3ª Galicia: O Camariñas solventa o derbi e segue escapando
Era o Porteño, en Laxe, unha boa pedra de toque para este Camariñas, por agora o equipo a bater. Pero o líder xa gaña, e golea, case que por inercia. Intentouno o Porteño pero non puido apretar a clasificación, e son 6 as vitorias do Camariñas noutras tantas xornadas.
Por detrás mantense o Outes, firme tras caer só ante o mesmo líder, e o Camelle, que vencía conalgo de sorte ante o Castrelo, colócase tamén arriba.
Por abaixo, chegou a primeira vitoria do Seaia, a pesar de xogar un dos seus peores partidos, ante un Nantón que deixa escapar o vagón de cabeza.
Castrelo - Camelle (1-2)
- Castrelo: David Carreira, Esteban, Chans, Luís Blanco, Roget, Estebo, Samuel, Víctor, Maikol, Darío e Adrián Pasantes. Tamén xogaron: Miguel, Roi, Domingo, Dani Picallo.
- Camelle: Calipo, Ucho, Pablo, Maka, Ruso (Rodri, m.73), Daviz Camariñas (Tedín, m,.79), David Camelle (Mario, m.63), Adrián, Ribeiro, Felipe e Dido (Paulo, m.85).
- Goles: 1-0, m.20: Luís Blanco; 1-1, m.24: Felipe Barreiro; 1-2, m.33: Felipe Barreiro.
Foto: Vanessa
Partido igualadísimo en Vimianzo, cun Castrelo que comezaba mellor e conseguía adiantarse no marcador. Pero o Camelle respondería moi rápido e en apenas 10 minutos Felipe (o primeiro a pase de Ribeiro e o segundo de falta na frontal cometida sobre el mesmo) daba a volta ao marcador.
A xogada do partido posiblemente chegou a 5 do descanso, cando nun balón dividido Ribeiro e o meta David Carreira chocan, enzárzanse e saenexpulsados e lesionados.
Na segunda foi un querer e non poder dos de Sergio ante un Camelle que non se atopaba cómodo en ningún momento. Se ben o empate tería sido o máis xusto, os de Ordóñez levaron o partido.
Montelouro - Corcubión (3-1)
- Montelouro: Marcos Lijó, Pablo, Miguel Verán, Juan do Sivil, Manolo Chouza, Yeray, Iker, Raúl, Pesco, Riki, Rapante. Tamén: Minos, Dani, David.
- Corcubión: Marcos, Alán, Joaquín, Pablo, Abe, Mario Suárez, Adán, Gabi, Lema, Lagoa e Chiru.
- Goles: 0-1, m.40: Iago Lema de penalti; 1-1, m.67: Raúl; 2-1, m.80: Pesco; 3-1, m.90: Minos.
Os locais empezarían dominando e obrigando a Marcos a empregarse a fondo. Os visitantes quedarían cun menos á media hora de xogo (por expulsion de Lagoa) aínda así adiantáronse de penalti antes do descanso. Tería o Corcubión o 0-2 pero Marcos Lijo fixo o paradón da tarde.
Na segunda parte, asedio local, que tras dúas expulsións máis dos visitantes (Pablo e Abe), lograrían darlle a volta o resultado. O Corcubión a cantidade de tarxetas botadas nun partido sen apenas unha patada.
Camariñas - Porteño (3-0)
Plantel do Porteño en Laxe-Foto-CF
- Camariñas: Pablo, Souley, Oli, Moriño, Roi, Carlos, Pablo, Nicolás, Nazo, Javi Antelo e Brandon. Tamén: Joel, Rodrigo, Mañe, Mickael, Piche e Brais Alonso.
- Porteño: Jose; Porto, Pejo, Caamaño, Anxo; Ángel, Joseba, Isma, Edgar, Vicente, e Cachi. Tamén xogaron: Manolo, Josiño, Mario, Dani e Wii.
- Goles: 1-0, m.14: Javi Antelo; 2-0, m.25: Brandon; 3-0, m.80: Pablo.
Derbi algo descafeinado ao xogarse no Cabo Darea, pola sanción aínda vixente ao Camariñas. Pero o cadro de Berto e Abel segue sumando vitorias. E iso que o partido non foi tan claro como parece o 3-0 final. O Porteño tapaba ben as incursións locais e non deixaba ocasións. Ata que apareciu Javi Antelo, cunha falta ao borde da área das que non perdoa o poderoso e talentoso dianteiro local. O choque continuaba moi físico, co Camariñas algo máis controlador pero sen perigo. Pero chegaba o segundo, por medio de Brandon tras unha xogada de Soule por banda.
Na segunda os de Varela conseguiron estirarse algo máis e cercaron a portería de Pablo, pero sen acerto. Tampouco o Camariñas era quen de crear ocasións claras, pero xa no treito final Pablo aproveitaba un erro da defesan visitante para facer o terceiro.
Outes - Laxe (3-0)
- Outes: Alex, Jura (David), Simón, Pablo, Caamaño (Joel), Chía, Martín, Babu (Saúl), Veleiro (Arturo), Eloy (Paulo) e Santi.
- Laxe: Jacobo, Gora, Borga, Santi, Andrés, Íñigo, Elías, Jacinto, Bieito, Carra e Dani. Tamén xogaron: Zurich e Toja.
- Goles: 1-0, m.37: Babu; 2-0, m.75: Simón; 3-0, m.88: Martín.
O xogador do Laxe, Íñigo, no Cunchido
Foi mellor o Outes, ante un Laxe que volvía chegar con problemas de efectivos, e que foi quen de aguantar media hora o impulso local. Costáballe superar a liña defensiva visitante aos de Miguel Ramos, e tivo que tras unha falta, protestada polos de Antelo, cando chegaba o primeiro gol.
A segunda seguía oc mesmo guión pero o Laxe estirábase máis, e mesmo tivo algunha ocasión. Na área visitante Jacobo facíase o mellor do partido, ata que Simon sentenciaba e Caamaño puña a puntiña.
Seaia - Nantón (2-1)
- Seaia: Reca, Fabián (Loureiro, m.50), Parga, Vistas, Iván, Martínez (Jorge, m.48), Toni (Quintas, m.48), Míchel, Pablo (Sergio, m.46), Raúl e Dimaga.
- Nantón: Guille, Fran, Pasarela, Amado (Raúl, m.65), Costa, Martín, David, Pablo Fuentes, Redondo (Cristian, m.75), Josiño e Iván.
- Goles: 0-1, m.60: Iván; 1-1, m.87: Iván de penalti; 1-2, m.89: en propia.
Primeira vitoria para o Seaia nun partido que estivom durante boa parte do mesmo, dominado polo Nantón. Pero nos últimos 3 minutos escapóuselle a vitoria ao cadro de Fachal.
Os visitantes comezaron moi arriba, cunha presión intensa, buscando os segundos balóns, e provocando boas ocasións de Josiño, de David ao longueiro, ou de Pablo Fuentes. O Seaia non conseguía chegar.
Non cambiou o panorama na segunda, ata que Iván baixa un balón do ceo e define con calidade. Rompeuse aí o partido, con balóns arriba, moitas disputas, e o 0-2 máis preto que o empate. Pero a 3 do final o colexiado sinalou un penalti, protestado polos visitantes, que empata o partido. O Seaia volveu crer nunha vitoria que seguía moi lonxe e lanza un arreón final e nun centro de Loureiro un defensa marca en propia meta.
Conseguíu así o equipo de Da Silva a súa primeiravitoria nun dos peores partidos que levan na temporada, pero desta volta rtiveron a sorte de cara ante un Nantón que marchan, cabreados co penalti, deixando escapar o grupo de arriba.