Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: Os 4 de arriba escapan

Partido no Rodeiro entre o Camelle
Partido no Rodeiro entre o Camelle e o Oza.Foto: SD
3ª Galicia: Os 4 de arriba escapan

Non pasou do empate o Laxe ante o Ameixenda, e os 4 de arriba, que venceron os seus partidos, parten a clasificación con 5 xornadas por diante para rematar esta primeira fase. O Porteño mantense de líder, con 3 sobre Oza (ollo que leva 6 vitorias seguidas) e Corcubión e 5 sobre un Xallas que xa saca 7 puntos ao Laxe.

Quedará pendente a loita por esa 5ª praza, na que está, ademais do Laxe, o At. Pereiriña e o Seaia, dous dos que caían antes os de arriba.

 

Corcubión - Pereiriña (4-1)

  • Corcubión: Marcos, Eli, Fran, Mario, Gorka, Goche, Iago Lema, Tono, Eva, Lu e César Lojo. Tamén Rubén, Tori e Nacho.
  • Pereiriña: Isma Antelo, Tonecho, Senlle, Jose, Fabi, Chiru, Tebo, Roi, Carlos Leis, Tito e Borja. Tamén: Esteban, Grille, Isma Graíño, Alex Aguilleiro e Kevin.
  • Goles: 1-0, m.5: César; 2-0, m.30: Iago Lema; 2-1, m.30: Carlos Leis de centro chut; 3-1, m.50: César; 4-1, m.84: Iago Lema.

Gran ambiente de fútbol o da tarde do sábado no Novo Cubeleiro nun partido do que había moitas gañas. Moi pronto púxoselle de cara o partido ós locais cun gol á contra nos primeiros minutos por parte de César. Iago faría o segundo pouco despois. O Pereiriña ía tomando o mando e combinando ben, e mediada a primeira parte, un centro chut de Carlos Leis envelenaríase e acabaría entrando na portería local tras bater no pau.

Na segunda os visitantes subiron liñas e deixaron máis espacios atrás. Lu e César, que foron un auténtico pesadelo para a defensa visitante aproveitando os espacios, cun Iago Lema que fixo un partido descomunal, chegando antes que ninguén a todos os balóns. NUnha contra chegaría o terceiro e nun chut do capi local,o cuarto.

A nota negativa da tarde foi a lesión no hombro de Jose Pérez, capitán do Pereiriña e que tivo que ser levado ó hospital.

 

Castrelo - Porteño (0-3)

  • Castrelo: Agustín, Quintelo, Sebas, Gus, Estebo, Pichón, Chans, Felix, Martín, Roi e Dani Picallo. Suplentes: Samuel Trillo, Estiven, Ancho e Miguel.
  • Porteño: Jose Porteiro, Porto, Pejo, Camaño, Cachi, Ángel, Vicente, Juan oVello. Edgar, Martín, e Marcos. Tamén: Jose, Joseba, Ángel, Yeray e Brais.
  • Goles: 0-1, m.40: Cachi; 0-2, m.70: Edgar; 0-3, m.85: Martín.

Castrelo-Porteno

Non se relaxou o cadro dirixido o sábado por Javi Baña (que non puido contar nin co crack Joseba, tocado, nin co xuvenil Alan, lesionado de longa duración) ante un Castrelo de Antelo que fai majas co que ten, e que non mereceu tanto castigo como sinala o marcador. De feito, os locais saían moi be posicionados, deixando o peso do partido ao rival pero buscando as contras. Así chegaban a primeiras ocasións do partido, cun tiro lonxano de Marcos ao longueiro de Agustín, e un man a man de PIcallo que salva Josiño, o meta da Ponte que está facendo un partidazo.

O Porteño intentaría a balón parado pero os cabezados de Juan O Bello e Pejo iríanse fora. E sería xusto antes do descanso cando Cachi de falta escorada e na que o meta local puido facer algo máis poñía o 0-1 no marcador.Na segunda mesma tónica de partido e sen practicamente ocasións ata que Edgar fai o 0-2. Picallo tivo o 1-2 no marcador pero o seu remate franco dentro da área pequena marcharíase alto. E no minuto 85 nun córner no que a defensa do Castrelo non acerta a despexar Martín faría o definitivo 0-3.

 

Camelle - Oza (0-4)

  • Camelle: Roi; Ruso (Snaky, m.50), Ucho (Nariño, m.70), Pablo, Martín (Adrián, m.50), Rodri, David, Nico, Marcote (Barreiro, m.60), Dido e Chori (Riveiro, m.50).
  • Oza: Gesto, Casais, David Lista, Vilariño, Iago (Puente, m.78), Alberto, Alex López, Carlos (Pace, m.72), Brais (Jorge Pichel, m.65), David LP e Nacho (Josiño, m.80).
  • Goles: 0-1, m.20: Javi Vilariño; 0-2, m.30: Diego Casais marca un golazo dende o medio campo; 0-3, m.70: David LP; 0-4, m.80: David LP.

Tras 6 vitorias seguidas chegaba o Oza ao Rodeiro ante un Camelle que volvía a xogar dende o 11 de decembro. Notouno o cadro de Ordóñez, que viron como os carballeses, con máis ritmo, aproveitaron mellor as ocasións. Cómpre destacar o golazo de Diego Casais dende o seu campo.

Puideron meterse no partido os locais se aproveitasen algunha ocasión no último treito da primeira metade e no comezo da segunda, pero se atoparoin cun gran Gesto. Pero nunha contra marcaba o goleador David LP e xa sentenciaba o choque.

 

Laxe - Ameixenda (2-2)

  • Laxe: Jacobo, Borja, Cristian Velo, J. Ángel, Elías, Álvaro, Sergio, Elías, Bieito, Danilo, Felipiño. Tamén: Dani Torrado, Mohedano.
  • Ameixenda: Rivers, Castrexe, Chapu, Sambade, Kamacho, Pablo, Bichinho, Pikero, Iván (Bicho, m.46), Saulo e Galindo (Martín, m.46).
  • Goles: 1-0, m.7: Felipiño; 1-1, m.20: Pikero de penalti; 2-1, m.44: J. Ángel; 2-2, m.50: Pablo de tiro raso.

11 do Ameixenda en Laxe
11 do Ameixenda-Foto: Ameixenda SD

Partido moi trabado, con pouco xogo efectivo, e fútbol moi directo noutro choque con falta de efectivos nos dous bandos. Adiantáronse nun balbordo na área visitante os locais coa picardía de Felipiño. Pronto igualou o partido o Ameixenda o marcar Pikero de penalti por man dun defensa protestada polos locais. Ata o descanso dispuxeron os dous equipos de varias ocasións de gol, pero os porteiros ou os fallos dos dianteiros evitaron que se movese o marcador ata que xa no desconto e nunha posición protestada polos visitantes, Romero fai o 2-1.

Comezaba a segunda cun erro do porteiro local que permitiría que Pablo empatase de tiro raso que lle pasaba por debaixo das pernas. A partir de aí algunha ocasión para o cadro de Cali que se atopou cun gran Rivers, que permite que os ceenses puntúen por segunda semana.

 

Xallas B - Seaia (1-0)

  • Xallas: Alex Barbeira, Jota, Becerra, Michu, Fidalgo, Steven, Doriño, Geli, Nando, Sergio Barbeira. Tamén: Amarelle, Sergio, Joel, Isaac e Dani Barbeira.
  • Seaia: Anxo, Anxo, Hugo, Jorge, David, Toni, Juni, Luís, Diego, Fabián, Isaac. Tamén: Pablo, Martín Costa e Jose Suárez.
  • Gol: 1-0, m.90: Dani Barbeira.

Costoulle ao filial xalleiro desfacerse dun gran Seaia, que chegaba con moitas baixas, e que mesmo tivo que meter un xogador de campo, o dianteiro Isaac, baixo paus, pola lesión á hora de xogo de Anxo.
. Saíu o cadro local coa súa formación habitual, intentando chegar por banda, con chegadas como as de Barbeira ou Doriño, ou un tiro de Nando que repelía o longueiro tras tocar en Juni.

O Xallas seguía percutindo, pero o balón non quería entrar, e o tempo ía pasando, mentres os malpicáns ían cando por lesión, quedando mesmo os últimos 10 minutos con 10 pola lesión de Juni. Apretaba e apretaba o Xallas, que via como a insistencia tiña premio, xa co m.91, co gol do pequeno dos Barbeira.

 

Resultados e clasificación en futboldacosta.com.

Máis Crónicas da 3ª Galicia.

Repaso aos Pichichis das Ligas da Costa

Comentarios