, latin, boleros, mambos, chachachás, rock an roll, soul….
Trece músicos, dous cantantes de luxo, Sergio Zearreta e Paty Lesta e un convidado estrela, Luís Iglesia.

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios