Domingo. 05.07.2020
El tiempo

A Previa: derbis en Arliña e Xaviña

A Previa: derbis en Arliña e Xaviña
Temos para tódolos gustos nesta xornada que nos espera cara a fin de semana. E antes de meternos en fariña, un comentario que invita á reflexión: ollando o parte de sancións da 1ª xornada da liga xuvenil atopámonos con ¡3 xogadores sancionados con 4 partidos! Empezamos ben, como irá a cousa cando a competición se empece a poñer tensa. Creemos dende QPC que se queremos unhas Ligas da Costa respetadas, temos que empezar por respetalas nos mesmos e cuidar este tipo de cousas. Fútbol limpo e con nobleza, por favor!!! Cee e Ponteceso teñen partidos complicados Xa metidos no estrictamente deportivo, decir que os nosos representantes en Preferente buscarán subir postos na clasificación a domicilio: o Xallas viaxa a Ribadeo e o Sofán á Pobra do Caramiñal. En 1ª Galicia partidos máis que interesantes. Baio, Esteirana e Fisterra reciben a Piloño, Chaián e Tordoia respectivamente, encontros nos que deben facer valer o factor campo. Dumbría e Soneira viaxan a Val do Ulla e Flavia, en encontros verdadeiramente complicados. Na Liga da Costa dous derbis: o Cerqueda - Malpica e o Muxía - UC Cee. En Muxía o equipo local medirá o seu bo inicio de liga ante un Cee que nunca sabes qué versión nos vai a amosar. Falamos con ambos adestradores para que nos reflexaran as súas impresións sobre o partido: Adrian Lema e Felipino co presi muxia AlvaroADRIAN LEMA (Muxía CF) "A pesar da clara vitoria en Buño non foi dos nosos mellores partidos. Quizais a irregular pretempada nos pasou factura, e tamén non estamos frescos e metidos ó cen por cen na competición. De todas maneiras os rapaces loitaron e traballaron ben, están bastante centrados e as incorporacións novas dannos moito. Brais Mouzo danos moita seguridade atrás, e os outros suman coas súas características" " É un derbi o do domingo, pero o equipo controla ben a ansiedade e está moi tranquilo. Sabemos que vai a ser un partido moi duro pero nos enfocámolo como todos os domingos. Traballamos para non confiarnos e facer ben as cousas. En Muxía vai a haber gran ambiente o domingo e vai a ser un partido moi atractivo para o público" " Aínda é moi cedo, pero xa vemos que hai equipos que empezan en boa forma. Corme, Baíñas, Mazaricos son claros favoritos, ou tamén o Ponteceso, que empezaron moi ben, e penso que a pesar da derrota tamén o Volantes de Baño estará arriba" ROSKY (U.C.Cee) "Temos un equipo moi novo e renovado, vamos a ter que ter paciencia, pois as baixas de xente como Nico, Leis, Juan, Parroto ou Charly vanse noter. As incorporacións de xente como Iván e Brais (Meicende), Samuel, Luis Lojo, Pablo Suárez, Maikel ou Berto van a aportar pero temos darlle un voto de confianza. A pretempada non foi a mellor, pois por motivos diversos non adestramos todo o que quixermos. A maioría da plantilla non ten moita experiencia nesta categoría e espero que se adapten o máis rápido posible" "No partido de inicio co Baiñas sabíamos da dificultade polos bos xogadores que ten pero aínda así saíunos un partido moi malo con balón e sen balón. Foron moi superiores en tódolos aspectos, eles xogaron moi ben e controlaron o encontro en todo momento" "Para esta tempada vexo como favoritos a Corme, Ponteceso, Baiñas, Mazaricos e añado ó Muxía que para min foi a revelación do ano pasado e tamén conta con bos xogadores e coa experiencia do ano pasado que os vai axudar en moitos partidos. Se non me engaño son as nosas primeiras 5 xornadas, a ver como saímos de ahí" "Para o partido desta fin de semana espero corregir varias cousiñas e tamén recuperamos xente que nos faltou co Baiñas. Esperamos poder competir en Muxía e lavar a mala imaxe do partido inicial" Bergantinos feminino 18-19 Bergantiños feminino 18-19 Ademáis os favoritos Baíñas, Corme e Mazaricos enfrontan a Monte Louro, Buño e Lira. O Puenteceso - Volantes e o Muros - San Lorenzo do sábado son encontros igualados, e o Ameixenda redebuta na categoría ante o histórico Sp.Zas. Na 3ª Galicia temos un atractivo Porteño - Coristanco. As Baleas e Corcubión tentarán mellorar a imaxe da semana pasada ante Cabana e Camelle, e nos restantes partidos o pronóstico é bastante incerto. Na liga feminina, o Bergantiños viaxa a Ferrol para xogar co Val, e As Miúdas reciben o At. Arousana B despois da concluínte vitoria da semana pasada. Sorte a [email protected]¡

comentarios