Venres. 26.04.2024
El tiempo

Unha mística voda Celta en Sardiñeiro

Unha mística voda Celta en Sardiñeiro
Boda celta en Sardineiro-Foto-Conchy

Querían unha voda tranquila, máis persoal, máis íntima. E ao final, foi unha celebración cun pobo enteiro de espectador. I é que unha voda polo rito celta non se ve tódolos días, a pesar de que cada ano haia máis por toda Galicia. Desta volta, foi o pobo de Sardiñeiro o que puido disfrutar durante a noite deste pasado domingo 10 de agosto, unha emotiva celebración dunha voda polo rito celta.

Era o día perfecto, ademais, con lúa chea, a primeira de agosto como os nosos antergos preferían. A coincidencia, neste caso, foi de casualidade, como nos conta o propio Tito, que decidiu renovar os seus votos con Sandra “dun xeito máis enxebre, máis persoal”. De feito, Tito e Sandra xa estaban casados polo xulgado, pero tiñan gañas de facela “voda que nós queríamos”. “E resultou a voda perfecta”, recoñece Tito.

”Fixémola como nós quixemos, na praia, cun fermoso solpor (ata tivemos sorte que o tempo deunos unha boa tregua), contando só coa xente que quería estar, tras un ritual no que puidemos rememorar os elementos, nos dioses antigos, cun halo místico que nos encanta, moito máis auténtico que unha tradicional católica”. “Non houbo invitados por compromiso, pero para nós si que é un compromiso emocional tremendo”.
Unha cousa curiosa é que a cerimonia “ten unha validez un ano, así que teremos que renovar os votos”.

A cerimonia foi ben fermosa, pero “a expectación do pobo impediu a intimidade que buscabamos. En todo caso, foi moi agradable notar a atención das xentes do pobo, completamente volcado, e o que pretendía ser unha cousa para nós sós, ao final foi como unha representación teatral para todo o pobo de Sardiñeiro, cun bo equipo de son, con fogos de artificio e todo. Foi moi fermoso”, cóntanos Tito.

E por que Sardiñeiro? “Sardiñeiro xurdiu porque uns amigos levan alí ao Merendeiro moitos anos, e nós sempre iamos pasar uns días con eles. E foi o lugar perfecto. Cando viñen velo, pareceume un sitio moi máxico. Pensabamos facelo nun río preto da Coruña, de onde somos, pero Sardiñeiro tiña todo para facer a voda que sempre quixemos ter”. “A paz, a tranquilidade, e a enerxía que se respira da Costa da Morte non ten prezo. Os celtas sempre dicían que a Costa da Morte é un sitio máxico, e así o imos disfrutar ademais, pois aínda queda a lúa de mel, na mesma praia de Sardiñeiro, para disfrutar do Merendeiro.

Boda celta en Sardineiro-Foto-Conchy Boda celta en Sardiñeiro-Foto-Conchy Boda celta en Sardiñeiro-Foto-Conchy Boda celta en Sardiñeiro-Foto-Conchy

Damos tanto as gracias como as parabéns a Tito e Sandra, por escoller a nosa Costa da Morte para celebrar unha tan emotiva celebración!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios