Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A medio camiño… de ningún lado

A medio camiño… de ningún lado
Malpica e Mazaricos son as dúas opcións que manexa a Federación como sede da final de Copa, algo que non gusta demasiado nalgún dos participantes Pedra do Ouro e Pedra Queimada son os dous campos que se barallan para a final da Copa Pedra do Ouro e Pedra Queimada son os dous campos que se barallan para a final da Copa Se a Copa da Costa é unha sorte de Copa del Rey para os clubes da zona, parece obrigado copiar o bo e o malo do torneo español. Non hai que ser un Sandro Rey da vida para intuir o desencanto nalgún dos posibles finalistas coas sedes que manexa a Federación Gallega de Fútbol para a disputa do encontro decisivo. A variable é sinxela: se avanza o Mazaricos, será na Pedra Queimada de Malpica. Se o Xallas remonta, será Pino do Val o escenario, coma homenaxe ás Bodas de Prata da entidade amarela. Os ecos desa nova teñen chegado ata a outra semifinal, e fontes do vestiario sondeadas por QPC teñen amosado unha mestura de incredulidade e cabreo. O razonamento habitual para o acordo entre equipos pasa por un punto intermedio. Por exemplo: Cee-Soneira en Dumbría. Neste caso, xa sexa un Zas ou Soneira, ante o Mazaricos, parece canto menos rebuscado acudir a Bergantiños. A explicación pasa porque o sistema de adxudicación, segundo indica fontes federativas, funciona por petición expresa das entidades reguladoras dos campos. Vaia, que ninguén entre a Terra de Soneira e Terra de Xallas pediu para si unha final. O luns debería ser a reunión en Menéndez Pelayo da Coruña, unha vez se sepan xa os que participarán na que, sexa onde sexa, dará na gran festa do fútbol costeiro.

Sábado ou domingo?

Ademais o Fútbol da Costa espera que se celebre a final o sábado 25, evitando así os Oitavos de Final da Eurocopa ademais das eleccións, que xa impiden a moita xente a poder ir a ver a Finalísima, que ten que ser a gran Festa de todo o Fútbol da Costa.

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios