Venres. 26.04.2024
El tiempo

Volveron as confirmacións a Fisterra

Confirmacion en FisterraJPG
Volveron as confirmacións a Fisterra

Non é que as confirmacións sexan especial nova na comarca. Pero no caso de Fisterra si é que reseñable, polo que significa de volta á normalidade. Fai apenas un par de meses que o Pai Britto tomaba posesión na Igrexa de SAnta María das Areas, e dende esa a comunidade de fregueses vai retomando a normalidade.

Durante esta fin de semana tivo lugar unha cerimonia presidida polo Arzobispo de Santiago Julián Barrio Barrio coa asistencia dos párrocos de Fisterra Pai Brito, Pai Arún e Pai Anil.

Hoxe foi un gran día de alegría porque recibiron este sacramento 30 mozos, entre os que non puideron ser confirmados ano pasado pola pandemia e os deste ano. Aos mozos acompañáronlles na igrexa os seus pais, familiares e fieis da parroquia fisterrá, contando coa participación do Coro Ntra. Sra. do Carmen, que dirixe Carlos Casades, os cales interpretaron varias cancións que deron realce á cerimonia.

Comentarios