Xoves. 13.08.2020
El tiempo

2ª Galicia: Ponteceso e San Lorenzo seguen ao seu

11 inicial do Ponteceso ante o Buño. Foto: Brais Pose.
11 inicial do Ponteceso ante o Buño. Foto: Brais Pose.
2ª Galicia: Ponteceso e San Lorenzo seguen ao seu

O Ponteceso e o San Lorenzo seguen co paso firme á fronte da clasificación despois de superar a Buño e Cerqueda, respectivamente, nunha xornada na que o Corme salvou un punto in extremis nun partido para a polémica ante o Castriz.

Tamén había un encontro na zona sur da Costa da Morte que centraba gran parte da atención da xornada e non era outro que o derbi muradán entre o Muros e a Esteirana que acabarían levándose os de Geno para manterse na zona nobre da clasificación, á que se suman Coristanco e Cee despois de gañar ao Sporting Zas e Malpica.

Pola súa banda, Muxía e Lira suben varios postos e fano despois de lograr sendas vitorias a domicilio ante Baíñas e Cabana.

SD Coristanco 3 – 0 Sporting Zas

Coristanco 3-0 Sporting Zas

  • SD Coristanco: Mauricio (Rubén m.70), Álvaro (Samuel Vázquez m.63), Johnny (Damián m.65), Pazos, Álex, Samuel, Rubio, Castiñeiras (Villajos m.68), Erre (Jose m.59), Mario e Sergio.
  • Sporting Zas: Puyol, Atu, Eloy, Brais, Miguel (Manu Guillamet m.46), Fabián, Kevin, Manu Fuentes, Balsa (Marcos m.68), Andi (Brais m.52), Andrés (Iván m.68).
  • Goles: 1-0 m.15: Johnny; 2-0 m.39: Castiñeiras; 3-0 m.91: Villajos.
  • Expulsións: Os coristanqueses Mario e Pazos nos minutos 61 e 85, respectivamente.

Triunfo moi traballado do Coristanco ante un Sporting Zas que se mostrou un tanto frouxo en facetas ofensivas e que xa na primeira metade, pagou caro os erros defensivos que cometeu nas xogadas que deron orixe aos goles de Johnny e Castiñeiras polo que se chegaría ao descanso cun 2-0 favorable aos da terra da Pataca.

Tralo descanso e xogando xa con dous xogadores menos polas expulsións de Mario e Pazos, o Coristanco subiría o definitivo 3-0 ao marcador, obra de Villajos.

SD San Lorenzo 4 – 0 UD Cerqueda

San Lorenzo - Cerqueda

  • SD San Lorenzo: David Pena, Raúl, Pablo Garrido, Álex Ures (Kuki m.80), Fuentefría (Diego m.70), Brais (Styven m.62), Álex Fernández, Brais, Yago (Puñal m.62), Padín (Fidalgo m.72) e Pablo Díaz.
  • UD Cerqueda: Víctor, Marcos Pensado (Lorenzo m.68), Estefan, Javi Souto, Javi Pazos, Iván Mato, Iván Rojo, Méndez, Dani (Breogán m.68), Diego, Eloy (Julián m.76).
  • Goles: 1-0 m.55: Raúl; 2-0 m.58: Fuentefría; 3-0 m.61: Fuentefría; 4-0 m.83: Styven.

Primeira metade na que o Cerqueda tivo máis dominio de balón e tivo dúas oportunidades nos pés de Iván Mato e Diego que se quedarían en nada ante David Pena.

Pola súa banda, o San Lorenzo non inquedaría en exceso aos visitantes, aínda que o intentarían cun fútbol directo sobre Brais que non deu os seus froitos.

Na segunda metade, houbo seis minutos claves nos que os verdilleses aproveitarían tres erros do Cerqueda para deixar o partido visto para sentenza cos goles de Raúl e de Fuentefría por partida dobre.

Xa no tramo final, Styven faría o definitivo 4-0.

Corme CF 3 – 3 SD Castriz

  • Corme CF: Illote (Suso m.58), Javi Peón, Brais Andrade (Sueiro m.46), Alejandro, Pandi, Brais, Brais Torrado (Dani Casal m.73), Javi Bermúdez (Samu m.63), Toniño, Lucas e Manu Bermúdez.
  • SD Castriz: Fran, Mata (Anxo m.58), Carlos, Rompe (Chiki m.69), Adrián, Iván Rey, Sebas, Iván Pastoriza (Jesús m.91), Iván Castro, Álex, Rubén Blanco (Pablo m.80).
  • Goles: 0-1 m.25: Sebas (p); 0-2 m.41: Adrián; 1-2 m.69: Toniño (p); 1-3 m.75: Pandi en propia porta; 2-3 m.90: Dani Casal (p); 3-3 m.93: Dani Casal (p).
  • Expulsións: Os cormeláns Sueiro, a Suso da Torriña e a Lelo co partido rematado.

Encontro con moita polémica no que o Castriz foi capaz de maniatar a todo un Corme en varias fases dun partido no que ambos conxuntos chegaban con baixas importantes.

Adiantaríanse os rossoneros e faríano cun gol de Sebas nun dos cinco penaltis que asubiou o colexiado neste enfrontamento non exento de polémica.

E xusto antes do tempo de lecer, Adrián aumentaría a vantaxe dos seus para mandar o encontro ao descanso cun 0-2 favorable ao Castriz.

Lucas tería nas súas botas un penalti para recortar diferenzas pero o balón marcharía por riba da portería defendida por Fran.

Na segunda metade, o Corme saíu máis metido ao encontro e tivo algunha que outra oportunidade para reducir distancias no marcador pero non sería ata o minuto 69, momento no que Toniño facía o 1-2 dende os once metros, no que sería o terceiro penalti que sinalaba o colexiado neste partido.

Cando os cormeláns estaban máis volcados no ataque, unha contra do Castriz significaría o 1-3 despois de que Pandi introduxese o balón na súa propia portería.

E xa no tramo final, chegarían dous penaltis máis, de novo a prol do Corme, que acabaría materializando Dani Casal para darlle un punto aos seus.

CD Baíñas 0 – 2 Muxía CF

Baíñas-Muxía

  • CD Baíñas: Paulo, Rodri (Toño m.77), Eloy, Luis, Dieguito (Samuel m.89), Cristian Canosa, Esteban Canosa, Ramón, Abel (Esteban Rodríguez m.89), Cristian (Santi Díaz m.55) e Baba.
  • Muxía CF: Angel Luis, Michael, Brais, Congui, Víctor Alcaina (David m.78), Manu Nogueira, Edu (Reigía m.87), Maikel, Tati, Mauro (Martín m.89), Álex Martínez (Pereira m.80).
  • Goles: 0-1 m.70: Mauro; 0-2 m.86: Manu Nogueira (p).

Partido no que o Muxía entrou moi ben e dominou o xogo tendo  ocasions pero de novo a falta de puntería impediulle que se adiantasen no marcador.

Na reanudación, todo seguiría igual pero non sería ata mediada esta segunda parte cando Mauro faría o 0-1. Xa co encontro tocando ao seu fin, Manu Nogueira faría o definitivo 0-2 dende os once metros.

SCD Malpica 3 – 4 UC Cee

Malpica-Cee

  • SCD Malpica: Damián, Fuentes, Belar (Laik m.70), Juan, Villar, Migueliño, Kevin (David Lorenzo m.55), Alberto (Brais m.63), Michi Castro, Aitor, Pace (Andy m.83).
  • UC Cee: Joselu, Álex Agulleiro, Brais (Tito m.65), Aitor, Cote, Iago Muíño, Josiño (Rubén Yayá m.70), Chema, Patera (Iago Trillo m.83), Martín e Ezequiel.
  • Goles: 0-1 m.15: Fuentes en propia porta; 1-1 m.31: Aitor; 2-1 m.35: Aitor; 3-1 m.40: Fuentes; 3-2 m.63: Patera; 3-3 m.76: Ezequiel; 3-4 m.86: Rubén Yayá.

Comezaban achuchando os locais, que gozaron de varias ocasións no primeiro tercio do encontro pero quenes se adiantarían serían os visitantes nunha xogada desafortunada na que Fuentes introduciría na súa propia portería.

E cando mellor parecía estar o Cee, rexurdiría o Malpica para darlle a volta ao marcador con dous goles de Aitor e outro de Fuentes.

O descanso fixo mellor efecto nos ceenses ca nos malpicáns, e Patera faría un golazo para recortar diferenzas. Os da vila da Xunqueira seguirían empurrando e Ezequiel atoparía o premio do empate.

E xa no tramo final, cando case ambos equipos firmaban o empate, Rubén Yayá facía o definitivo 3-4 para darlle a vitoria aos visitantes nun partido de infarto.

Buño SCD 0 – 2 Ponteceso SD

Buño - Ponteceso

  • Buño SCD: Brais, David, Martín Castro (Álex m.62), Miguel (Luismi m.75), Fran, Petís, Manoliño (Fabián m.56), Jorge Pichel (Agustín m.52), Juan (Brandón m.71) e Posiño.
  • Ponteceso SD: Rubén, Isaac, Dani Cotelo (Nando m.53), Juanjo, Xuko, Abel (Adrián m.89), Mendieta, Ismail, Charro (Luca m.73), Mara e Moscoso.
  • Goles: 0-1 m.28: Xuko; 0-2 m.34: Xuko.

Arrancaba o partido co Buño esperando para saír á contra e aínda que o Ponteceso era quen levaba a iniciativa do xogo, os homes de Pablo Mallón non foron quenes de chegar con demasiada claridade a zona de remate ata o minuto 28, momento no que Xuko adiantaba aos da vila de Pondal. E tan só seis minutos despois, Xuko volvería a aparecer para facer o 0-2 que acabaría resultando definitivo.

De aí ata o descanso, control dos visitantes aínda que o Buño tería un par de ocasións a balón parado.

Tralo descanso, os primeiros 15 minutos seguirían tendo a mesma dinámica que a primeira parte.

Na última media hora, o Buño foise arriba e tivo moitas chegadas pero o que fora o seu porteiro Rubén, estivo moi acertado e non permitiu que o marcador se movese.

CD Muros 2 – 4 SD Esteirana

Muros-Esteirana

  • CD Muros: Xandre, Juanchy (Miguel m.41), Dani Fernández (Sestayo m.68), Iván Cerilla, Xaco (Dani Romero m.68), Varo (Ramón m.68), Xavi, Saúl (Ivi m.52), Juan Lago e Yanky.

11 inicial do Muros ante a Esteirana

  • SD Esteirana: MJ, Adrián Maroñas, Samu (Tobío m.77), Dani Maroñas, Dani Corniños, Álex (Carajillo m.85), Elías (Adrián m.74), Pablo, Codesido (Pachy m.88), Dani Rama e Raúl.
  • Goles: 1-0 m.7: Yanky; 1-1 m.24: Pelos en propia porta; 1-2 m.29: Elías; 1-3 m.34: Elías; 2-3 m.58: Pelos (p); 2-4 m.70: Álex.
  • Expulsións: O muradán Yanky no minuto 78 e o esteirán Adrián Maroñas no 84.

As cousas comezaban moi ben para o Muros no derbi, xa que Yanky adiantaba aos seus cun testarazo. Eran minutos nos que a Esteirana parecía estar desconectada pero un gol de Pelos en propia porta deulle vida aos de Geno e antes do descanso, xa vencían por 1-3, gracias a dous tantos de Elías.

Na segunda metade, o Muros parecía meterse no encontro cun penalti transformado por Pelos, pero Alex cortaría calquera tipo de reacción no minuto 70 logo de facer o definitivo 2-4.

Os compañeiros de 5TV retransmitiron o partido en directo, que podedes ver aquí:

Partido Muros-Esteirana from 5TV Internet on Vimeo.

 

Cabana SD 1 – 3 Lira CF

Cabana-Lira

  • Cabana SD: Víctor, Pablo Senande, Cristian, Dani Pose, Nando, Castro, Moreno, Aarón (Pablo Pose m.56), Cacha, Simón, Raúl (David m.67).
  • Lira CF: Baitir, Óscar, Porto (Raúl m.79), Maikel, Yerai, Óliver (Yago m.78), Cristian Caamaño, Borja (Eloy m.63), David, Miguel e Toni.
  • Goles: 0-1 m.9: Cristian Caamaño; 0-2 m.17: Cristian Caamaño; 0-3 m.66: Cristian Caamaño; 1-3 m.80: Pablo Pose.

Comezou o Cabana dominando e creando ocasións pero sen acerto no remate final. E cando se perdoa, acábase pagando e así foi como nun balón profundo que se lle escapou ao porteiro local, Cristian Caamaño adiantaba ao Lira.

Logo deste gol inicial, o encontro foise igualando aínda que con máis dominio do Cabana ante un Lira que buscaba as contras.

E nunha descoordinacion defensiva, o killer liracho, Cristian Caamaño, faría o 0-2 co que poñerían rumbo aos vestiarios.

Xa na segunda parte, intentos por parte local pero sen demasiado perigo, mentres que o Lira non perdoaría e nun remate á saída dun córner, Cristian Caamaño completaría o seu particular hattrick.

Pese a todo, o Cabana seguiu loitando e faría o 1-3 por medio o Pablo ao aproveitar un rexeite do porteiro.

comentarios