Domingo. 06.10.2024
El tiempo

4 xogadores do Fisober adestraron coas seleccións galegas

  • FSF: O sénior feminino volveu demostrar a súa forza na casa
Pablo Costa-Adrian-Raul e Iago do Fisober coa Seleccion
Pablo Costa, Adrián, Raúl e Iago adestraron este luns coa Selección Galega
4 xogadores do Fisober adestraron coas seleccións galegas
Se ben o equipo sénior feminino do Fisober segue a mostrarse moi forte no Conco cun novo triunfo, a semana para a familia Fisober vén marcada pola convocatoria de 4 dos xogadores das categorías inferiores do Fisober coas Seleccións Galega.

Este luns o muxián Raúl Lema adestrou en Guitiriz coa Selección Alevín, mentres que os Pablo Costa Carabel (Dumbría), Adrián Trasmonte Baña (Corcubión) e Iago Insua Casais (Fisterra) fixeron o propio coa Infantil. Toda unha experiencia.

Preferente Galicia, x.19

  • Resultado: FISOBER FSF – SD A GAIOLA (3-2)
  • FISOBER: Sharay, Paula Fandiño, Nuriña, Uxía, Saray; tamén xogaron: Lucía Martínez, Adriana, María Dumbría, Lucía Canosa.
  • Goles: 1-0 min 4 Uxía, 1-1 min 9 Sara, 2-1 min 15 Lucía Canosa; (descanso) 3-1 min 28 Paula Fandiño, 3-2 min 30 Estela.
Lucia Canosa marca o 2-1 para o Fisober
Lucia Canosa marca o 2-1 para o Fisober

O partido comezou como foi moi parexo, a primeira gran oportunidade foi para as visitantes despois dunha perda das costeiras. A resposta foi por parte de Paula Fandiño que no seu tiro cruzado vía como Bea Lista evitaba o gol. No minuto catro un roubo de Uxía e unha parede con Saray remataba con gol desta última para poñer en vantaxe as locais. Despois primeiro Nuriña e despois Adriana case aumentan distanzas. Despois dúas grandes oportunidades de Paula Fandiño que se atopaban ca porteira Bea Lista en ambas. Pero aos nove minutos unha contra das santiaguesas propiciaba a igualada co gol de Sara adiantándose a Sharay. Unha Sharay que tiña que intervir pouco despois para evitar o gol visitante.
Aos quince minutos aparecía Lucía Canosa quen despois dunha xogada individual marcaba cun tiro a media altura bicando o pau.

A volta dos vestiarios todo seguía igual, a primeira ocasión foi para as locais cun envío de María de Dumbría para Saray que mandaba o seu lanzamento ao pau. O Fisober intentaba facer posesións longas para controlar o partido neste segundo tempo. As ocasións aparecían primeiro cun envío de Paula Fandiño e logo cun de Adriana que despois dun rebote remataba no longueiro. Mediada esta segunda metade despois dun saque de esquina un lanzamento exterior de Paula Fandiño remataba co tres a un.
Co gol apretou máis o conxunto visitante para intentar voltar ao partido. Primeiro cunha contra e logo cunha xogada que despois da primeira parada de Sharay o rexeite quedaba para Estela que voltaba a poñer o partido nun pano.

ledicia no Fisober
Ledicia na familia Fisober trala vitoria na casa

Novas do FSF

Crónicas do FUTFEM

Novas do Álbum do FUTFEM Galego

Comentarios