FSF: O Fisober mira ao ceo
- Intensa experiencia do cadro sénior masculino xogando dous partidos nunha semana no Centro Penintenciario de Teixeiro

Non fallou o Fisober na súa visita o pasado sábado ao Pavillón Anexo Paco Chao do Carballiño. O cadro costeiro é consciente de que non pode errar se quere manter o liderato e afronta cada un dos partidos que queda como unha auténtica final.
As costeiras afrontan as últimas 4 xornadas (3 na casa) con 3 puntos de vantaxe sobre o Vilalba. A vindeira xornada chega a Dumbría o sempre perigoso Cidade de Pontevedra.
LIGA AUTONÓMICA - PREFERENTE GALICIA, XORNADA 26
- Resultado: CARBALLIÑO FS GRI CARBALLIÑO - FISOBER FSF (0-4).
- FISOBER: Sharay, Patri, Paula Fandiño, Nuriña, Andrea; tamén xogaron: Ana, Adriana, Nai, Saray, Myre.
- Goles: 0-1 min 2 Andrea, 0-2 min 6 Paula Fandiño, 0-3 min 8 Adriana; (descanso) , 0-4 min 21 Andrea.
Saíron moi concentradas as xogadoras de Fran Toba e así o amosaron de saída xa que no minuto dous Andrea abría o marcador para as costeiras. O gol deu un pouso de tranquilidade ó Fisober para manexar o partido. No minuto seis Paula Fandiño facía o segundo e no oito Adriana facía un cero a tres tranquilizador. As locais a pesares do resultado quixeron facer o seu traballo e poñer a proba a Sharay ó igual co conxunto costeiro quería aumentar a diferenza. Pero o resultado xa non se alterou nesta primeira metade.
Despois do tempo de lecer a volta dos vestiarios ó Fisober voltou a saír igual de concentrado e así foi Andrea a que novamente marcaba para as visitantes, poñendo un cero a catro que finalmente foi definitivo. As locais arriscaron co xogo de cinco na busca de recurtar diferenzas, pero nin elas, nin o Fisober a contra marcaron, tendo boas ocasións ambos. Aínda así tanto un conxunto coma outro buscaron o gol con insistencia pero sen resultado, chegándose así ó final do partido.
Os sénior, na prisión de Teixeiro

Experiencia singular a que vive estas semanas o cadro do Fisober na Copa de Primeira Autonómica senior Masculino. Os costeiros xogan as semis do torneo fronte ó Victoria CF, que teñen sede no Centro Penitenciario de Teixeiro. Así que os partidos se teñen que celebrar no seu pavillón ao ser antes persoas privadas de liberdae.
O Fisober venceu 6-4 (formaron: Victor, Iago, Javi, Álex, Carlos; tamén xogaron: Adan, Mario,Suso, Adrián, Alberto Catalán, Juan Emilio, Edgar) e xa preparan a volta para esta fin de semana.
MÁIS CRÓNICAS DO FSF.
- X.25: O Fisober afronta as 5 últimas finais.
- X.24: O Fisober mantén o pulso co Vilalba dende o alto.
- X.21: FSF: O Fisober prepara a súa finalísima con 14 vitorias consecutivas.
- X.17: O Fisober dedícalle á Barca a nova vitoria,
- X.15: O Fisober remata a primeira volta como campionas
- X.14: O Fisober comeza o ano arrasando.
- X.13: O Fisober despide o 2023 líder.
- X.11: O Fisober mantense firme no ldierato.
- X.9: FSF: O Fisober acada un importante triunfo ante o filial do Amarelle e alcanzan o liderato.
- X.8: O Fisober volve á senda da vitoria.
- X.6: Primeira derrota do curso para o Fisober.
- X.5: O vendaval Fisober.
- X.4: FSF: 4 de 4 para o Fisober.
- X.3: O Fisober fai historia coa creación dun equipo Sénior Masculino.
- X.2: O Fisober tamén sabe sufrir.
- X.1: FSF: O Fisober arrrinca o curso vencendo a todo un 5Coruña.
- Setembro: O Fisober empeza con ilusión a súa 19ª campaña con novidades.
- Xullo 23: O Fisober pechou a temporada nunha moi meritoria segunda praza.