Xoves. 28.03.2024
El tiempo

3ª Galicia: Remata a primeira volta con dous nomes propios e a Promoción moi aberta

Montelouro-Seaia-Foto-Edu Olveira
Imaxe do Montelouro-Seaia-Foto-Edu Olveira
3ª Galicia: Remata a primeira volta con dous nomes propios e a Promoción moi aberta

Descansaba o Outes e perdía os dous primeiros puntos o Camariñas, pero a táboa, no ecuador da liga regular, marca unha fenda de 7 puntos entre o segundo clasificado co 3º. O Camariñas, único invicto, xunto co Corme, das ligas da Costa, saca 3 puntos ao cadro da Serra, sendo os dous os claros favoritos para o ascenso directo.

A promoción estará moito máis complicada, se ben o Montelouro e o Nantón pegaron esta semana un bo salto. Camelle, Laxe e Seaia pelexarán seguro por meterse, pero Ameixenda e Corcubión, moi reforzado, buscarán non perder o tren e pelexar ata o final.

 

Montelouro - Seaia (1-0)

11 do Montelouro-Seaia-Foto-Edu Olveira
11 do Montelouro--Foto-Edu Olveira

  • Montelouro: Marcos, Abel, Borja, Chouza(minos, 70), Pablo, Raúl, Dani, Riki, Miguel (Rapante, m.70), Yeray, Geiko.
  • Seaia: Recarey, Parga, Iván, Vistas, Sergio, Toni, Miíchel, Quintas (Pablo Souto, m.65), Loureiro (Fabián, m.60), Jorge e Pablo.
  • Gol: 1-0 m.88: Minos.

Partido de empate a ceros que rompeu, no m.88 Minos cun tanto protestado polos visitantes por posible fóra de xogo. Comezaba o choque co cadro de Juan Porrúa, a pesar das baixas, dominante, no físico como co balón, cun Miguel facendo moito dano por banda, e un Geiko que remataba todo, pero que non daba superado a un bo Recarey. O Seaia tamén lanzaba algunha contra.

Na segunda, o Montelorou volcaba o campo cara a meta dos de Da Silva, pero Riki, Geiko e Rapante non podían coa ordenada defensa e o porteiro malpicán, moi seguro por alto. Cando o partido parecía que ía ao empate, apareceu a xogada polémica que Minos non desaproveitou para sumar 3 puntos que meten unha distancia de 5 entre ambos.

Montelouro-Seaia-Foto-Edu Olveira 2
Montelouro-Seaia-Foto-Edu Olveira 

Castrelo - Camariñas (1-1)

Castrelo 11
11 do Castrelo-Foto-Vane

  • Castrelo: Iván, Chans, Luis, Darío, Gustavo (Quintelo); Picallo, Stiven, Maikol, Roi (Miguel), Capote e Adrián.
  • Camariñas: Pablo, Soule, Rodri (Fran), Oli (Jesús), Carlos, Brais Alonso (Moriño), Miki (Roi), Pablo, Mario, Nazo e Brandon.
  • Goles: 1-0, m.12: Adrián; 1-1, m.18: Mario.

Partido disputado no que o irregular Castrelo, o pechacancelas, conseguiu prantarlle cara a todo un líder. Dominou o cadro camariñán, ante un Castrelo ben armado que buscaba contras polas bandas, quedando un partido moi disputado na medular con ocasións nas dúas áreas. Adiantouse o cadro local cun tanto de Adrián que non desaproveita un pase longo de Capote. O Camariñas, que botou de menos a Javi, e tiña a Soule moi controlado, non daba chegado con perigo pero pronto igualaba.

Na segunda o líder foi polo partido, con máis agresividade e máis ocasións, tendo a defensa local que sacar dous balóns baixo paus. O marcador non se movería e o líder perdeu os dous primeiros puntos da temporada.

O colexiado deixou sinalado na acta dous sucesos que poden ampliar a sanción ao adestrador camariñán Berto. Aínda estaba sancionado trala sanción de 10 partidos, e o colexiado expuxo que entrou no vestiario, irregularmente, antes do partido, e que polo medio o indetificiou chamándolle “burro” e dicíndolle “non tes nin puta idea”.

 

Camelle - Laxe (2-2)

  • Camelle: Calipo, Dido, Pablo, Valiña, Ucho, Maka, Marcelino, David Camelle, Adrián, Ruso (Rodri, m.10) e Mario.
  • Laxe: Eloy, Íñigo, Bieito, Andrés, Borga, Jacinto, Adrián, Óscar Toja, Naya, Carra, Santi. Tamén xogaron: Gora, Santi V., Dani e Manuel.
  • Goles: 0-1, m.40: Adrián; 1-1, m.54: Adrián; 1-2, m.56: Santi Casas; 2-2, m.70: Adrián.

Un partido complicado polo estado do terreo de xogo do Rodeiro, que fai que os choques sexan unha lotería máis que un partido de fútbol, cun Camelle con moitas baixas e mesmo cos 3 porteiros entre os 15 convocados. Os goles ían caendo en función dos erros, esvaróns e demais situacións provocados polo céspede. Adiantou ao fío do descanso o cadro de Antelo, e conseguían empatar os de Ordóñez ao comezo da segunda. Pero volvía pegar o cadro visitante, xusto despois da expulsión do lateral local Ucho.
Con 10 pelexou o Camelle ata o final e conseguía empatar, deixando en Laxe a sensación de que se lle escaparon dous puntos.

 

Corcubión - Porteño (3-1)

  • Corcubión: Marcos, Camacho, Lema, Pablo, Joaquín, Adán, Mario Suárez, Alán, Cali, Chiru e Tito. Tamén: Evaristo, Lagoa, Antón Lestón, Castillo e Gabi.
  • Porteño: Brais Nion, Brais Campaña (Manu), Pejo, Anxo, Robinho (Casacho), Ángel, Cami, Vicente (Josiño), Cachi (Edgar), Joseba, Sergio (Jose).
  • Goles: 1-0, m.11: Tito; 2-0, m.30: Tito; 2-1, m.73: Jose; 3-1, m.90: Lagoa.

Partido dominando por este Corcubión que vén de menos a máis e cos reforzos das últimas semanas pica cara arriba. Os de Nito adiantábanse cos dous tantos do punta Tito, tras sendos pases entre liñas de Alán.

Na segunda parte o Porteño subía líñas para presionar máis arriba, e asume máis dominio de balón. Reducía distancias e nos últimos 15 minutos tivo cerca o empate, pero nunha contra Lagoa faría o da tranquilidade xa no desconto.

 

Nantón - Ameixenda (4-1)

Ameixenda 11
11 do Ameixenda nas Fontiñas

  • Nantón: Guille (Jose, m.85), Fran (Javi, m.65), Pasarela, Costa, Eloy, Redondo, David (Bardanca, m.70), Rúper, Cristian, Pastor e Josiño (Maikel, m.57).
  • Ameixenda: Rubén, Nico, Louro, Samuel, Ariel (Fer, m.58), Pablo Trillo, Ezequiel (Jose Angel, m.46), David Marcote, Gabri, Adrián Torices (José Ángel, m.58), Carro (Ezequiel, m.68) e Javichu.
  • Goles: 1-0, m.8: Josiño; 2-0, m.10: Josiño; 3-0, m.33: Josiño; 4-0, m.67: Pastor; 4-1, m.82: Ezequiel.

Saíron os rapaces do Ameixenda pouco tensionados e cando se quixeron dar de conta xa perdían 2-0 ós 10 minutos, os dous goles de Josiño. O partido perdeu intensidade pero Josiño aínda completaría o seu triplete á media hora, dando conta de 45 bos minutos dos de Fachal.

No segundo tempo o cadro de Julio Vila saíu mellor, máis resolutivo en defensa e chegando con certo perigo a área do Nantón. Pero foron os locais os que marcaron á saída dun córner, por medio de Pastoriza de cabeza. Intentou marcar o Ameixenda e nun balón chovido, Costa e Guille non se entenden e Ezequiel consigue o 4-1 definitivo.

 

Todas as crónicas de 3ª Galicia

 

As táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios