Sábado. 25.06.2022
El tiempo

Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte

Unha marea negra de papaventos invadirá a Costa da Morte
Papaventos Trece Novembro busca voluntarios para encher de papaventos negros o ceo costeiro

Impresionante será a estampa. 80 enormes papaventos de cor negra voando sobre varias praias da Costa da Morte. Este proxecto artístico, que artella Martí Monjo, convírtese nunha acción de tipo "happening", que pretende sobre todo "lembrar aquel movemento social de voluntarios que xurdiu a consecuencia da marea negra provocada polo afundimento do Prestige tentando que, de novo, a xente se una ao redor dun obxectivo común e dalgunha maneira Galicia e o que aquí ocorreu volva atravesar fronteiras.

A acción levaráse a cabo na praia do Rostro de Fisterra o sábado 5 de xaneiro de 2013 e previsiblemente outra na praia de Muxía o 17 ou 24 de novembro. Pero a idea é a de espallar os papaventos por todo o litoral costeiro eses días. E para iso son necesarios máis de 80 voluntarios, que xa están intentando conseguir a través das redes sociais ou do blog papaventos13n.blogspot.com.

Como nos conta o propio Martí, mallorquín pero moi vencellado a Galicia tras ter feito o seu doutorado en Belas Artes en Pontevedra, "os papaventos pretenden ser a ferramenta que simboliza dalgunha maneira a loita do home con/contra o tempo (o vento, as mareas, as ondas, etc). Se presentan así, os papaventos, como esculturas móbiles e xeradoras de espazo, na súa condición de marcar e atrapar dito espazo. A idea de marcar este espazo, o límite da costa, serve tamén como referencia á gran cadea humana que se realizou aquel 22 de xaneiro do 2003".

Así, a dificultade que leva consigo a cada persoa a acción de levantar a voar o pesado papavento é directamente comparable ás duras condicións de recollida de alcatrán nas praias, rochas e acantilados que sufriron tódalas persoas que dalgunha maneira contribuiron a limpeza do fuel.

Un papavento negro

Papavento prototipo para o Trece de Novemebro

Deste xeito, estanse a buscar papaventos negros, e voluntarios que os voen. O deseño do papavento "13 de novembro", é un deseño baseado na á flexible do enxeñeiro Francis Rogallo para a Nasa, onde se teñen eliminado as 36 bridas dándolle, sobre un novo deseño, a forma elíptica á propia superficie da vela.

Máis información e inscricións

Novas relacionadas

Fonte

comentarios