A teoría do Colón galego sae de Fisterra reforzada
Acolleu este sábado o Bela Fisterra acolle un interesante coloquio arredor da figura de Colón, coa intención de reforzar a tese do Colón Galego. Un coloquio que parte do documental "Colón ADN. A súa verdadeira orixe", dirixido por Regis Francisco López, moderado por Pepe Formoso, e con presenza dos autores Rodrigo Costoya e Modesto Fraga ademais de Eduardo Esteban Meruéndano, presidente da Asociación Cristóbal Colón e representante da teoría galega no estudo do ADN da Universidade de Granada (UGR).
Comezaba a reflexión Rodrigo Costoya deixando claro que para el "o documental de TVE carece de rigor científico, polo tanto, as súas conclusións non poden ser aceptadas como válidas".
O autor quixo destacar que "a teoría do Colón galego está máis viva ca nunca. Son 135 anos de investigación e máis de 100 indicios probatorios os que a avalan". E aínda foi máis alá: "Hai novas investigacións sobre o ADN en marcha, e os primeiros resultados publicados pola universidade complutense de Madrid relacionan a Colón con Pedro Álvarez de Soutomaior".
Precisamennte Eduardo Esteban Meruéndano lembrou que os resultados desas análises de ADN, sairán o 19 de novembro e que serán un antes e un despois. Ademais, quixo agradecer que "Fisterra se convirta nun centro dinamizador e divulgativo da teoría do Colón Galego, seguindo os pasos de Ramón Marcote, recoñecido na Biblioteca da Fisterranía.
O fisterrán Modesto Fraga, un dos grandes axitadores desta teoría no último lustro, teno claro: "cada vez está máis claro que a Teoría Galega é a única capaz de resistir o paso do tempo pola solidez do seu argumentario e todas as probas existentes". E nesa liña deixa claro que a figura de Ramón Marcote foi decisiva para a universalización da teoría do Colón galego.
Para o anfitrión, Pepe Formoso, é necesaria que haia homenaxes a Marcote, ademais da obra de Modesto Fraga.