3ª Galicia: Moitas espadas afiadas
Coa Copa da Costa xa na mente de todos disputábase a 4ª xornada desta 3ª Galicia que se perfila como moi fermosa, igualada, cunha marea de aspirantes a todo segundo o que estamos vendo.
Ademais do Xallas, xa só no alto da táboa, ata a 9ª praza están en apenas 2 puntos. Cerqueda, Malpica, Buño, Sogán B, Sooneira, Oza, Laxe, Zas, e mesmo o Corcubión, poderían loitar nas 2 prazas de ascenso directo ou as 4 de promoción.
Laxe - Xallas (0-2)
- Laxe: Jacobo, Jose, Guzmán, Elou Liñares, Samuel, Pedro, Adrián Lema, Carrraete, Manu Suárez, Saleta. Tamén: Jacinto, Manue, Adrián, Roi e Sergio.
- Xallas: Iván Couto, García, Asier, Dani Picallo (Peke), Chaski; Stive, Doro, Rodri (Sergio Barbeira); Forján, Nando e Rubén Blanco (Rubén Sande).
- Goles: 0-1, m.55: Nando cunha vaselina tras un pase filtrado; 0-2, m.90: Rubén Sande nunha contra.
Partido da zona alta, con moita calor, na que o Laxe fixo unha gran primeira metade, presionando ben, roubando rápido ante a imprecisión dos visitantes, e chegando con facilidade á area de Iván Couto.
Na segunda, cos cambios deron un paso adiante, e pronto o poderío físico de Rubén Sande permitíalle ter varias ocasións que salvou un grandísimo Jacobo. Pouco a pouco o fondo de armario e o físico ía decantando o partido para os xalleiros. Así chegaban o fermoso gol de Nando, moi enchufado cara gol. O Laxe intentou reaccionar, e a pesar do baixón, intentaban balóns ás costas da defensa ou forzar faltas para apretar a balón parado. Foi no desconto cando un rapidísimo Sande sentenciaba á contra.
Lira - Seaia (3-1)
- Lira: Raúl, Isaac, Cartamil, Amoedo, Ángel, Isma, Migurl, Rubén, Pablo, Juan e Gael. Tamén Alexis, Marcos, Arón, Oli e Alexis Lago.
- Seaia: Senén, Abde, Mario, Alex Mato, Diego, Luisma, Añón, Martín Souto, Camilo, Charro e Bastón. Tamén: Anxo, Pablo, e Martín Costa.
- Goles: 1-0, m.6: Gael; 2-0, m.8: Rubén; 3-0, m.40: Roberto Amoedo; 3-1, m.44: Mario.
O Seaia en bloque baixo esperaba a un Lira que comezaba dominador, e que en 10 minutos xa deixaba o partido encarrilado. O Seaia seguia apretando distancias na segunda, e reduciu distancias pero sen poder meterse de cheo no partido.
Oza - Sofán B (1-1)
- Oza: Brais, Alberto, Lavandeira, Diego, Casais, Alex Vázquez, Hugo, Nacho, Edu (Vilariño), Nico (Pace) e Iván Mato (Abib).
- Sofán B: Pablo Pose, Iván Fdez., Marci, Raúl, Eloy Cabeza, Dani Calvete, Villajos, Adrián, Eirís, Brais Calvo e Borja. Tamén: Dani Villajos, Lucas, Manu Cancela, Roi.
- Goles: 0-1, m.32: Adrián; 1-1, m.40: Nacho marcou un golazo de tixeira.
Primeiro derbi entre o Oza e o filial do Sofán, moi intenso, moi quente o vivido no Carral. O Oza foi superior na primeira metade, pero sen acerto cara gol, tendo ocasións nas dúas áreas. De feito os dous tantos acontecían no primeiro tempo. O segundo foi máis bronco, máis quente, e a expulsión de Eloy Cabeza, deixou aos seus con 10 con media hora por diante.
Buño - Zas (1-3)
- Buño: Paco, Martín (Elías López, m.59), Javi (Miguel Mallo, m.67), Alán (Sergio, m.80), José, Miguel Dourado, Fran (Isaac, m.67), Kevin (Andrés, m.59), Breo, Elías Suárez e Brais.
- Zas: Jimy, Anxo, Darío, Peke, Andrés, Adri, Javi Suárez, Juan, Álvaro, Iván, Lucas (Rony, m.80).
- Goles: 1-0, m.9: Miguel Dourado; 1-1, m.26: Javi Suárez; 1-2, m.38: Lucas de penalti; 1-3, m.90: Rony.
Duelo no alto entre dous aspirantes a loitar polo ascenso. Comezaba o partido cun Buño máis enchufado e sendo dominador do mesmo, facendo valer ese dominio cun gol de Miguel Dourado que aproveitaría unha gran asistencia de Elías Suárez para definir á perfección unha boa xogada colectiva dos seus.
Este gol faría que o equipo local se relaxase e o Sporting Zas daría un paso á fronte para ter máis control, aínda que sen crear excesivos problemas sobre a portería defendida por Paco. Aínda así, Javi Suárez poñería as táboas cun disparo dende a frontal que tocaría nun defensa para despistar ao porteiro oleiro.
Pouco despois, Lucas aproveitaría unha pena máxima para darlle a volta e que se chegase ao descanso co 1-2 no marcador.
Tralo paso por vestiarios, o Zas puido sentenciar ao principio, pero o Buño buscou a igualada, tendo máis dominio do balón e segundo pasaban os minutos, ía rondando a área zasense, unha vez mediada a segunda metade, xa co Zas con 10 pola expulsión de Juan, o control dos locais sería total e os de Ordóñez sacarían ata tres balóns baixo paus, e incluso, os oleiros reclamarían unha pena máxima de Peke sobre Brais, moi similar a acción que desencadeou no 1-2.
Jimmy tamén tería que intervir nun disparo lonxano de Elías Suárez que o gardameta visitante enviaría a córner cunha gran estirada. Xa co Buño volcado en busca dun empate que faría xustiza ao que se estaba vendo sobre o terreo de xogo e co tempo cumprido, un erro dos locais permitiría que Rony fixese o definitivo 1-3.
Malpica - Pereiriña (3-0)
- Malpica: Lamas, Pablo, Jorge Parga, Fran, Aitor, Samuel, Eloy Vilas, Cristian, Aday, Calvelo e Ibra. Tamén: Arcay, Luismi, Alex Costa, Lou e Alberto Hombre.
- Pereiriña: Isma Antelo, Brais Lagoa, Pablo Trillo, Adrián Ozón, Fabián, Tebo, Diego Oca, Esteban, Jose, Maelo, Charly. Tamén: Xacobe, Jicho, Esteban, Chiru.
- Goles: 1-0, m.2: Ibra; 2-0, m.17: Ibra; 3-0, m.90: Ibra.
É outro este Malpica, o que supón unha gran alegría para Federico e toda a parroquia, sostenido por un medio do campo tremendo formado por Eloy, Aday e Cristian, apoiados nun Ibra arriba moi acertado (leva 8 gole xa), faille aspirar a todo.
O equipo ceense empezaba sen tensión, sen intensidade, aos 2 minutos Ibra abría o marcador nunha falta que rebota na barreira e despista a Isma. Pouco despois, nun erro defensivo, Ibra facía o segundo, e o Malpica fixo unha primeira metade fermosa, das que fan afección.
Na segunda, os de Joaquín Quintáns subiron liñas e intentaron achegarse no marcador, pero as mellores ocasións foron á contra por banda de Ibra, que completou o triplete contra o final.
Ameixenda - Cerqueda (0-4)
- Ameixenda: Costa, Maldonado, Evaristo, Juan, Brais, Elhadji, Torices, Óscar (Rois, m.62), Castreje (Barreiro, m.17), Canosa (Dani, m.62) e David.
- Cerqueda: Mario, Marcos Pensado, Dani Reixía, Samuel, Palermo, Íker, Jesús, Eloy, Cristian Velo, Julián. Tamén: Alex, Gus, Rubén Fdez., Rubén Fuentes, Andrés.
- Goles: 0-1, m.12: Eloy Suárez; 0-2, m.38: Suso; 0-3, m.44: Palermo; 0-4, m.51: Eloy Suárez.
No Cubaleiro, polas obras do San Paio de Refoxos, xogou o choque deste Ameixenda aínda en construción. En canto ao partido, o Cerqueda foi quen levou o dominio do xogo, ainda que o Ameixenda saiu un pouco mellor que nas anteriores xornadas. Pero en canto recibe, o cadro ceense, descéntrase.
Soneira - Nantón (6-2)
- Soneira: Martín, De la Sierra, Adrián Sendón, Álvaro, Alberto Mouzo, Brais Pereira, Lemus, Adrián Pereira, Richi, Vía e Basti. Tamén: Dylan, Sebas, Fernado, Javi e David.
- Nantón: Guille, Fran, Muíño, Miguel, Carlos Vidal, Roi Fachal, Iván Moreira, Redondo, Tato, Santi Morira e Alberto Fuentes. Tamén: Adrián Abelenda, Dani Andrade, Fernando, Kevin.
- Goles: 1-0, m.4: Brais Pereira; 2-0, m.30: Basti; 3-0, m.40: Richi; 3-1, m.44: Redondo; 4-1, m.60: Basti; 5-1, m.71: Vía; 6-1, m.80: Basti; 6-2, m.86: Dani Andrade.
Empezaba o choque cun erro da defensa cabanesa e o primeiro tanto dos soneiráns. A calor non impediu que o Soneira dominase o choque, se ben unha internada de Iván puido ter sido o empate. Á media hora Basti e Richi daban conta de que están nunha categoría que lles queda pequena. Antes do tempo de lecer o Nanton acurtaría distancias por medio de Redondo.
Empezou mellor o cadro de Jorge Calvete na segunda, que a piques está de meter o segundo tras un pase filtrado de Redondo no que Santi se precipita. O Soneira dominaba e ampliaba a renda, recurtando no treito final cun tiro de Dani Andrade.
Novas relacionadas
CRÓNICAS DA 3ª GALICIA
- X.3: Xallas e Buño quedan sós no alto da táboa.
- X.2: 3ª Galicia: Zas e Cerqueda avisan a Xallas e Soneira.
- X.1: 3ª Galicia: Xallas e Zas presentan credenciais e o Sofán B avisa ao Soneira.