Venres. 19.04.2024
El tiempo

Unha Goleta bretona na augas do noso Finisterre

Unha Goleta bretona na augas do noso Finisterre

Este mediodía de mércores 7 de setembro de 2011, a goleta bretona Recouvrance amarrou diante da vila de Fisterra. Esta espectacular embarcación é o maior símbolo da capital da Bretaña Francesa, Brest, e pasa estes días a coñecer o outro Finisterre, o noso. Mañá partirá de volta cara Brest cos seus tripulantes-hóspedes, que foron os que elixiron a viaxe a terras galegas. I é que a goleta funciona como hotel flotante de luxo.

O pasado mes de xuño recibiramos unha visita semellante: a do veleiro máis luxoso do mundo. I é que a carga simbólica das nosas augas atrae todo tipo de apostas turísticas, e cada día as máis exquisitas. O simbolimos da nosa bisbarra na fin da terra, unida á riqueza arqueolóxica submariña, ademais do noso inmellorable patrimonio natural, en terra, ten que servir de atractivo para o turismo de cruceiros medianos. Pero aí somos nós os que temos que buscalo e potencialo.

Pero volvendo á Recouvrance (nome dun coñecido barrio da capital bretona), foi rematada no 1992 baseada nos planos do enxeñeiro Hubert, de 1817, para un concurso. Unha asociación, formada por mariñeiros e xentes de Brest, a cámara municipal e varias empresas privadas da cidade, financiaron o proxecto. Agora é propiedade da cidade.

Que bonito sería recuperar un Liverpool na Costa da Morte e que fose propiedade do Consorcio de Turismo da Costa da Morte...

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios