Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Varios feridos tras dous novos accidentes en Sardiñeiro e Vilarmide

Imaxe do accidente en Sardiñeiro
Imaxe do accidente en Sardiñeiro
Varios feridos tras dous novos accidentes en Sardiñeiro e Vilarmide

Fin de semana accidentada na comarca. Se o sábado había unha colisión no cruzamento da Condomiña, o domingo as forzas de seguridade tiñan que desprazarse a Sardiñeiro e Vilarmide.

Pasaban das 12:40h cando se rexistraba un accidente en Sardiñeiro con feridos. Acodían o 61 de Cee , Protección Civil Fisterra e unha patrulla da Garda Civil de Tráfico, ademais dunha dotación de Bombeiros, que realizou labores de limpeza da vía.

Pouco máis tarde, pasadas as 15:30h, un vehículo que circulaba dende Muxía cara Cee saíase pola marxe dereita impactando con un muro de pedra. O condutor e unha acompañante resultaron feridos leves. Uns condutores que pararon a auxilialos axudáronos a saír do vehículo. Pronto chegaron os Bombeiros, que lles colocaron collaríns ata que foron evacuados polos efectivos do 061 ao Hospital Virxe da Xunqueira de Cee para a súa avaliación.

Protección Civil, Garda Civil tamén colaboraron.

Accidente en Vilarmide
Accidente en Vilarmide

comentarios