Un solpor peregrino ao son do chelo
Chegou, o día que tiña previsto, o violonchelista estadounidense Dane Johansen ata a fin da terra facendo o Camiño. Mágoa que non tivese unha promoción axeitada, pero este proxecto, The Walk to Fisterra, é a típica iniciativa que fai unha promoción incrible da nosa bisbarra.
Só temos que pensar na influencia da peli “The Way” na chegada de peregrinos norteamericanos, ou a promoción que fai Lois Patiño e a súa documental “Costa da Morte”.
A estampa foi tremendamente simbólica. Aló, debaixo do mesmo Faro, e acompañado por varias ducias de peregrinos que coma el, quixeron ver o solpor que pecha a súa aventura polo Camiño, soou o chelo. Calou o mundo, ata o mar ficou calmo para escoitar a música de Johansen.
Así estaba hai unha semana. En breve poderemos disfrutar doutro fermoso vídeo coa súa chegada á Costa da Morte, e sobre todo, esperaremos co ansia a documental completa:
Máis información
Novas relacionadas
- Lois Patiño colleita un novo premio coa súa Costa da Morte.
- Sicixia, a primeira película que se rodará integramente na Costa da Morte.
- “The Way” tamén chega á Costa .
- “A Mariñeira” enche os cines de Cee.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).