Martes. 18.06.2019
El tiempo

Os versos salgados de Manuel Antonio chegaron a limpar á Costa da Morte

Os versos salgados de Manuel Antonio chegaron a limpar á Costa da Morte

Emotiva e evocadora a presentación que acolleu o Hotel Bela Fisterra do libro homenaxe a Manuel Antonio, “Manuel Antonio e mais nós”. Un libro editado polo Instituto Manuel Antonio de Vigo, que quixo achegarse ata a Costa da Morte para facer unha fermosa velada de arte e poesía, aproveitando a habitación que o hotel fisterrán adica ao mítico poet galego.

Falou Antón Castro e recitaron ao bardo do noso mar, varios poetas como Xaime Toxo, Antón Sobral, Xavier Castro ou Mercé Barrientos. Non quixeron faltar poetas costeiros tan vencellados ao mar como Alexandre Nerium ou Xosé Iglesias.

Tamén estivo David Trillo, no evento, pois varios dos que participaron no evento poético tamén participaron na limpeza da Illa Lobeira. “Manuel Antonio, como poeta do mar que era, seguro que tivera estado na limpeza da Lobeira”, resaltou o Robinsón da Lobeira.

Presentacion sobre Manuel Antonio en Fisterra

Comentarios