FSF: O Fisober non puido sumar ante o Lieders
Non puideron as costeiras do Fisober o pasado sábado no Pavillón do Palomar en Lugo no Ribeira Lieders, un dos equipos máis en forma da competición e que dende outubro tan solo perdera fronte ao líder. As locais estiveron sempre moi metidas no partido e moi intensas, e levaron a maioría dos balóns divididos.
Liga Autonómica-Preferente, xornada 18
- Resultado: RIBEIRA LIEDERS – FISOBER FSF (3-1).
- FISOBER: Sharay, Adriana, Paula Fandiño, María Dumbría, Uxía ; tamén xogaron: Lucía Martínez, Carre, Saray.
- Goles: 1-0 min 4 Violeta, 1-1 min 5 Uxía, 2-1 min 10 Helena, (descanso), 3-1 min 26 Helena.
Saían as locais arriscando, con xogo de 5 a cada xogada a balón parado, e nunha desas foi a porteira local Violeta a que poñía en vantaxe as lucenses. Pouco tardou o equipo costeiro en reaccionar con gol de Uxía despois dunha boa xogada a contra. As locais voltaban a poñerse por diante uns minutos despois cun gol de Helena. Na primeira parte as costeiras aínda puxeron en apuros as locais cun tiro ao pau de Uxía, un man a man de Adriana e outro de María Dumbría e con algún tiro lonxano de Paula Fandiño.
Ao inicio da segunda metade o Fisober notou o cansancio e non entrou tan metido coma na primeira metade. O dominio era do conxunto lucense que probaba unha e outra vez a unha Sharay moi atenta que se converteu na protagonista. Co terceiro gol local, case se deu por rematado o partido xa que as lucenses o controlaban e as costeiras apenas creaban perigo. As mellores ocasións visitantes foron de Saray e Lucía Martínez para intentar recortar.
O vindeira xornada será fronte ao Gaiola a fin de semana do 20 de febreiro, pero a próxima fin de semana podería recuperarse o aprazado fronte A Fervenza.
CATEGORÍAS INFERIORES FISOBER
Tres partidos para as categorías inferiores do Fisober no que se recuperou un aprazado no seu día por casos Covid e no que o partido dos infantís foi suspendido por ese mesmo tema.
O conxunto cadete másculino tivo dobre xornada na Liga Galega Cadete masculina, visitando primeiro ao Imafer O Parrulo B en partido disputado na tarde do venres no P. A Malata de Ferrol con resultado de 4 a un a 1 dos departamentais. Xa o sábado, no Conco, triunfo costeiro por 5-2 fronte ao ADC A Piringalla.
Na Liguiña da Copa Galega Cadete Feminina no Fisober visitaba, cheo de baixas, ao Pescados Rubén Burela caendo por 9-1.
Novas do FSF
- FSF: O Fisober consegue endosarlle a primeira derrota ao líder e o Amarelle Santa Comba segue imparable.
- FSF: O Fisober afianza un empate no Carballiño que alonxa o perigo.
- FSF: O Fisober escapa do perigo dende Vigo.
- O Fisober despide o ano con sorriso.
- FSF: As televisivas do Fisober volven cun empate de Vigo.
- FS: O traveseiro evitou alegrías para Fisober e Villa de Cee.