1ª Galicia: Dúas vitorias por arriba e outras dúas por abaixo nun case pleno costeiro
Case inmellorable esta xornada 8 para os equipos costeiros. 4 vitorias e un empate nun campo complicado fan un saldo máis que positivo para os nosos. Por arriba, o Soneira xa saca 5 puntos a un grupo de aspirantes no que xa se insire, parece que defintivamente, o Dumbría, que demostraba as súas intencións vencendo no campo dun rival directo o Lalín, ao que adianta quedando ademais na 3ª praza.
Por abaixo, as vitorias de Mazaricos e Volantes (a primeira da tempada) son un soplo de aire fresco para seguir crendo na salvación. Polo medio, o Baio empataba no difícil campo de Padrón, nun partido que mereceu máis.
Lalín - Dumbria (1-2)
- Dumbría: Anxo, Pablo Paz, Kanario, Gusa, Mataso, Diego Cespón (Berto, m.74), Xaco, David (Rivi, m.54), Code (Charli, m.85), Yuyo e Marcote (Iago, m.79).
- Goles: 1-0, m.5; 1-1, m.8: Diego Cespón de córner directo; 1-2,m .62: Yuyo de penalti.
Bo partido, de novo, do cadro de Pablo Conde, que empezou moi forte a pesar de que chegaban con dúbidas sobre o céspede do Manuel Ángel Cortizo. Ademais, o cadro local se adiantaba nunha xogada de calidade do seu punta, pero a reacción dumbriesa non se fixo esperar. En 3 minutos crearon 2 boas ocasións, facendo Cespón un gol olímpico espectacular para empatar.
Foron aí 20 minutos de gran xogo dos costeiros, con ocasións para Cespón de falta e un remate de Marcote a pase de Code, ao o que o porteiro fáille unha parada impresionante. Os últimos 20 minutos da primeira metade, foron máis igualados.
Ao saír de vestiarios, o Lalín fixo 2 cambios e tivo algo máis de perigo, pero volveron a dar a cara e metéronse de novo no partido os dumbrieses. A entrada de Rivi permitiulles ter máis control, e tras unha boa xogada atopáronse cun penalti por mans, que transforma Yuyo. A partir de aí o partido foi moi igualado, cun Lalín que se foi arriba con moita xente, e un Dumbría que intentaba ter control, e, ás veces, sacar unha boa contra. De feito puido sentenciar en dúas contras o Dumbría, pero perdoaron e acabaron pedindo a hora e dando as gracias a Anxo, que fixo un paradón na liña de gol no último segundo para salvar unha vitoria que os mete no podio.
Flavia - Baio (1-1)
- Baio: Diego Mallo, Rubio, Yago, Peke, Damián, Norberto, Bieito, Sergio, Braian, Porti e Manu Santiso. No banco quedan Julián, Carlos, Mario e Mohedano.
- Gol: 1-0, m.4: Adrián Beiroa; 1-1, m.8: Yago nun córner.
Partido disputado, cun cadro local que levou o mando no primeiro tempo. Os dous goles chegaron de xeito consecutivo e nos primeiros 10 minutos. A partir de aí, o cadro padronés levando o peso, os baieses tiveron dúas grandes ocasións para adiantarse.
Cambiou o panorama na segunda, cun cadro baiés máis mandón, ante un Flavia que acababa con 9 sobre o campo por dáus expulsións no 70 e no 80. Puido levar a vitoria o Baio, ocasións houbo abondas, ata un penalti que fallou Porti, pero nonforon quen de materializar o gol da vitoria.
Cordeiro - Mazaricos (1-2)
- Mazaricos: Dani, Mario, Cutu, Pereiro, Borja; Adrián (Joseph), Raúl (Ricardo), Stéfano (Yago Dosil); Piki e Viturro (José Ángel).
- Goles: 0-1, m.15: Piki; 0-2, m.20: Viturro nunha xogada de estratexia botada por Raúl; 1-2, m.40.
Gran partido dos de Chicho, sabendo ben como aguantar atrás, buscando recuperar en campo propio para aproveitar espacios ás costas da súa defensa, abrir bandas e xerar peligro desde aí. O plan saíu ben denden o inicio, tendo varias ocasións por medio de Piki, Viturro, ou Barbeira, antes de que os dous primeiros acertasen a colocar o 0-2 aos 20 minutos.
Deron un paso adiante os locais, e co paso dosminutos os amarelos foron perdendo folgos e meténdose máis e máis atrás. Dani Varela tivo que sacar dous paradóns para evitar o empate, pero non puido evitar o 1-2 antes do descanso, sufrindo ademais un serio acoso na medular nos últimos minutos do primeiro tempo.
Corrixiu o medio cambio Chicho e o partido igualouse no comezo da segunda. Chegaron ocasións para sentenciar e tamén para o empate, como nun mal despexe de Pereiro que obriha a Dani a sacar, de forma case incrible un rito dentro da área.
Xuntouse aínda máis atrás o equipo mazaricán, que acabaría sufrindo ante o empurre local, peor que serviu para sumar unha vitoria balsámica, que lles serve aos de Chicho para seguir crendo en si mesmos e para non perder o fío da salvación.
Soneira - Esclavitud (4-2)
- Soneira: Javi Souto, Darío, Pichi, Álex Taibo, David Agra, Leilán, Richi, De la Sierra, Vía, Basti, Róber Pladur. Tamén: Benja, Fran Calvo, Javi, Diego Lois e Cristian.
- Goles: 1-0, m.6: Róber Pladur; 2-0, m.15: Leilán; 3-0, m.27: Róber Pladur; 3-1, m.40; 3-2, m.43: de penalti; 4-2, m.50: Pichi.
Partido no que o Esclavitud se presentaba con moita xente no seu campo pero que deixaba moitos metros ás costas e o Soneira aproveitaríao. A primeira ocasión sería para Pladúr pero un defensor salvaría na liña de gol. Pouco despois nunha boa contra Basti cede para Pladúr para que este empuxe a gol. Seguiría o Soneira aproveitando os espacios e nunha boa internada de Leilán cunha fermosa vaselina faría o 2-0 moi pronto. Outra vez Pladúr tras un boa pase en longo de Darío, plantaríase diante do meta visitante e con outra bonita vaselina poñería o 3-0 no marcador en menos de media hora. Vía plantaríase diante de Flori e no seu intento de regatealo falla desperdiciando un boa ocasión de gol. Pichi faría unha boa internada por banda e o seu centro pasease pola liña de gol e apiques está de chegar Basti.
Perto do descanso o Soneira tivo 5 minutos de relaxación e apiques estivo de pagalo caro. Nunha falta en largo do Esclavitud unha falta de concentración e contundencia deixa o dianteiro do Esclavitud diante de Javi para que o bata cun disparo cruzado. E noutro balón longo Agra fíase e o dianteiro levaríase o balón coa man e Agra cometería un claro penalti que non desaproveitarían os de Esclavitud.
Nada máis empezar a segunda parte un erro garrafal na saída de balón entregan o balón para Pladúr e este cede atras para Pichi que cun forte disparo cruzado pegado o pau puxera terra de por medio. A partir de aí, pouca historia do partido e ben puido ser maior a goleada xa que Agra, e Javi tiveron dúas boas ocasións de gol.
Unión - Volantes (1-2)
- Volantes: Alberte, Rachón, Kacho, Amoedo, Pardelo, Kevin, Óliver, Ángel, Pri, Pesco e Berto. Tamén xogaron: Godo, Jano, Rubén, Xian, Tiko.
- Goles: 0-1, m.11: Berto; 0-2, m.15: Berto; 1-2, m.80.
Partido no que o Unión tivo a posesión pero as ocasións e o control foron dos laranxas. O Volantes comezaba avisando, e tras un tiro de Pesco de fóra da área que se vai por rozando o pau, en dous roubos consecutivos, Berto facía dous goles que puñan terra de por medio, o primeiro de cabeza a un centro de Pesco, e o segundo, tamén a pase de Pesco, pero co pé tras sentar ao porteiro cun fermoso amago.
Antes do descanso Álex Pri puido facer o 0-3 tras un roubo ó central pero o tiro foise fóra. O Unión tivo un tiro alto na última xogada da primeira parte sen demasiado perigo.
Na segunda seguiu defendendo con unllas e dentes o cadro de Sil, e apenas puxeron en apuros a meta visitante. Pero non sentenciaron, e tocou sufrir no último treito. Un córner cheo de rexeite a 5 do final acaba dentro da meta de Alberte. Na sgeuinte xogada Berto volve perdoar o terceiro, e na última xogada unha falta e un córner dos locais meteron o medo nas gorxas dos afeccionados laranxas que se desprazaron a Rianxo.
Unha afección espectacular, de novo co equipo, sen parar de cantar e animar, deixando sen palabras á toda a parroquia local.