Luns. 14.10.2024
El tiempo

La Ventana emitiuse dende a fin da terra

La Ventana en Fisterra
Isahias Lafuente, Jesús Picallo, Carles Francino e Fran Hermida na terraza de Semáforo
La Ventana emitiuse dende a fin da terra

Un dos programas máis escoitados das tardes radiofónicas estatais emitiuse este pasado venres 30 de setembro dende o Faro Fisterra. La ventana de Carles Francino emitiu un programa especial dende a fin da terra.

Empezaba regular Francino, falando do “Centollo” e estirando a falsa lenda dos piratas costeiros que engaban os barcos para saquealo. Pero pronto último fareiro, Agapito Mendoza, que volvía á que foi a súa casa durante 25 anos por primeria vez en 6 anos (cando se xubilaba). Repasou como era a vida nun faro e como cambiou o tempo nos ulitmo 30 anos.

Volveu soar a Vaca, pero só en gravación, para dar paso ao vicepresidente do cluster de Turismo rexente dos Hoteis Faro Fisterra e do Hotel Faro de Lariño, Jesús Picallo. Francino calificouno como un “iluminado dos negocios”, e o empresario costeiro repasou a súa historia emprendedora que comezaba vendendo VHS, os teléfonos móbiles a pasarse ao sector do turismo.

Fran Hermida lamentou a falta de concreción dos grandes proxectos para unha bisbarra esquecida como a nosa. Falou con Oliver Moure, que explicou en primeira persoa a transición do mundo da pesca ao sector turístico, como xerente de Cruceros Fisterra.

La Ventana no Faro Fisterra

Precisamente a primeira hora rematou falando da importancia do Camiño.

Tamén estiveron Mara Torres e Isaías Lafuente e o programa actuación musical do grupo Sidecars.

Podedes escoitar aquí a primeira hora e aquí a segunda.

 

La Ser no Faro Fisterra

Comentarios