2ª FUTGAL: O pinchazo dos de arriba apreta a táboa
Esta igualada a Liga da Costa e así se demostra semana tras semana. Esta xornada 16, no comezo da segunda volta, de feito, non venceu ningún dos que chegaban nas 5 primeiras prazas, de forma que a cousa se volve apretar tanto na loita polo título e sobre todo na loita pola promoción. Por arriba, o San Lorenzo non pasaba do empate en Zas, pero o Malpica non o aproveitaba ao empatar na visita do Ponteceso. O Xallas ademais caía en Corme nun partido de tolos. Dos de arrriba, só gañaba o Cabana (que leva 6 vitorias nos últimos 7 partidos), ademais goleando a un rival directo como o Porteño; e o Outes, tamén noutro duelo directo do segundo balón ante o Baio.
Así, entre o Malpica e o Xallas (2º e 3º con 29 puntos) e o Corme e o Corcubión (9º e 10º con 22) hai apenas 7 puntos.
Na zona baixa, segue moi apretada a cousa, con Monte Louro e Mazaricos con 14 puntos, polos 16 do Zas, e os 18 de Muros e Sofán B, que precisamente vencían en duelo directo aos loureáns. Pegou o Soneira un salto importante ao vencer ao cadro muradán e colocarse con 19
Zas - San Lorenzo (1-1)
- Zas: Gulle, Anxo, Moha, Adri Rama, Fran, Álvaro Fari, Redondo, Chiki, Estefan, Juan Touriñán e Salah. Tamén: Pereiras, Iván, Ronny e Martín Novo.
- San Lorenzo: Mario, Dani Cotelo, Lozano, Alberto Campos, Diego Varela, Pape, Alex Vázquez, Iago López, Alex Taibo e Corral. Tamén: Javi Souto, Damián, Hugo Canedo, Pensado, Rodri.
- Goles: 0-1, m.7: Diego Varela; 1-1, m.64: Chiki.
Empate o rexistrado en San Andrés entre o líder e un equipo da zona baixa como o Zas. Un encontro moi disputado, con moita tensión competitiva e no que ambos equipos deixaron claro por que están a pelexar polos seus obxectivos nunha liga tremendamente igualada. O líder comezou mandando co balón, avisando a balón parado, pero sen moito acerto. No minuto 26 os de Iván Rojo quedarían con 10 xogadores tras a expulsión de Corral. O Zas estirábase con algo máis de aire, ao non sufrir coa presión alta coa que saían os carballeses, e mesmo tiveron unha volea de Salah que se marchou fóra por moi pouco. Pero ao fío do descanso, un roubo en zona de creación permitía a Diego adiantar aos visitantes.
Tras o paso polos vestiarios, o Zas saíu decidido a polo encontro. Nos primeiros minutos tivo outra oportunidade clara, nun centro de Redondo que Salah estivo a piques de conectar co porteiro xa vencido. Á contra puido ter sentenciado o SanLo, pero o equipo local insistiu, sobre todo polos carrís exteriores, e atopou o premio nun novo centro que rematou Chiki para facer o empate e levantar á bancada.
Co 1-1, o Zas gañou enerxía e tratou de dar un paso máis para buscar o segundo tanto, mentres o San Lorenzo pechaba filas e intentaba facer dano á contra, apoiándose tamén nas accións a balón parado, onde volveu xerar perigo con córners e faltas. Porén, nin un nin outro conseguiron ese gol definitivo e o marcador xa non se moveu.
Cabana - Porteño (5-0)
- Cabana: Manu Nantón, Aarón, Alex Costa, Noe Eiroa, Ferreiro, Fernando, Migueliño, Julián, Diego Castro, Brais e Simón. Tamén: Diego, Noe Souto, Blas, David Rey e Pablo Pose.
- Porteño: Mariolo, Pejo, Brais Mouzo, Alfredo, Álvaro, Darío, Baba, Martín, Gabri, Sandelo, Bruno. Tamén: Brais Nión, Rodri, Yuyo, Iván, Carrabete.
- Goles: 1-0, m.30: Aarón Casás un golazo dnede fóra da área; 2-0, m.38: Fernando de tiro lonxano; 3-0, m.45+4: Alex Costa de penalti cometido sobre Migueliño; 4-0, m.55: Brais Fontenla; 5-0, m.57: Diego Castro.
Partidazo do equipo de Óscar Mingui, superiores en todo momento. Xa avisaron moi pronto con dúas chegadas claras, aguantaban aí os de Mayor, pero o choque rompía á media hora con dous golazos dende fóra da área, e o terceiro, de penalti, no desconto do primeiro tempo.
Saíron moi serios na segunda os cabananeses, e sentenciaron pronto, para matar o partido. Os visitantes apenas crearon un par de ocasións, como un tiro de Darío que parou Manu Nantón.
Corcubión - Mazaricos (4-2)
- Corcubión: Bruno, Fuentes, Isaac, Andrés Vigo, Antón, Álex Díaz, Jon, Rama, Luís Lojo, Iago Lema, César Lojo. Tamén: Castreje, Samu Trillo, Borja Bouzón, Mario e Nico.
- Mazaricos: Ángel, Luís Mayán, Borja, Chumico, Álvaro, Sergio, Fran Landeira, Marcos, Steven, Mario Roo, Molinos. Tamén: David, Samu Lema, Yago Dosil, Raúl e Pablo.
- Goles: 1-0, m.7: César Lojo; 1-1, m.26: Marcos de cabeza nunha falta lateral; 2-1, m.57: Mario a pase de Luís; 3-1, m.80: César Lojo a pase de Mario; 4-1, m.82: Mario; 4-2, m.92: Raúl.
Volveu sufrir na parte defensiva o Mazaricos de Raúl Periscal, que viu como se lle foi escapando un choque que estaba moi igualado, durante máis dunha hora. Na primeira, moi pronto César abre o marcador definindo con solvencia nun man a man. O partido non se rompía, e o Mazaricos empataba no ecuador da primeira metade.
Estaba igualada a segunda, ata que unha perda permitía a Luís ceder para que Mario superase no man a man a Ángel. Aí tocaba correr riscos no cadro amarelo, e nas transicións os de Ángel e Iso mataron o choque.
Sofán B - Monte Louro (1-0)
- Sofán B: Eloy, Marcial, Diego, Iván, Dani Calvete, Borja Viaño, Mateo, Asier, Dani, Isma Ramos. Tamén: Darío, Samu, Adrián Vázquez, Nachete e David.
- Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Pablo, David Pais, Rodri, Adrián, Flavio, Alex, Xián, Óscar Fari, Íker. Tamén: Abel Rey, Martín, Javi, Luís e Héctor.
- Gol: 1-0, m.30: Dani.
Non está o Monte Louro pasando o seu mellor momento (unha vitoria nos últimos 7 partidos), que se viu superado por un filial carballés, que dominaron sobre todo na primeira metade. Si que tiveron unha falta os de Bibi na primeira, antes de que o xuvenil Dani ratificase o dominio abrindo o marcador á media hora.
Na segunda foi un choque máis igualado, cun cadro visitante máis estirado, e os de Zalo buscando as transicións para matar o partido. Tiveron varias pero tamén a tivo o cadro loureán nunha chegada que salvou Eloy.
Malpica - Ponteceso (1-1)
- Malpica: Suso, Saúl, Anxo, Pablo, Damián, García, Camilo, Cristian, Luís, Saydou e Mario. Tamén: Joel, Aday, Fran, Triple e Reigía.
- Ponteceso: Damián, Adrián Ures, Adrián Pose, Pedro, Luca, Ismail, Javino, Iván Rod, Alberto Recarey e Neira. Tamén: Darío, Juanjo, José Ramón, Dani Rod. e Moscoso.
- Goles: 0-1, m.45+3: Javino; 1-1, m.65: Saydou de penalti.
Empate tácito en Pedra Queimada. Chegaban ambos equipos a este partido con moitas aspiracións metidos no segundo vagón. O Ponteceso na primeira parte parecía ir por diante no xogo, propoñendo máis co Malpica, que sufría de dúas lesións musculares que lastraban o equipo. Proba desta superioridade foi que o Malpica non disparou entre os tres paus ante a ben posicionada liña defensiva pontecesá, se ben Luís e Camilo si que o intentaron sen fortuna. Na outra área, o Ponteceso achegábase con varios ocasións claras: un tiro de Recarey dende o medio do campo que saca o porteiro coa xema dos dedos, un tiro tras unha parede con Eloy que se marcha rozando o pau... pero sería no último córner da primeira metade cando Javino remataría un centro medido para poñer o 1 - 0 no electrónico. David Baña tiña que facer dous cambios polas lesións de Anxo e Mario, que sofren o mal estado do céspede de Pedra Queimada.
Na segunda metade, o Malpica enchufouse e comezou a apretar a meta defendida por Damián pero sen demasiada prolifidade. A entrada de Aday foi clave para desascar o partido. O Ponteceso defendíase ben ante o vendaval Malpicán pero non foi quen de evitar o penalti claro de Javino sobre o propio Aday nunha xogada embarullada no borde da área; a pena máxima foi transformada por Saydou ao medio.
O Ponteceso, con moita máis dificultade para combinar, lograba achegarse tímidamente a portería a través das contras, nunha desta foi expulsado o defensa malpicán Triple, por un cobadazo, o que lle costou o segundo cartón amarelo. O Ponteceso, con máis ímpetu que certeza intentouno cunha falta de Recarey ao pao longueiro e con algunha que outra xogada, pero cada balón parado e cada contra do Malpica (con Luís, Aday e Saydou) metía o medo no corpo, facendo bo o empate a ambos equipos, pero deixando un sabor máis agridoce aos visitantes, que buscarán retomar a senda da vitoria en Outes.
Outes - Baio (2-1)
- Outes: Dani, Claudino, Sanchiño, Marcos Orodea, Adrián Caamaño, Xabi Romarís, Eloy, Martín Caamaño, Hugo Caamaño, Alberto Bahaamonde e Keko. Tamén: Stefan, Alex Rama, Adrián Rey, Ramón e Brais Lado.
- Baio: Rodri, Bruno, Pablo Rod., Pazos, John, Miguel, Mamadou, Gabín, Alex Muíño, Josiño e Chechi. Tamén: Julián, Javi, Lucas, Damián Zas e Fernando.
- Goles: 1-0, m.19: Adrián Caamaño de penalti; 2-0, m.51: Marcos Orodea nun córner; 2-1, m.63: Josiño de cabeza.
Gran partido do Outes ante un Baio que, coa baixas, non fixo o seu mellor partido e non foi capaz de competir coma acostuma. Saíu polo partido o Outes na primeira metade, sen grandes alardes ofensivos pero si maniatando ben aos baieses, e tendo, ademais do penalti (os baieses pediron falta a favor) que servía para abrir o marcador, un man a man de Hugo que salvou Rodri.
Na segunda, un córner (que os baieses crían saque de banda), permitía a Marcos ampliar a renda para os de Geno. Nunha das poucas chegadas dos de Lobelos recurtaría Josiño, pero tampouco o equipo puido facer sufrir aos locais, que mesmo fallaron un penalti no treito final.
Corme - Xallas (5-3)
- Corme: Adrián Suárez, Paredes, Eloy Villar, Aitor, Joshua, Brais Pailos, Borja Torrado, Yago, Lucas, Samu Costa, Isra. Tamén: Quique, Teo, Iván, Xoel, e Álvaro Sanz.
- Xallas: Íker, Elvis, García, Macareno, Peke, Yago Facal, Dani Barbeira, Rubén Sande, Doro, Bryan e Sergio Barbeira. Tamén: Man, Alberto Jallas, Pablo Landeira, Rubén Blanco e Adrián Couto.
- Goles: 0-1, m.30: Macareno no rexeite; 1-1, m.44: Borja Torrado; 1-2, m.50: Sergio Barbeira; 2-2, m.75: Lucas; 3-2, m.81: en propia; 4-2, m.83: Yago nunha contra; 4-3, m.84: Bryan dende fóra da área; 5-3, m.85: Yago.
Gran partido o visto esta tarde noite no Cairo. Co vento a favor, o Xallas comezaba presionando moi arriba, evitando que o Corme sacase con tranquilidade. Tras varios minutos de igualdade, un balón que se lle escapa a Adrián Suárez tras un tiro lonxano aprovéitao Macareno para abrir o marcador. Tiña algo máis de pausa e xogo o cadro de Doriño neses minutos pero xusto ao borde do desanso nun barullo empataba o cadro local.
A segunda foi de tolos, cun ida e volta con grandes ocasións. Xa sen vento, o equipo de Doriño se colocaba por diante nunha fermosa transición. O Corme non baixaba os brazos ante un Xallas que tivo un man a man de Bryan, e outra chegada de Rubén Sande que salvou tamén Adrián Suárez.
Pero apareceu aí Lucas, que xa avisara cunha falta á madeira na primeira, para conseguir o empate tamén nunha falta dende a fronta. Toleaba o partido aí, cunha afección apretando moito, provocando erros e imprecisións, cun Corme que comezaba a colgar balóns ás costas da defensa, e meténdose por diante con dous goles de vantaxe. Pero é que en 4 minutos marcáronse 4 goles, pois o Xallas conseguía recurtar pero sen tempo a que o propio Yago sentenciase co 5º tanto para os seus e 8º da tarde.
Soneira - Muros (3-0)
- Soneira: Pity, Maikol, Oreiro, Héctor, Mario Leis, Sergio, Pichi, Cachi, Brais, Richi e Vía. Tamén: Brais Dono, Nico, Gusa, Jesús e Xavi.
- Muros: Aitor, Fran, Alon, Je, Jesús, Manu Tajes, Ra, Alex, Quin, Juan oVello e Dani Jurjo. Tamén: Juanchy, Manu Vara e Iván.
- Goles: 1-0, m.20: Sergio; 2-0, m.60: Richi de penalti; 3-0, m.62: Vía.
Bo partido do Soneira ante un Muros que competiu ben. Os de Josiño Abelenda comezaban máis mandóns, sometendo ao rival a través da posesión de balón e mostrando superioridade en ambas áreas, tendo un par de mans a mans e nunha xogada a balón parado Sergio adianta aos locais. Reaccionaban os de Joaquín Quintáns que acabaron igualando o xogo ata o descanso.
Comezaron mellor os visitantes na segunda, pero o Soneira cando roubaba saía rápido, mandando un balón ao pau, ampliando a renda cun tanto de penalti de Richi e sentenciando de contado cunha vaselina de Vía.
O Muros quedaba con 9 tralas expulsións de Jesús e Juanchy e o Soneira puido facer o cuarto pero fallaron dende os 11 metros, cunha boa parada de Aitor.
Todas as crónicas da 2ª FUTGAL
- X.15: Tolemia de goles para acabar a primeira volta.
- X.14: A ritmo da Hypertensión.
- X.13: O Malpica bate ao San Lorenzo e pecha o ano no liderato
- X.12: O Malpica bate ao Xallas en Fontenla.
- X.11: Os David puideron cos Goliat.
- X.10: Igualdade máxima.
- X.9: O Baio vence ao Xallas e o Malpica toma o mando no Cairo.
- X.7: O Mazaricos frea ao Xallas.
- X.6: O Xallas fica líder en solitario.
- X.5: Malpica e Xallas quedan ao mando.
- X.4: Xa non queda ninguén contando partidos por vitorias.
- X.3: Outes e Malpica manteñen o pulso
- X.2: Malpica, Outes e Muros sorprenden con 2 de 2 ante rivais potentes.
- X.1: Empates que destilan a igualdade desta Liga da Costa.
Máis información
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.