Venres. 29.03.2024
El tiempo

1ª Galicia: A táboa segue de amarelo

Volantes-Mazaricos-Foto-Adriana Fdez 0
Volantes-Mazaricos-Foto-Adriana Fdez 0
1ª Galicia: A táboa segue de amarelo

Gústalle o amarelo a este G.2B da 1ª Galicia. O Mazaricos segue de (xa non sorprendente) líder, tras vencer ao Volantes nun dos derbis da semana. Comparte liderato co Tordoia. O cadro negro e amarelo, dirixido por Dani Calvete, mantense arriba de todo tras vencer no último suspiro ante un Dumbría ao que este ano non lle está sorrindo, para nada, a sorte nos momentos puntuais. Dúas faltas de César Gontán dábanlle a volta ao marcador nos últimos 4 minutos de partido, impendido que o Dumbría se meta na pelexa polos 3 primeiros postos.

Si que está aí, para competir con Negreira, Tordoia e Mazaricos, o Baio, tras vencer no outro derbi ao Soneira.

Ademais, no terceiro derbi da semana, Ponteceso e Corme selaron unhas xustas táboas na parte baixa da clasificación.

 

Volantes - Mazaricos (0-4)

  • Volantes: Álex de Yi, Carlos Mos, Oscarín, Nacho, Santi, Godo, Ricardo, Alex Vázquez, Toni, Pesco e Kevin. Tamén: Alex Figueiras, Isma Mayo, Damián Torea, Alberte.
  • Mazaricos: Iván, Mario, Pose, Pereiro, Óscarín; Marcos, José Ángel, Chumiko, Chapela; Sandelo e Molinos. Tamén: Kevin, Ricardo, Brais, Chiky e Rachón.
  • Goles: 0-1, m.44: Chumiko; 0-2, m.51: Chapela; 0-3, m.64: Molinos; 0-4, m.68: Rachón.

Volantes-Mazaricos-Foto-Adriana Fdez

Comezaba o partido moi igualdo cun cadro laranxa moi mermado, ante este potentísimo Mazaricos. Os de Iván González comezaba avisando por medio de Toni (ao longueiro) para os laranxas e Sandelo polos amarelos. Tras eses 30 minutos de igualdade, o Mazaricos achuchou algo máis, e tras varias chegadas, e varios córners, pero xusto a piques de pitar o descanso, Chumiko mete un golazo dende máis de 30 metros.

Un xerro de auga fría para os locais, que tampouco tiña demasiada artillería no banco (xa tiveran que cambiar a Santi na primeira) e a gasolina comezou a fallar pronto. Así e todo aínda o Volantes tivo algunha ocasión, sobre todo un remate que bate no poste, pega no porteiro Iván, volve petar no poste e sae. Desa, á volta Chapela marcou o segundo e xa se rompeu o choque, quedando aí os mellores minutos dos amarelos ante un case entregado cadro local. Molinos a pase de Chapela, e un remate de cabeza de Rachón no 2º pau pecharon o partido.

 Volantes-Mazaricos-Foto-Adriana Fdez 2
Fotos de Adriana Fdez.

Baio - Soneira (3-0)

  • Baio: Diego, Peke, Iván Rod., Porty, Ceide, Alex Varela, Mario, Norberto, Bieito, Braian, Paco. Tamén: Iago Cancela, Pedro, Guzmán e Hugo.
  • Soneira: Javi Souto, Brais Mouzo, Ángel, Gesto, De la Sierra, Pichi, Agra, Alex Figueiras, Diego Lois, Basti, Javi Souto. Tamén: Darío, Iván, Joel, Brais Pereira e Fran Calvo.
  • Goles: 1-0, m.43: Mario; 2-0, m.44: Porty; 3-0, m.55: Braian.

Chegaba o cadro de Pablo Torreira en cadro, con 11 xogadores do primeiro equipo no campo máis Iago e 4 xuvenís no banquillo. Os de Pedro Gómez, conscientes, saíron mandóns, ante un cadro local que esperaba replegado para buscar as saídas á contra. Custáballe ao cadro soneirán superar a liña defensiva local, pero aíunda así Basti tivo dous mans a mans que salvou Diego. Foron clave os últimos 2 minutos do primeiro tempo. Primeiro, tras un pase de Damián sobre Braian, chegou un penalti que fallou Santiso. Despois en dous roubos e ataques rápidos marcaron Mario e Porty ó fío do descanso.

A segunda parte mantíñase o guión, coa posesión para o Soneira, que estaba algo mellor colocado e con máis profundidade. Maki tivo un man a man que tamén salvou Diego, e á volta, Braian mataba o partido Braian tras unha incorporación de Damián e deixada de Mario.

 cd baio
O Baio celebrando a vitoria

Tordoia - Dumbría (3-2)

  • Dumbría: Anxo, Rober (Xabi), Matías, Pablo Paz, Kanario, Baba, Xaco (Brais), Mario, Code (Yuyo), Sendón (Mataso) e Darío.
  • Goles: 0-1, m.44: Darío Capelo; 1-1, m.57; 1-2, m.79: Baba; 2-2, m.87: César Gontán; 3-2, m.90: César Gontán de falta preciosa.

Como doe perder 3 puntos en apenas 4 minutos. O Tordoia de Dani Calvete demostrou por que está aí arriba, pero os de Pablo Conde volveron ter a sorte de costas e volveron perder un partido no que mereceron moito máis. Era unha fermosa tarde e o público ateigou o campo pois se trataba dun partido clave para ambos, uns para seguir loitando no alto da táboa e outros para volver engancharse aos postos de arriba.

Os dumbrieses comezaron mellor posicionados, gañando todos os segundos balónns e creando perigo con balóns en longo, tendo ademais un par boas de ocasións. Pouco a pouco o choque foise igualando, pero foi ao fío do descanso cando se adiantaba cun gol de Capelo.

A segunda parte o Tordoia dou un paso adiante e fíxose co dominio do partido, conseguiu empatar, e cando parecía máis clara a remontada o Dumbría volvuse a poñer por diante co tanto de Baba xa no m.80. Con máis corazón que cabeza e en dúas faltas directas, César doulle a Victoria o Tordoia.

 

Ponteceso - Corme (2-2)

Ponteceso e Corme no Pinguel-Foto-Brais Pose

  • Ponteceso: Brais (Benji, m.90), Isaac, Ismail, Moscoso (Juanjo, min.35), Pablo Sánchez (Puente, m.72), Luca, Iago Lopez (Mara, m.81), Alberto Recarey, Mendieta, Nando, Eloy Trigo.
  • Corme: Suso, Jesús, Pandi, Eloy, Brais Torrado, Noel, Adrián Doldán, Toniño, Lucas, Alejo e Samu Costa. Tamén: Illote, Brais Pombo, Hugo , Borja Torrado e Javi Bermúdez.
  • Goles: 0-1, m.35: Alejo de penalti; 0-2, m.44: Lucas de falta anota un golazo; 1-2, m.56: Eloy Trigo; 2-2, m.72: Mendieta.

Oscar Santos con Recarey e Mendieta
Óscar Santos dirixiu o derbi. Fotos de Brais Pose

Partidazo no derbi pontecesán cunha parte e un puntiño para cada. A primeira parte o Corme tiña a pelota e o Ponteceso esperaba no seu campo. Isaac, que estivo moi activo, mandaria un balón por riba da meta de Suso, e Alberto Recarey mandaba o balón que tocou longueiro e pau. Pero era o Corme o más acertado. O goles serían a balón parado, o primeiro de Alejo o transformar un penalti sobre Samuel e o segundo un golazo de falta de Lucas.

Cambou o conto na segunda, cun Ponteceso que se viu arriba, con continuas subidas pola banda de Isaac e Mendieta. Pronto recurtaba e se metía de cheo no partido, buscando xa máis balóns directos e centros laterais. Alberto Recarey e Nando avisaban e foi noutro centro de Isaac dende a banda que remataría Mendieta de cabeza para facer o empate.

Os de Lelo e Ángel aínda puideron marcar nun tiro cruzado de Alejo que marchou cerquiña do pau, pero tamén os de Pablo Mallón puideron achegarse trala expuslión de Brais. Ao final, xustiza co empate no derbi.

 

Resultados e clasificación en futboldacosta.com.

Máis Crónicas da 1ª Galicia.

Repaso aos Pichichis das Ligas da Costa

Comentarios