Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: O Soneira comeza a ir ao seu

Saúdo inicial no Soneira-Dumbria.
Saúdo inicial no Soneira-Dumbría
1ª Galicia: O Soneira comeza a ir ao seu

O conxunto vimiancés está chamado a ser un dos favoritos desta Primeira Galicia e xa o está demostrando nestas dúas xornadas nas que superou, con certa claridade, a dous rivais sempre complicados como son Baio e na tarde de onte, un Dumbría que cando mellor estaba viu como os irmandiños sentenciaban o encontro.

Pola súa banda, o propio Baio era quen de superar ao Tordoia nun partido no que Diego Mallo salvou os mobles dos branquiazuis con grandes intervencións ante o equipo de Dani Calvete, o cal non mereceu a derrota en ningún momento.

Mentres tanto, o Mazaricos caería ante o histórico Negreira despois de que os de Julián Ferreiro fosen quen de remontar o tanto inicial dun Stefan que vai a gol por xornada.

Por último, o Volantes de Baño vía como o seu único erro o condenaba ante un Esclavitud que suma e segue.

SD Negreira 2 – 1 Mazaricos CF

Negreira-Mazaricos

Mazaricos CF: Dani Varela, Borja (Barbeira m.64), Amoedo (Joseph m.59), Mario, Ricardo, Piki, Estéfano, Pereiro, Pose, Stefan, Raúl (Cutu m.39).

Goles: 0-1 m.12: Stefan; 1-1 m.42: David; 2-1 m.57: David.

O Negreira quixo levar o peso de partido dende o pitido inicial pero non lograría inquedar en exceso a portería dun Mazaricos que se adiantaría no marcador logo dunha transición rápida que materializaría Stefan logo dun taconazo de Piki.

Co 0-1 no marcador, os locais volcáronse no ataque pero non lograrían o premio do gol ata o fío do descanso, momento no que David faría un bonito tanto de falta, polo que se chegaría ao intermedio coas táboas no marcador.

Na reanudación, o Negreira foi a por todas e aparecería de novo David para facer o definitivo 2-1 nunha acción con certa polémica, xa que os mazaricáns reclamarían unha posible falta sobre Amoedo.

Tras isto, os nicrarienses puideron matar o partido pero non lograrían materializalas. O Mazaricos tamén tería as súas pero o pau evitaría que un libre directo de Piki se convertise no empate e pouco despois, Estéfano encontraríase cun paradón de Alberto, o que fixo que a vitoria quedase no García Calvo.

Esclavitud SD 1 – 0 Volantes de Baño FC

Esclavitud 1 - 0 Volantes

Volantes de Baño FC: Marcos, Jano, Rachón (Xián m.68), Godo, Pesco, Berto, Cacho, Kevin, Ángel, Óliver, Pri (Flavio m.72).

Gol: 1-0 m.49: Abeijón.

O Volantes de Baño fixo un partido case perfecto a nivel defensivo, aínda que ofensivamente non tivo a claridade doutros días, o que fixo que non lograse crear excesivo perigo sobre a portería local e de aí que se chegase ao descanso co 0-0.

Esclavitud-Volantes

Nada máis comezar o segundo tempo, os de Sil cometerían o seu único erro atrás e Abeijón non desaproveitaría a oportunidade para facer o 1-0.

Tras isto, os costeiros intentaríano pero nas dúas chegadas máis claras, Pesco e Óliver verían como Diego evitaba o gol con dúas intervencións de mérito, logrando así manter a vitoria para os seus.

Soneira SD 4 – 1 CF Dumbría

Soneira SD: Javi Souto (Benjamín m.82), Mayor, Richi, Basti, Vía (Diego Lois m.65), Brais (De La Sierra m.64), Taibo (Fran Calvo m.70), Pichi, Pladur, Agra, Leilán (Darío m.72).

CF Dumbría: Anxo, Gusa (David m.71), Canario, Pablo Paz, Matías, Berto, Sergio, Rivi (Marcote m.66), Yuyo (Iago m.75), Xacobe (Xabi m.76) e Mataso.

11 inicial do Dumbría ante o Soneira

Goles: 1-0 m.18: Pladur (p); 2-0 m.36: Richi; 3-0 m.61: Pladur; 4-0 m.65: Basti; 4-1 m.84: Marcote.

A gran intensidade dos dous conxuntos e o vento marcaron o treito inicial dun encontro no que Basti daría o primeiro aviso dun Soneira que pouco a pouco se iría facendo co control do partido pero non sería ata o minuto 18 cando Pladur adiantaba aos seus dende os once metros.

Tras isto, os vimianceses seguirían mandando e Richi faría o 2-0, tendo pouco despois unha opción de facer o terceiro para os seus pero un defensa evitaríao.

Ao fío do descanso, Matías puido facer o 2-1 pero Mayor evitaríao sobre a mesma liña.

No segundo tempo, o Dumbría entraría moito mellor ao encontro pero cando mellor estaban os visitantes, un erro condenaríaos xa que Pladur non desaproveitaría a oportunidade e faría o 3-0, gol que deixaría o partido visto para sentenza, a cal chegaría catro minutos despois cun tanto de Basti que significaba o cuarto para os seus.

Nos minutos finais, Marcote faría o gol da honra e subiría o 4-1 ao marcador.

SD Tordoia 0 – 1 CD Baio

Tordoia-Baio

CD Baio: Diego Mallo, Cebey (Rubio m.57), Norberto, Bieito, Braian (MC m.51), Manu Santiso (Guau m.88), Porti, Carlos, Javi Suárez, Yago, Martín Gemelo (Sergio m.57).

Gol: 0-1 m.57: Porti.

Igualdade máxima nun partido que comezou co Baio tratando de impoñerse no xogo pero apenas tiña profundidade quitando algunha que outra galopada de Porti por banda.

De feito, as ocasións máis claras deste primeiro tempo serían para un Tordoia que puido adiantarse pero Diego Mallo evitaría o gol cunha gran intervención a tiro de Manu e o longueiro repelería o remate de chilena de Fariña.

Na reanudación, o encontro foi máis trabado e aos doce minutos deste segundo tempo, Porti de falta facía o único gol da tarde.

A raíz do gol baiés, os tordoienses terían numerosas ocasións, pero o gardameta carballés do Baio lograría desquiciar aos rivais con tres paradas de moito mérito para certificar a vitoria dos seus.

Comentarios