Xoves. 30.05.2024
El tiempo

FUTFEM: O Ponteceso arrebatou o liderato e a condición de invicto ao Corme

Vitor Recarei arbitrou o Corme-Ponteceso da Liga da Costa feminina
Vitor Recarei arbitrou o Corme-Ponteceso da Liga da Costa feminina
FUTFEM: O Ponteceso arrebatou o liderato e a condición de invicto ao Corme

Tralo polémico sorteo da IV Copa da Costa Feminina, e a boa nova da unión da Esteirana á Liga da Costa Feminina, o futfem costeiro volveu á competición cunha xornada clave para o devir da Liga da Costa. O foco estaba posto no Cairo onde o líder Corme recibía ao veciño Ponteceso. En xogo, o primeiro posto e a promoción, sendo as pondalianas as que levaron o triunfo, e arrebataron a condición de invictas ás cormelás, que están facendo unha temporada impresionante.
Aproveita así o Dumbría e se mete por diante na táboa, pendentes aínda do enfrontamento directo da penúltima xornada.

2ª División Feminina, Gr.1, xornada 26

San Pedro - Xallas (2-0)

  • Xallas: Rosio; Carla, Saskia, Ali, Andrea Otero; María, Noelia, Andrea Barbeira; Olalla, Claudia e Paula Barcia. Tamén xogaron: Michelle, Zaira, Inés, Laura e Daniela.
  • Goles: 1-0, m.32: Alba; 2-0, m.64: Alba.

Partido moi trabado e con moitas perdas por parte das xalleiras na primeira metade onde foi moi dificil ter o dominio do xogo, pero o San Pedro estivo máis atinado e un pouco máis intenso sabendo o que se xogaban. O primeiro gol ven dunha perdida no medio campo xalleiro e que recibe a máxima goleadora da competición, Alba Martínez, dentro da área e cun bo tiro cruzado bate a Rosio.

Na segunda metade as de Rupper facer daño o rival coa entrada de Michelle e xogaron con dúas puntas pero custou facer a transición defensa-ataque para chegar con máis soltura e vantaxe a portería rival. Nunha xogada de saque de curruncho facía o segundo gol o equipo local e fíxose costa arriba puntuar nesta ocasión.

Cee - Meicende (1-1)

  • Cee: Valeria, Lucía Rod., Facal, Nerea, Laura, Sabela, Paula Veiga, Saray Duarte, Martínez, Nayara e Sharay Caamaño. Tamén: Sieira e Antía.
  • Goles: 0-1, m.8: Sara; 1-1, m.88: Martínez.

Partido condicionado pola calor, que arrincaba ademais cun gol visitante á contra. Non se viron abaixo as costeiras, que foron mellores en todo momento e tiveron moitas ocasións de gol, pero unhas os paus, a meta visitante ou a falta de acerto impedía conseguir o empate.

Non baixaron o ritmo na segunda as de Rafa e coa mesma dinámica de xogo desenvolveuse todo o tempo no campo rival. Finalmente, tras moito rondar a meta do Meicende, Martinez marcana o empate case no 90. Nos minutos finais aínda puideron levar o partido pero non foron capaces de materializar as ocasións.

As Miúdas - Cultural Maniños (0-7)

  • As Miúdas: Adriana, Atenea, Elba, Alba, Leire, Ximena, Saray, Marta Piñeiro, Paula López, Laura Sieira e Ana Romero. Tamén: Pati, María e Adriana Piñeiro.

Estáselle facendo longa a tempada ás Miúdas, moi mermadas de xente e acusando a súa xuventide.

3ª División Feminina, Gr.2, xornada 26

Corme - Ponteceso (0-3)

  • Corme: Belén, Laura (Ana), Irene (Salomé), Aroa, María: Nerea (Candela), Olalla (Lucía), Ana (Vero), Natalia; Carla, Cris.
  • Ponteceso: María, Noe (Silvia), Ainhoa, Myre, Berdeal (Saray) Eva, Muíño, Andrea (Laura R), Noemí (Lara), Oanes, Claudia (Lucivili).
  • Goles: 0-1, m.2: Oanes de gol olímpico; 0-2, m.23: Claudia; 0-3, m.68: Myre remata un córner botado por Oanes.
Minuto de Silencio por Alejandro no Corme-Ponteceso do Cairo
Minuto de Silencio por Alejandro no Corme-Ponteceso do Cairo

Era o gran choque da xornada, cun Corme aínda invicto no máis alto da táboa, e un Ponteceso coa frecha para arriba que necesitaba os puntos para asegurar a promoción. O encontro comezaba ademais coa homenaxe do Cairo a Alejandro Torrado, lenda azulona falecida a pasada semana.

Xogadoras do Corme CF co 3 de Alejandro

E o choque parecía que estaba para as pondalianas, que nada máis comezar Oanes adiantaba ás de Curro cun fermoso córner directo. Fixo moito dano ese gol, e as de Rubén Souto non foron capaces de meterse no partido ante unhas pontecesas que estiveron moito máis serenas e cun puntiño máis de intensidade que propiciaba que gañasen todos os duelos.

As locais non estaban finas na saída de balón e o Ponteceso, moi seguras en todas as liñas, roubaban unha e outra vez gracias á boa presión das Claudia e Noemí. Tamén tivo protagonismo Ainhoa cos seus saques de banda, que tivo ás cormelás defendendo "corners" todo o partido sin deixarlle coller ritmo de xogo en ningún momento.
No minuto 22, Noe, nunha anticipación defensiva, colgaría un balón que supera a liña defensiva das locais chegando Claudia soa a portería rival, man a man coa gardameta cormelá, poñendo o 0-2 co que se chegaría o tempo de lecer.

Á volta do descanso as xogadoras do Corme comezaron con moita intensidade, pero as de Ponteceso non baixaron os brazos. Incluso cando o cansanzo debido a intensidade do partido xa se lles notaba seguiron loitando ata o final sendo plenamente conscientes de que xogaban co vento en contra e fronte a un gran rival como é o Corme. Pero eran as visitantes as que marcaban de novo, noutra xogada a balón parado.
Vitoria xusta para o cadro pondaliano.

Muxía - Nicrariense (4-2)

Raquel Bardullas co Muxia feminino-Foto-Marina Busto
Raquel Bardullas co Muxia feminino-Foto-Marina Busto
  • Muxía: Sheila, Andrea Piroja, Marcela, Andrea Insua, Nuria, Sara Haz, Denise, Paula, Raquel, Nerea Pazos e Patri Romaní. Tamén: Claudia, Irene Alcaina, Xeila, Nerea Barrientos, Sara Dom.
  • Goles: 1-0, m.14: Pauliña; 2-0, m.44: Andrea Piroja; 3-0, m.60: Patri Romaní; 3-1, m.72: Xiana; 3-2,m .80: Aldara; 4-2, m.85: Patri Romaní.
Nerea Pazos co Muxia Feminino-Foto-Marina Busto
Nerea Pazos co Muxia Feminino-Foto-Marina Busto

Boa vitoria das de Congui e Isma Márquez que se impuxeron ao cadro de Negreira, cunha boa primeira metade, na que dominaron moi ben, tiveron ocasións e acertaron con dous tantos. Sufriron algo máis na segunda, sobre todo despois do terceiro tanto, e por mor do exceso de confianza. As visitantes recurtaron e se meteron no partido, pero aí volvía aparecer Patri Romaní, pichichi destacada da categoría con 33 goles (27 leva Andrea do Ponteceso e 25 Andrea de Fisterra) para rubricar a sentenza. 

Patri Romani co Muxia ante o Nicrariense.Foto-Marina Busto
Patri Romani co Muxia ante o Nicrariense.Foto-Marina Busto

Fisterra - Dumbría (1-7)

  • Fisterra: Lucía, Paula Liñeiro, Ana, Lidia, Tamara, Irene, Lucía Marcote, Aroa, Jimena, Xaina, Andrea. Tamén: Antía, Jenifer, Rosa e Tati.
  • Dumbría: Lissette, Noa, Paula Carril, Lucía, María das Carisas, Claudia, Sabela, Yoli, María, Eva e Kelly. Tamén: Adriana, Icía, Juliette, Laura e Lara.
  • Goles: 0-1, m.10: Eva; 1-1, m.17: Aroa; 1-2, m.34: Eva; 1-3, m.52: Lucía; 1-4, m.70: Yoli; 1-5, m.83: Paula Carril de penalti; 1-7, m.90: Eva.

Custoulle na primeira metade ao Dumbría supera as loitadoras do Fisterra, que aguantaron con 1-2 no marcador. As de Santi Lira dominaban o balón, pero as de Fran competían cara a cara coas visitantes. E iso que se adiantaban pronto nunha xogada na que Lucía lle paraba a primeira intentona á Eva pero xa non podía co rexeite. O Fisterra sacaba contras e a balón parado metían moito perigo, e así chegaría o empate pouco despois.
Aí o partido estaba roto, descontrolado, o Dumbría non era quen de impoñer o seu ritmo, e puideron caer goles nas dúas áreas. Ata que apareceu unha xogada de pillería de Kelly que deixaba soa a María nun saque de banda rápido a cal ganaría liña de fondo e asistiría para que Eva adiantase antes do descanso ás visitantes.

Doeu ese tanto nas locais, que viron como na segunda, co marcador a favor, as dumbriesas foron quen de coller o balón e dominar, ante unhas fisterrás que ían acusando o cansanzo. Pouco a pouco, foron rompendo o partido ata completar unha goleada demasiado abultada para o visto no campo.

Corcubión - Camariñas (0-2)

  • Corcubión: Alexia, Elisa, Alexandra Lojo, Marta Lavandeira, Cris, Helena López, Elena Atán, Ana Sierra, Noa, Daniela e Paula Trinidad. Tamén: Carla, Claudia e Andrea.
  • Camariñas: Desiré (Karen), Laura Garrote, Rosana, Rocío, Uxía (Natty), María, Laura Pose, Nuria. Elena (Leti), Paula Mouzo (Lola) e Maira (Saray).
  • Goles: 0-1, m.10: María; 0-2, m.79: María.

Choque intenso o vivido no Cubaleiro ao que o cadro de Rubén Castillo chegaba sen a súa capi, Carla Lema. O Camariñas chegaba co seu xogo directo e gran intensidade, e pronto, María aproveita un balón longo para adiantarse á Alexia e abrir o marcador. O Corcubión intentaba manter a posesión e conseguía chegar pero só facía dano con tiros dende fóra. Puido chegar o segundo nun man a man de Maira que saíu lambendo o pau.

Baixo a calor, o Corcubión deu un salto de intensidade, e dominaron o terreo de xogo, tendo varias ocasións, pero a falta da súa dianteira e os problemas de Noa tras un golpe, impediron que puidesen empatar. Foi no treito final, cando María marcaba un golazo de “espuela” para sentenciar o choque e deixar a un bo Corcubión sen premio.

Outes - Dubra (0-2)

  • Outes: Lía, Clauda, Alicia, Uxía, Natalia, Valeria, Sole, Carmen, Carla Vidal, Mirian e Molinos. Tamén: Lara, Xeila, Nati e Sofía.
  • Goles: 0-1, m.1: Sabela Solar; 0-2, m.12: Sabela Solar.

Saíron despistadas as locais que en 12 minutos xa recibiran 2 tantos aproveitando dosu descoidos da defensa local e un pouco de sorte. A partir de aí colleron ritmo as de Dani, conseguiron paralizar o ataque do Dubra e comezaron a carburar. Pero seguen con moitos problemas cara gol as da Serra (levan 5 goles en toda a temporada), polo que a pesar das ocasións, non conseguiron meterse no partido. Con todo, a melloría é patente.

Cabana - Bergantiños B (1-3)

  • Cabana: Miriam, Saray (Nuria), Antia, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra, Iria (Jessi Pose), Isabel (Aitana), Irene, Adriana.
  • Bergantiños: Sofía; Aroa V, María, Amelia, Ainhoa; Clara, Jimena; Erika; Aroa G, Arancha, Antía. Tamén xogaron: Carla, Aïsha e Sara.
  • Goles: 0-1, m.44: Carla; 0-2, m.58: Carla; 0-3, m.66: Carla; 1-3, m.78: Iria.

Comenzou moi intenso o Cabana e puxo en apretos a meta do Bergantiños que respondiu cunha gran parada a tiro de Irene. Adriana e Inma dixpuxeron de ocasións para adiantar as locais pero foi o Bergantiños quen por medio de Carla poñia o 0-1. O Bergan co paso dos minutos era quen de baixar máis o balón.

Xa no segundo tempo as carballesas igualaron o partido a pesar da alta intensidade das de José Manuel e con rápidas contras sentenciaron con dous goles máis de Carla, que xa suma 21. Iria acortou as distancias e os puntos foron para Carballo.

Cerqueda - Mazaricos (0-3)

11 do UD Cerqueda fem en Xavina

  • Cerqueda: Mariña, Jimena, Tania, Tatiana, Inés, Uxía, Vanesa, Raquel, Lorena, Irene e Sara. Tamén: Sonia e Carla.

11 do Mazaricos CF Feminino en Xavina

  • Mazaricos: Valeria, Silvia, Paula Maneiro, Mariña, Fátima, Buján, Antía, Leire, Claudia, María Senra e Ánxela. Tamén: Paula Rod., María Antelo, Iria Hermida, Raquel e Saray.
  • Goles: 0-1, m.25: Claudia de vaselina; 0-2, m.35: Buján nunha xogada a balón parado; 0-3, m.66: Mariña.

Custoulle entrar no partido ás amarelas, pero pouco a pouco foron reaccionando e quitándose o control das locais, que ademais tiveron unha boa ocasión para adiantarse. Pero no ecuador do primeiro tempo, dous tantos das de Rachón daban vantaxe, e a tranqulidade necesaria para que as visitantes dominansen o partido, gracias á súa intensidade, e a estar moi ben ordeadas defensivamente, e contundente atrás.

MÁIS NOVAS DO FUTFEM

 

CRÓNICAS DO FUTFEM

Comentarios