Luns. 29.04.2024
El tiempo

2ª Galicia: “90 minuti no Rodeiro son molto longo”

Camelle celebrando o empate no Rodeiro
O Camelle celebrando o empate inextremis no Rodeiro
2ª Galicia: “90 minuti no Rodeiro son molto longo”

Volveu acontecer. O Rodeiro volveu ser un caldeiro e se a semana era o Monte Louro o que o sufría, esta semana foi o Mazaricos o que tivo que entonar a mítica frase de Juanito, asumida por Anceloti, e viu como o Camelle lle remontaba un 1-4 no desconto.

Deixa así o Mazaricos o liderato a un imparable Castriz, que sufriu en Agra da Filgueira para levar a vitoria no partido da semana. Completan o cuarteto de equipos que aóinda non coñecen a derrota Porteño e Muxía, que sumaron vitorias ante Cee e Muros.

Por abaixo, primeira vitorias de Outes e Cabana, mentres preocupa a deriva dun Volantes que sufríu unha dura goleada no Cairo.

Camariñas - Coristanco (0-0)

  • Camariñas: Pablo, Carlos, Roi, Caamaño, Soule, Víctor (Hugo), Moriño, David, Yuyo, Mario e Djibril.
  • Coristanco: Rubén, Randy, Sergio Lorenzo, Kevin, Lou, Sergio Regueira, Alex López, Casti, Raúl, David LP. Tamén: Benxa, Rodri, Diego Ferreiro, Erre e Ángel.

Disputado o sábado, ao que chegaba o Camariñas con 13 xogadores (2 porteiros), e tendo que facer xa o único cambio de xogador de campo á media hora pola lesión de Víctor. Mala primeira metade dos dous equipos, cun cadro local falto de intensidade, e con moito xogo no medio campo, sen pasar riscos.

Abriuse o partido na segunda, cun Camariñas moito máis entonado facendo dano polas bandas con Soule e, sobre todo Mario, creando moitas ocasións. Pero non estiveron acertados, e Rubén estivo moi seguro na meta visitante. Rodrigo e Casti tiveron as mellors ocasións para os Cali pero Pablo fixo un par de boas intervencións.

Camelle - Mazaricos (4-4)

  • Camelle: Pirata; Pablo (Rus), Dido (Rubén), Hucho (Ángel), Martín; David V., Estiben, Chans, Pastelero, Chori (Sergio); Adrián.
  • Mazaricos: Diego Ceca, Borja, Raúl, Fran Pose, Luís Mayán, Pereiro, Brais Canosa, Mario, Marcos, Rachón, Molinos. Tamén: Carreira, Ricardo, David, Iago, Rodrigo.
  • Goles: 1-0, m.1: Adrián; 1-1, m.14: Rachón de falta; 1-2, m.18: Pereiro; 1-3, m.55: Borja; 1-4, m.88: Marcos; 2-4, m.90: Adrián tras un rexeite do porteiro a tiro de Sergio; 3-4, m.93: Adrián; 4-4, m.96: Ruso.

Volveu ruxir o Rodeiro, a pesar do tempo, e pagouno un dos líderes. Saíron enchufados os locais que abrían o marcador nada máis comeza cun gol de Adrián de remate dun centro. Pero todo foi un espellismo, o Mazaricos empezou a dominar o xogo e o balón, a pesar do estado do céspede, e pronto darían a volta ao marcador cunha falta e un gol de córner. Facían moito dano por banda os de Marcos, movendo o balón.

Na segunda, seguirían apretando os amarelos, tendo boas ocasións e marcando o terceiro por medio de Borja. Houbo un rato no que o Camelle parecía apretar mandando mesmo un balón ao longueiro, pero co paso dos minutos o Mazaricos volvía facerse dono do partido, e xa cando se afrontaba o desconto, Marcos facía o cuarto que parecía sentenciar o choque.

Nada máis lonxe da realidade. Na xogada seguinte, xa no desconto, Adrián aproveita un rexeite para marcar. Comeza a ruxir o Rodeiro e outra vez Adrián tras unha xogada persoal case dende fóra da area marcaría o terceiro, e xa casi sen tempo no último córner, co equipo absolutamente envorcado, tras varios rexeites Ruso acerta a meter o balón na meta amarela para acadar o empate.

Boa demostración de brega do Camelle e toque de atención para un Mazaricos que

Ponteceso - Cabana (2-3)

  • Ponteceso: Samuel, Cote, Eloy Trigo, Juan Rey, Pedro, Luca, Sergio Martínez, David Castro, Iván Rod., Alberto Recarey e Eloy Álvarez. Tamén: Coke, Ures, Neira, José Suarez, e Héctor.
  • Cabana: Manu Nantón, Noé, Roi, Miguel, David, Sergio Ferreiro, Fernando, Micky Pose, Raúl Corzón, Aarón e Simón. Tamén: Mario, Roberto, Pablo e Christian.
  • Goles: 0-1, m.20: Miguel; 1-1, m.46: Neira a pase de Recarey; 2-1, m.47: Alberto Recarey marca un golazo dende lonxe; 2-2, m.66: Pablo Pose; 2-3 m.87: Raúl Corzón.

Outro derbi no Pinguel na quinta xornada da Liga da Costa. Os locais enfrontábanse a un Cabana en horas baixas que non conseguira puntuar no que levaba de Liga. E saían ben metidos atrás os de Pablo, cedendo o control do balón aos de Julio Vila, apenas concendendo oportunidades e mesmo meténdose por diante tras un bo contraataque materializado por Migueliño que foi un pesadelo constante para os locais toda a tarde.
Co 0-1 no marcador o Ponteceso tiña que meter unha marcha máis pero a excepción de algunha oportunidade a pés de Eloy Álvarez apenas conseguia chegar á meta contraria, ben defendida por Manu.

Ao inicio da segunda parte parecia un partido distinto xa que dous goles consecutivos dos locais dabanlle unha volta o partido e o ánimo deste. Puido sentenciar o Ponteceso que disfrutou de varias oportunidades pero foron os visitantes os que volveron a empatar o partido e despois remontalo nos últimos minutos ante a desesperación local.
Boa vitoria do Cabana que lle fai recuperar folgos e tamén demostra que ningún partido desta liga resulta fácil.

Muxía - Muros (4-1)

  • Muxía: Domingo, Anxo, Michael, Gusa, Iago Muíño, Darío, Julián, Alex Martínez, Víctor Alcaina, Manu Nogueira e Fran Moreira. Tamén: Ángel, Mario, Xan Nogueira, Manu e Mauro.
  • Muros: Álvaro Ginki, Flavio, Gesto, Jesús, Manu Tajes, Fran, Xavi, Varo, Alon, Quin. Tamén: Edu, Dani, Ángel, Martín e Xoel.
  • Goles: 1-0, m.11: Michael ce cabeza tras unha falta lateral; 2-0, m.13: Manu Nogueira a pase de Anxo; 3-0, m.47: Iago Muíño; 4-0, m.64: Darío; 4-1, m.89: Xavi.

Muxia-Muros en Arlina

Primeira metade dominada polo cadro local ante un Muros frouxo en defensa, e sen acerto en ataque. O equipo de Nando e Fran Toba dominaba e se ben non facía demasiadas ocasións, as primeiras acabaron en gol. Fran e Anxo puideron ampliar a renda pero non foi ata a volta do descanso cando Iago Muíño marcaba o terceiro, xa con moito vento en Arliña, e cun Muros case que entregado. Só ao final, Xavi nunha xogada personal anotou o da honra para os de Ángel. O meta xuvenil Ángel, que saía nos últimos minutos no cadro local, fixo un bo paradón.

Volantes - Corme (0-8)

  • Volantes: Alex de Yi, Cerbán, Isma Mayo, Romero, Manu Teijo, Miguel, Benja, Rama, Manu de Yi, Borja, Barreiro. Tamén: Manu Priegue, Adri Abeijón, Bruno, Fran Rama e Manu García.
  • Corme: Adrián, Brais Pailos, Aitor, Isra, Rubén, Borja Torrado, Eloy Villar, Hugo, Martín, Lucas e Alejo. Tamén: Yago, Miguel, Gabri, Mauro e Sergio.
  • Goles: 0-1, m.4: Alejo; 0-2, m.8: Alejo; 0-3, m.29: Isra; 0-4, m.36: Brais Pailos; 0-5, m.52: Alejo; 0-6, m.55: Isra; 0-7, m.66: Sergio; 0-8, m.84: Sergio.

Segue ca mesma dinámica derrotista o Volantes, que en apenas 10 minutos xa caía por 0-2. E un equipo que aínda non estreou o taboleiro de puntos, xa lle provoca outra baixada de brazos. Intentaron repoñerse os de Gus, con combinancións rápidas por banda dereita, pero non foron quen de recutar. O Corme foi quen de plasmas os mecanismos traballados por Adrián Lema e foi marcando.
Aproveita o killer Alejo estas goleadas para ampliar os seus números, e xa se coloca máximo goleador con 8 tantos (3 de penalti), polos 7 do muradán Xavi Abeijón e os 6 do ceense Bruno e de Brais Tajes, do Porteño.

Cee - Porteño (1-4)

  • Cee: Yago, Juan Oreiro, Isma, Borja, Jose, Alex Bujeiro, Anxo, Fraga, Bruno, Eze e Gabri. Tamén: Isaías, Noe, Jonathan e Iago Trillo.
  • Porteño: José (Sergio), Vicente, Pejo, Nico, Brais (Rodri), Mayor (Pablo), Saviola (Joseba), Nico, Alan Chipi (Ángel) e Juan oVello.
  • Goles: 0-1m m.10: Alan; 1-1, m.20: Bruno; 1-2, m.22: Chipi, coa axuda do defensa rematando un centro de Alan; 1-3, m.40: Alan; 1-4, m.66: Chipi de penalti.
Ceee-porteno
Cee-Porteño. Foto: Tino

Rompeou o maleficio co campo do San Paio de Refoxos o Porteño, ante un Cee que segue moi frouxo. Saíron fortes os de Cousillas e Javi Baña, que marcaba pronto, pero o Cee reaccionaba e pronto empataba. Pero na xogada seguinte Chipi, coa axuda dun defensa, metía de novo por diante aos visitantes. Tivo Eze un penalti que mandou ao pau para volver a empatar. Pero adaptouse ao campo grande o cadro visitante, que foi superior e antes e despois do descanso sentenciaba cos tantos de Alan e Chipi.

Baíñas - Outes (0-3)

  • Baíñas: Joel, Charlie, Raúl, Dylan, Manu, Santi, Oreiro, Maikol, Cristian, Kevin e Fabián. Tamén: Ruli, Brandon, Christensen e Carlos.
  • Outes: Dani, Jura, Adri, Martín, Stefan, Iván, Veleiro (Mangelo), Senande, Pablo (Ramiro), Aarón (Yago) e Santi.
  • Goles: 0-1, m.26: Aarón; 0-2, m.34: Adrián; 0-3, m.70: Pablo.

Primeira vitoria do Outes de Álex Romero, nun partido no que estiveron moi serios a nivel defensivo, provocando que o cadro de Roski non estivese nunca metido no partido, con imprecisións constantes e frouxos en defensa. Os da Serra aguantaban ben, saían a presionar máis arriba por momentos, e metía en dificultades ao Baíñas. Abriu o marcador Aarón e Adrián facía o segundo antes do descanso.
Xa na segunda parte cun fallo de entendemento de Joel nunha saída permitiu a Pablo deixar o choque sentenciado.

Monte Louro - Castriz (0-1)

Monte Louro-Castriz-Foto-Edu Olveira

  • Monte Louro: Pedro, Miguel Verán, Óscar Fari, Borja, Rodri; David Pais, Chano, Riki, Alvaro Fari, Luismi e Íker. Tamén; Yeray, Flavio, Fabio, Rapante, e Pablo.
  • Castriz: Coke, Elvis, Samuel, Anxo, Brais, Piñeiro, Iván Facal, Alberto Mata, Sebas, Braulio e Iván Pastoriza. Tamén: Samuel Rodo, Álvaro, Martín e Jairo.
  • Gol: 0-1, m.30: Braulio.
Monte Louro-Castriz-Foto-Edu Olveira 2
Monte Louro-Castriz-Foto-Edu Olveira 2

Partidazo igualadísimo en Agra da Filgueira, cun Monte Louro competindo man a man cun favorito como o equipo de Miguel Chouza. Moi firmes os xalleiros, comezaron levando o peso do partido, sen sufrir atrás, pero con algo de atasco en ataque, gracias ao bo facer defensivo dos de Bibi. Só Braulio era quen de abrir o marcador á media hora.

Saíron moi ben na segunda os locais, metendo atrás a todo un Castriz e tendo a mellor ocasión do partido, tras unha xogada na que piden man, o partido segue, mete un centro Óscar Fari que remata seu irmán Álvaro, pero salva o meta Coke cun verdadeiro paradón. A partir de aí, estivo máis preto o 0-2 que o empate, pero o choque estivo aberto ata o final.

Monte Louro-Castriz-Foto-Edu Olveira Ivan Pastoriza e Iker
Iván Pastoriza e Iker

NOVAS RELACIONADAS

CRÓNICAS DA 2ª GALICIA

MÁIS INFO

Comentarios