Xoves. 18.04.2024
El tiempo

1ª Galicia: O amarelo puido máis que o laranxa

Mazaricos-Volantes-Foto-Adriana Fdez.
Imaxe do Mazaricos-Volantes-Foto-Adriana Fdez.
1ª Galicia: O amarelo puido máis que o laranxa

O derbi entre Mazaricos e Volantes protagonizaba esta 15ª xornada da 1ª Galicia. Un derbi que salvou o conxunto amarelo, nunha clara tendencia positiva que o coloca como un dos equipos máis en forma da categoría que xa se acomoda na zona morna. Pola contra, a derrota (a 4ª seguida), volve prender as alarmas no equipo de Sil, de novo en postos de descenso directo.

Tremenda a remontada do Soneira, que se vía 0-2 á hora de xogo, pero foi quen de remontar e vencer, rompendo ademais unha serie de 3 partidos sen gañar, para manter a distancia de 2 puntos sobre O Pino, e o que é máis importante, 6 sobre Lalín, Dumbría e Praíña.

Tamén sobre a bocina salvou un punto o Baio en Agolada e perdeu dous o Dumbría en Negreira.

 

Mazaricos - Volantes (3-1)

  • Mazaricos: Dani Fedello; Cutu, Maroñas, Pose, Mario; Borja, Pereiro, Ricardo; Viturro; Fano, Barbeira.
  • Volantes: Alberte, Jose, Rachón, Kevin, Jano, Charles, Pardelo, Tiko, Thiago, Óliver e Berto. Tamén xogaron: Xian, Ángel, Godo e Abel.
  • Goles: 1-0, m.25: Viturro aproveita un erro defensivo a un saque de banda botado por Mario; 1-1, m.70: Charles nun córner; 2-1, m.71: Viturro aproveita un rexeite a un centro chut de Borja,; 3-1, m.90: Viturro de penalti cometido sobre Adrián.

Mazaricos-Volantes-Foto-Adriana

Partido moito máis igualado do que sinala o marcador no que os erros defensivos foron claves. A primeira parte transcorreu sen perigo en ningunha área, con poucas ocasións de gol, cun Mazaricos algo máis presente en campo contrario, que se aproveitou dun dos erros defensivos da defensa laranxa tras un saque de banda, para que Viturro abrise o marcador. Poucos máis houbo no primeiro tempo.

Na segunda metade, con Thiago arriba e Oliver no medio, o Volantes comeza a gañar terreo, e a agañar os segundos balóns. Xian a pase de Thiago, Rachón de tiro cruzado, ou Berto nun balón morto, tiveron ocasións para que os laranxas empatasen, sobre todo en xogadas a balón parado. E de feito, así chegaba o empate.

Pero pouco durou a alegría no bando visitante, porque na segunda xogada, e tras un tiro lonxano, Viturro aproveitaba o rexeite para volver colocar por diante aos de Chicho. A expulsión de Charles deixaba moi tocado ao Volantes, que vía como Viturro completaba o triplende dende 11 metros, e como o colexiado expulsaba a Berto por vermella directa xa con 9 minutos sobre os 90.

 

Soneira - Piloño (3-2)

  • Soneira: Javi Souto, Diego Lois, Leilán, Brais Mouzo, Álex Taibo (Javi), De la Sierra, Pichi, Richi, Basti (Darío, m.90), Vía Rápida (Fran Clavo, m.80) e Róber Pladur.
  • Goles: 0-1, m.58; 0-2, m.60; 1-2, m.61: Basti tras combinar con Javi; 2-2, m.72: Leilán; 3-2, m.90: Javi.

Moi espeso comezo o partido o líder da categoría, para deixar un primeiro tempo con apenas un par de ocasións do cadro visitante, e unha volea de Pichi.

Peor comezaban as cousas na segunda, cando os visitantes se aproveitaban dun durmido cadro local para marcar dous tantos seguidos. Pero espertaron os de Pedro Gómez, que nun minuto xa deixaron claro que non ían deixar escapar o partido e recurtaban por medio de Basti. A entrada de Javi, que xa daba o primeiro tanto, foi clave para que o Soneira empezaría a apretar moito e nun rexeite Leilán empataría para os soneiráns. Seguiría chegando con perigo o Soneira e poñendo o Piloño atras e sería no minuto 93 nunha falta colgada por Diego Lois, quedaríalle o despexe da defensa visitante a Javi que consumaría a remontada ante o delirio local.

 

Negreira - Dumbría (2-1)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Kanario, Pablo Paz, Fandiño, Xacobe (Mario, m.80), Code (David, m.74), Rivi, Diego Cespón, Darío (Marcote, m.25), e Yuyo (Iago, m.62).
  • Goles: 0-1, m.28: Yuyo; 1-1, m.84; 2-1, m.90.

1e8e1a75-83c6-4042-8611-1b96a3123faa

Bo partido do Dumbría que acabou sucumbindo nos minutos finais ante un moi bo Negreira que foi acreedor da vitoria, en todo caso. O cadro de Pablo Conde comezou moi ben, combinando e chegando a área rival. Así chegaba o gol de Yuyo, pero o impulso do Negreira e a lesión de Darío por problemas musculares facía que os dumbrieses perdesen o control do xogo. O cadro local, facia dano con balóns directos, e puido empatar mesmo cun penalti que detivo Anxo.

Na segunda metade, o Negreira xogou un fútbol directo e moi físico, superando en todas as facetas aos visitantes. Só un gran esforzo de todos individualmente e unha gran actuacion de Anxo facía que os costeiros se mantivesen no partido, esperando ademais unha contra. A 7 do final, Marcote tivo a sentencia tras unha gran xogada persoal, pero no seguinte minuto empataban os locais nunha falta colgada, e xa co tempo cumplido, chegaba o gol da vitoria para os nicrarienses.

 

Agolada - Baio (2-2)

  • Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Álex Varela, Damián, Norberto, Carlos, Manu Santiso, Porti, Javi Suárez e Martín MC. Tamén xogaron: Julián, Martín, Mario, Sergio e Braian.
  • Goles: 0-1, m.3: Manu Santiso de gol olímpico; 1-1, m.18; 2-1, m.72; 2-2, m.92: Manu Santiso dende fóra da área.

Non foi suficiente Manu Santiso para sacar os tres puntos de Agolada, pero si para rascar un puntiño no desconto. Un gol de córner directo nada máis comezar, e un zapatazo sobre os 90 regulamentarios, ambos do xogador herculino, serviron para que o equipo de Pablo Torreira sumase un novo punto.

 

Todas as Crónicas da 1ª Galicia

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

 

Comentarios