Martes. 22.10.2019
El tiempo

A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa - QPC

A emoción, protagonista da Gala do Fútbol da Costa - QPC
Foto de Familia da Gala do Futbol da Costa-Foto-David Castro Foto de Familia dos gañadores da Gala do Fútbol da Costa-QPC 2017 en Muxía-Fotos-David Castro Noite protagonizada pola emoción a vivida este pasado venres 16 de xuño no Salón de Actos do Voluntariado. A IV Gala do Fútbol da Costa - QPC volvía servir de punto de encontro para todo o fútbol costeiro, dende Malpica ata a Serra de Outes, para escoller aos mellores do curso. Pero foron os momentos de emoción os meirandes protagonistas do evento. Preto das 200 persoas estremecíanse cando Alpha Fall Seck subía ao escenario a facer entrega do Premio Abdoulaye ao Fútbol Base. Un premio que serve para reter na memoria a ese rapaz muxián-senegalés que nos deixaba antes de tempo. Alpha non puido conter a emoción e as súas bágoas sobre o escenario e o auditorio rompía nun aplauso tremendamente emotivo. Alpha Fall Seck lembrando ao seu irman Abdoulaye na Gala do Futbol da Costa QPC Alpha Fall Seck lembrando ao seu irman Abdoulaye na Gala do Futbol da Costa QPC Fran Hermida director da Gala do Futbol da Costa-QPC 2017 Fran Hermida, a Voz do Fútbol da Costa, volveu guiarnos na Gala do Fútbol da Costa Ata o propio presentador da gala, Fran Hermida, xefe de deportes de Radio Coruña-Cadena ser e o que será sempre a eterna Voz do Fútbol da Costa (como así llo quixo recoñecer o equipo de QPC cun agasallo sorpresa ao final da Gala) quedou tocado. Pero coa súa mestría soubo saír do paso agradecendo a presencia da familia e lembrando no nome de Abdou. Para destensar o ambiente aparecía e desaparecía en escea David Permodo, o coruñés fetén, que fixo rir a esgalla cos seus coñecementos futboleiros a toda a bancada. Fantásticas actuacións as do SuperKoruño en Muxía. David Perdomo na Gala do Futbol da Costa-QPC 2017 David Perdomo fixo rir a toda a bancada O acto contou coa colaboración do Concello de Muxía e da Federación Galega de Fútbol, que oficializou estes premios coa súa presencia, permitiu que os trofeos da Olería de Buño (feitos cas mans de Eloi Mancebo de Feituras) collesen unha maior dimensión, e deu cor ao escenario coas Copas da Costa (que xa non son aqueles chupitos de antaño) e agasallou aos premiados con varios polos, uns packs de balóns e permitiu que sortease ao final un par de camisetas da Selección Galega. Deixámos varias fotos por aquí pero subiremos un completo album de fotos de David Castro ao noso Facebook “Fútbol da Costa”.

28 premios

Foron os últimos da Gala pero sempre son os máis importantes. Máis de 120 persoas do noso fútbol (xogadores, directivos, capitáns, xornalistas, afeccionados…) escolleron coas súas votacións os premios máis importantes. Xallas, Sofán, Dumbría, Baio, Corme e San Lorenzo foron os equipos con máis participación, con protagonismo especial para o cormelán Alejo, que levou 3 premios (Pichichi da Liga da Costa, un dos 3 Mellores Dianteiros do 11 ideal e o de Mellor Xogador). Iván Cancela levou o premio ao Mellor Adestrador, collendo o relevo de Manu Roque. O Dumbría levou o Premio ao Fútbol Base, o Premio ao Mellor Equipo, un Zamora e colocou 4 xogadores no 11 ideal (Raúl, Aarón, Diego Cespón e Adrián Makaay). Suso da Torriña e Alejo, os premiados cormeláns na Gala Dumbria e os seus premios na Gala do Futbol da Costa A familia do Dumbría e os seus premios na Gala do Futbol da Costa

Premio Bar Bristol de Carballo ao Mellor Xogador

Alejo Premio Mellor Xogador Gala do Futbol da Costa 2017 Antonio Varela fixo entrega do Premio polo Bar Bristol.  

Premio O Semáforo de Fisterra ao Mellor Equipo

Jesús Picallo, alma do Semáforo de Fisterra, entrou o premio.  

Premio Restaurante D’Alvaro á Mellor Directiva

Sofan Premio a Mellor Directiva Gala do Futbol da Costa 2017 Álvaro non puido estar, pero mandou a un protexido como Víctor Alcaina, para facerlle entrega ás xentes do Sofán, que non parar de gañar este premio.  

Premio Fútbol Táctico ao Mellor Adestrador

Ivan Cancela Premio ao Mellor Adestrador Gala do Futbol da Costa 2017 Iván Cancela xa está suscrito a todas as revistas de Fútbol Táctico. Recibiu o premio da súa amiga María Vila.  

Premio Clínica Vertebra e Alicia Novás Podóloga á Mellor Afección

Baio-Premio Mellor Afeccion Gala do Futbol da Costa 2017 Quedaron encantadas Berta Reymúndez e Alicia Novás entregando o premio a varias veciñas.  

PREMIO CALVO 11 IDEAL

Premio 11 ideal do Futbol da Costa 2017 Non puideron estar representantes de Calvo, e foron Corredoira e Juan Villamisar, en representación da Federación os que entregaron o premio.  

Premio Saunier Duval ao Árbitro do Ano

Alberto Bana-Premio Arbitro do Ano Futbol da Costa  

Premio Saunier Duval ao Delegado do Ano

Suso da Torrina-Premio Delegado do Ano Gala Futbol da Costa 2017 Vítor Recarei (con i), primeiro delegado na Costa do Comité de Árbitros, expresou o sentir do colectivo arbitral costeiro e os porqués de participar nesta gala e estrear este premio ao delegado do ano. Marcos Ordóñez, galardoado o ano pasado, fixo entrega dos premios. Colectivo de Arbitros con Louzan na Gala do Futbol da Costa Colectivo de Árbitros con Louzán na Gala do Futbol da Costa

Premio Autocares J. Pombo ao Mellor Equipo de Fútbol Base

Dumbria-Premio Autocares J Pombo ao Mellor Equipo Base Foi o presidente da Federación, Rafael Louzán, o que fixo entrega do Premio de canteira, e entregou un pack de balóns ao cadro dumbriés.  

Pichichis e Porteiros menos batido

Outro dos momentos máis emotivos da noite chegou cando tocou recordar o sorriso de Álex Pombo. Non puido estar o seu irmán José Ramón Pombo, e foi un bo amigo da casa, Alberto Pose, o que fixo entrega deste premio a Iván Bouzón, o Premio Álex Pombo ao Porteiro Menos Batido da Pref. e 1ª. Ademais, Cristian do Ameixenda recolleu o Premio DAFIT ao Pichichi da 3ª a mans de Dani Lema; Alejo recibiu o Premio Vitureira Bouzas ao Pichichi da 2ª; Adrián Makaay recibiu o Premio Roberto Mouro - Reale Seguros (non puido estar na Gala por unha urxencia) ao Pichichi da Pref. e 1ª; o liracho Peipo recibiu o Premio Aluminios Dumbría ao Porteiro menos batido da 3ª a mans de Víctor Trillo e Miguel do Mazaricos recibiu a mans de Miki o Premio Comercial Agrosale de Mazaricos ao Porteiro Menos Batido da 2ª. Trucho de Escola de Porteiros Nordés, entregoulles unhas luvas coas súas tallas. Pichichis e Zamoras da Gala do Futbol da Costa 2017

Premio Especial Abdoulaye ao Fútbol Base

Premio Abdoulaye ao Futbol da Base As iniciativas de unir a canteira dos Concellos Malpica e Zas, Premio Abdoulaye ao Fútbol Base. Iago Espasandín e Óscar Lema recibiron o premio en nome dos Concellos a mans dun emocionadísimo Alfha.  

Premio Clínicas O Burgo Á Acción Máis Deportiva

Muxia e Cristal Premio a Accion Deportiva A homenaxe que Muxía e Cristal lle fixeron en Arliña a Abdoulaye e Cisse foi premiada este ano. Antonio Ares fixo entrega do Premio a Felipe Vilela e Manu Ares.  

Premio Histórico

Tito Luaces Premio Historico do Futbol da Costa O muxián Tito Luaces foi o recoñecido este ano como o Premio Histórico. Un Tito que xa non está con nós, así que a súa filla Cristina, e o seu neto Mateo (estrella total da Gala) recolleron o premio da man de Chema Rei.  

Agradecementos

O equipos de QPC ten que agradecer a colaboración do Concello de Muxía, por acollernos e ofrecernos uns petiscos da Lareira de Papi ao remate da Gala, e nomeadamente a José Noya pola súa inestimable colaboración técnica. Agradecemos tamén á Federación Galega por institucionalizar o evento, e esperamos contar co seu apoio en vindeiras galas. Ádirectiva muxiá pola disposición total á botar unha man, mesmo con eses azafatos magníficos como eran Adrián, Martín, Darío e Pablo. E como non, a todos os patrocinadores que facedes posibles estes eventos. Agradecemos tamén a todos os equipos que tivestes representación e ao tempo lamentamos que outros moitos equipos que ao non ter nomeados aos premios, non fixeron acto de presencia neste evento que pretende servir de nexo.  

Os Patrocinadores

[fbvideo link="https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1329011383884182/" width="800" height="450" onlyvideo="1"]  

Novas relacionadas

As Galas do Fútbol da Costa

Máis información

Fonte

Comentarios