3ª Galicia: O Porteño frea a un gran Xallas B
- As táboas en www.futboldacosta.com.

O partidazo da xornada se xogou na Grixa, con dous perfís moi diferentes que medían forzas. Finalmente, os puntos quedaron na casa, para o peto dun Porteño que se mantén líder en solitario, ante un filial xalleiro que segue deixando moi boa impresión, e moi bo rollo, por cada campo que pasa.
Por detrás, Oza e Corcubión manténse a 3 puntos (con 2 sobre o Xallas B), tras sumar os carballeses a 5ª vitoria consecutiva ante o precario e voluntarioso Castrelo; e ante un bo Seaia, respectivamente. O Pereiriña cazou ao Laxe na loita pola 6ª praza, mentres o Ameixenda-Camelle foi adiado polas baixas por covid do cadro ceense.
At. Pereiriña - Laxe (2-1)
- At. Pereiriña: Ézara, Isma Graíño, Jose, Fabián, Borja, Chiru, Carlos Leis, Tebo, Tonecho, Brais, Kevin. Tamén: Tito, Senlle, Grille e Roi.
- Laxe: Eloy, Christian, David Mohedano, Sergio, Álvaro, Jacinto, Galeano, Elías, Bieito, Martin Carra e Óscar Toja. Tamén: Felipiño e Torrado.
- Goles: 1-0, m.38: Tebo; 1-1, m.76: Bieito; 2-1, m.90: Rubén.
Partido intento e vivido ata o final no San Paio de Refoxos que permite ao cadro ceense cazar aos laxenses. N choque no que as lesións foron protagonistas, pois o Pereiriña sufría 3 lesionados que os deixaba con 10 sobre o cambio, por ter só dous cambios sans, mentres que as lesións do mítico Óscar Toja aos 2 minutos, e de Mohedano, deixou aos de Cali tamén en cadro.
Dominou algo máis o cadro ceense na primeira metade, tentando mover o balón. Adiantaríanse por medio de Tebo nesta xogada a balón parado:
Na segunda, o Laxe esperaba e buscaba as contras con perigo. Xa avisara cun balón ao longueiro, e nunha delas empataba Bieito, ao que respondía o cadro local cun par de balóns aos paus. E cando o partido parecía que o partido esmorecía en empate, no desconto, unha saída a medias de Cristian permite a Rubén facer o gol da vitoria, tras varias decisións arbitrais que sacaron do partido aos visitantes.
Vitoria moi sufrida do Pereiriña ante un Laxe moi correoso e voluntarioso que puido saír con empate merecido.
Oza - Castrelo (2-0)
11 do Castrelo
- Oza: Gesto, Casais, Lista, Vilariño, Iago, Alberto, Alex López, Gonzalo (Pace, m.75), David LP, Brais (Josiño, m.70), Nacho.
- Castrelo: Domingo, Esteban, Luís Roget, Iván Chans, Dani Picallo, Regueira, Félix Roget, Agustín, Gus, Roi, Sergio.
- Goles: 1-0, m.41: David LP; 2-0, m.67: David LP.
Con 11 xustos (entre eles dous recén vacinados) presentábase un Castrelo con eternos problemas de efectivos. O choque estivo controlado polos locais, ante unha defensa e un porteiro vimianceses que estiveron moi acertados. Por banda dereita, co gran despregadura do lateral Javi Vilariño, o Oza facía dano e, ademais de mandar varios balóns á madeira, facía un gran centro para que David LP abrise o marcador antes do descanso.
Intentou, case sen folgos, o Castrelo na segunda metade, pero o goleador carballés sentenciaría no ecuador.
Porteño - Xallas B (3-1)
- Porteño: José Porto, (Kevin xuvenil, m.85), Pejo, Caamaño (Yeray, m.75), Manoliño, Ángel, Joseba, Juan oVello, Marquiños, Martín e Edgar (Brais, m.60).
- Xallas B: Brais, Becerra, Steven, Jota, Michu; Fidalgo, García, Geli; Nando, Balsa e Barbeira. Tamén: Álex Barbeira, Iván, Jairo, Doriño e Dani Barbeira.
- Goles: 1-0, m.20: Pejo tras un córner; 2-0, m.30: Pejo; 2-1, m.55: García de penalti; 3-1, m.65: Martín tras unha xogada complicada.
Fermoso partido o vivido na Grixa, cun cadro xalleiro que comezaba apretando moi arriba, e merecendo meterse por diante cun primeiro cuarto de hora de ritmo altísimo. Pero aguantaron o chaparrón os de Cousillas, que se adiantaban nun córner por medio de Pejo, o mellor do partido adiante, e atrás, con este tanto de córner:
Un dos goles do líder da 3°, o Porteño, na Grixa, ante o @XallasFC B!!#FutboldaCosta pic.twitter.com/POrBa2kT1N
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) January 23, 2022
Fixo dano o gol e entraron as dúbidas nos xalleiros, que permitiron marcar o segundo, de novo por medio de Pejo.
Tardaron en repoñerse os verdes, pero na segunda metade metíanse de novo no partido tras unha man clara dentro da área. E aí estiveron a piques de empatar, con varias chegadas que salvou o porteiro e a defensa local. No ecuador, o terceiro tanto nunha xogada algo embarullada, e a expulsión de Jairo acabaron co partido.
Seaia - Corcubión (2-3)
- Seaia: Anxo, Hugo, Adrián Parga, Anxo, Jorge, David, Luís, Toni, Joel, Juni, Mario. Tamén: Diego, Piña, Jose, Fabián e Martín Costa.
- Corcubión: Marcos, Eli, Fran, Mario, Nacho, Rubén, Goche, Lema, Martín, Lu e César. Tamén: Gorka, Tori, Tano, Eva e Tono.
- Goles: 0-1, m.5: Mario tras un córner; 1-1, m.15: Juni; 2-1, m.30: Juni de penalti cometido sobre el; 2-2, m.44: Luís; 2-3, m.70: César.
Empeza a recuperar efectivos o equipo corcubionés e recuperar as boas sensacións de xogo, e notouse en Pedra Queimada. Ademais púxoselles o partido de cara moi cedo aos de Nito, cun gol de córner de Mario na primeira ocasión do partido. Pouco durou a tranquilidade pois nunha contra ben levada o Seaia faría o empate por medio, quen se non, de Juni. Pouco despois, o mesmo Juni sufriría un penalto protestado polos visitantes, que aproveitaría para facer o seu 10º tanto.
Antes de chegar ó descanso, aproveitando un erro defensivo dos locais, Luis faría o empate para os visitantes.
Xa na segunda os de Chols esperaban atrás buscando as contras ante un corcubión máis dominador. Nunha desas contras, Luís tería o gol da vitoria, pero foi o Corcubión, nun bo centro de Lu que remataría César o que anotaría o gol da vitoria.