Venres. 29.03.2024
El tiempo

2ª Galicia: Xornada a medias

Muros Cee 2
Imaxe do Muros-Cee
2ª Galicia: Xornada a medias

Volveu rodar o balón nos campos do Fútbol da Costa. Non en todos, pois foron un total de 9 partidos suspendidos por problemas de COVID dos 21 que se tiñan que desputar nesta xornada. Unha xornada que ademais foi retrasada no calendario trala suspensión das ligas costeiras na última fin de semana de 2021, polo pasamento do colexiado cormelán Lucas Vicente Vidal.

De feito, nos dous grupos da Liga da Costa suspendéronse 4 dos 8 partidos por disputar.

 

Gr. 1A, Xornada 8

Muxía - Baíñas (3-3)

  • Muxía: Hugo, Michael, Congui, Gusa, Abel, Xan, Isma Mouzo, Maikel Mouzo, Víctor Alcaina, Fran Moreira, Manu Nogueira. Tamén: Javi Rey, Darío, Lois e Sandro.
  • Baíñas: Sergio, Raúl Gonz., Lucas, Samu, Adrián, Raúl Antelo, Cristian, Jorge, Oreiro, Cristian Canosa e Antelo. Tamén: Carlos, Esteban Canosa, Brais Tajes e Brais Alonso.
  • Goles: 1-0, m.17: Manu Nogueira; 1-1, m.30: Lucas; 2-1, m.38: Fran Moreira; 3-1, m.64: Víctor Alcaina de falta; 3-2, m.82: Cristian Canosa; 3-3, m.84: Cristian Canosa.

Muxia-Bainas

Partido con pouco ritmo, cun Muxía de Diego Lobelos mellor situado levando o peso do balón, e creando algunha ocasión. Foi Manu Nogueira o que adiantou aos locais tras un córner. Non tardaron en responder os de Roski cunha boa xoghada entre Lucas e Cristian Canos, que acabou cunha boa definición de Lucas poñendo o empate no marcador. Pero pronto o soneirán Fran Moreira poría o 2-1 tras un tiro de Abel.

No segundo tempo, o Baíñas salíu mellor, pero aos 20 minutos o colexiado cobrábase unha falta perigosa diante da frontal vimiancesa. Cando vai tirar unha falta Victor Alcaina hai que meter os móbiiles a gravar.

Tralos Puido pechar o partido o Muxía, que deixou vivo a un Baíñas que se fixo dono do partido na última media hora. Os de Roski conseguían combinar e buscar espazos con internadas de Cristian Canosa, Oreiro e de Brais Tajes, sempre acompañados polo gran traballo defensivo de Charlie. Sería por esa banda esquerda onde apareciu Cristian Canosa para marcar tras dúas boas xogadas.

Co empate, e aínda con tempo por diante, o Baíñas quedaba con 9 polas expulsións de Jorge (excesiva segunda amarela para os vimiancesas), e de Oreiro. A partir de aí, paróns e pérdidas de tempo ata o final.

 

Muros - Cee (3-2)

  • Muros: Xandre, Ra, Fran, Dani Jurjo, Gesto; Xaco, Flavio; Ivi, Alon, Xavi; Jesús da Meca. Tamén xogaron: Pelos, Thiago, Jose Cacharro, Monchito e Varo.
  • Cee: Maikel, Xacobe, Tomás, Bruno, Ángel, Txema; Josiño, Antón Lestón, Suárez, Anxo, Luís Lojo.
  • Goles: 0-1, m.14: Josiño; 0-2, m.20: Luís Lojo; 1-2, m.40: Alon; 2-2, m.55: Xavi; 3-2, m.65: Thiago.

Muros-Cee 1

Con 11 xustos (entre eles dous porteiros e un xuvenil) Cee presentouse en Muros e o partido se lle fixo longo. Ata o punto de que acabou sucumbindo na segunda metade tras colocarse 0-2 no primeiro terzo de partido. Mesmo tivo Luís Lojo para o 0-3.

Cando empezou o Muros a apretar empezou tendo ocasións, e Ivi mandou ao pau e Xavi ao lateral. Chave foi o gol de Alon ao do descanso, cun tiro de fora da área tras un erro na saída de balón dos de Rafa.

A segunda, o Cee defendíase como lle daban as forzas, ante un Muros que apretaba e apretaba. Xavi empataría tras un pase de Ivi. O Cee tamén tuvo as sías nas contras, e mesmo o colexiado anulaba un gol a Luís Lojo por fóra de xogo. Pero acusou o cansancio e o Muros seguía chegando ata que Thiago faría o 3-2 logo dun xogadón de Ivi na banda regateando a 3 e regalándolle o balón. As ocasións non paraban, e sería o Cee o que mandaba un balón ao longueiro nunha fermosa vaselina de Luís Lojo que a piques estivo de selar o empate final.

 

Gr. 1B, xornada 8

Nantón - Buño (3-0)

  • Nantón: Diego Bello, Busto, Costiña, Fariña, Martín, Manuel, Redondo, Orgueira, Iván Moreira, Josiño e Guille. Tamén: Isma, Muíño, Alberto, Touriñán e Pastoriza.
  • Buño: Xurxo, Jose, Fran, Yago, Martín Bazar, Pablo, Elías, Eloy Suárez, Brais Cean, Antelo e Diego Ferreiro. Tamén: Jorge Calvete, Miguel Dourado, Omar, Luís e Ángel Garrido.
  • Goles: 1-0, m.3: Iván Moreira; 2-0, m.51: Costiña; 3-0, m.70: Josiño.

O gol inical de Iván Moreira (tras roubo de Redondo a un saque de portería errado) xa condicionou o partido. O cadro de José Antonio Carabel Gestal tivo que estirarse e meteu atrás aos locais, e mesmo puideron remontar nun par de corners nos que non estiveron acertados os oleiros. Pouco antes de lesionarse Manuel, en xogada individual, ten un tiro tras un recorte que atalla ben Xurxo.

Mesmo guión na segunda, cun gol pouco despois de comezar por parte de Costiña, cun remate de cabeza a un centro de Iván. O Buño intentábao pero aos 20 minutos os de Carlos Vidal sentenciaban cun tanto de Josiño tras un rexeite do meta oleiro a un tiro de Alex.

 

Cerqueda - Cabana (0-0)

  • Cerqueda: Miguel, Marcos Pensado, Javi Souro, Breo, Gustavo, Lorenzo, Eloy Boedo, Iván, Manu Guillamet, Julián e Cristian Méndez. Tamén: Héctor, Jonatan, Nico, Adrián e Sergio.
  • Cabana: Víctor, Aarón, Sergio Ferreiro, Duda (Ismael), Dani (Raúl Corzon), Fernando (David), Diego Cacha, Diego Moreno, Castro, Manuel (Cristian), Rubén.

Chegaba o líder a Xaviña nun para enfrontarse a un Cerqueda que, antes as numerosas baixas, formulaba un choque moi pechado. O cadro de Jorge Guillamet competiu cara a cara co primeiro da táboa, que saíu máis dominador, pero que non conseguía facer ocos na tela de araña local. O choque estivo marcado polas imprecisións, e nin a balón parado conseguían ter claras ocasións.

Tampouco mellorou a cousa no segundo tempo e apenas contra o final, puido adiantarse o Cabana nun tiro ao longueiro de Diego Cacha, e outro remate seu a centro de Castro. O Cerqueda tamén puido levar os 3 puntos nos últimos minutos co partido roto nun tiro ao longueiro e unha última ocasión que saíu fóra por parte de Jonatan.

 

Comentarios