Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Selección Sub12 buscará facer historia no Cunchido

A Selección Sub12 buscará facer historia no Cunchido
Presentacion do Campionato de Seleccions sub12 en Outes Manuel Corradoira, Rafael Louzán, Beatriz Molinos, Javier Cao e Óscar Leis na presentación do Campionato de Seleccións sub12 en Outes Campionato de Seleccions sub12 en Outes

Esta mañá de martes 4 de decembro, presentábase no Concello de Outes a primeira fase do Campionato de Seleccións Comarcais sub12. Unha gran oportunidade para a nosa Amarela, que como recoñecen os seus adestradores Barca e Skio, ”ten que dar un paso adiante”.

A pesar de non poder levar a cabo máis que un adestramento (houbo que suspender por dúas veces as sesións por mor das inclemencias meteorolóxicas), afrontan esta primeira fase coa ilusión de facer o maior número de puntos posibles para que durante a segunda se poidan colar, por primeira vez, nunha fase final.

A cita será este xoves 6 de decembro no campo do Cunchido, cun completo día de fútbol base. A Amarela debutará ás 10:30h contra A Coruña, e despois xogará ás 18:15 ante Ourense.

Durante a presentación, tanto a alcadesa da Serra de Outes, Beatriz Molinos, como o presidente do Outes FC, Javier Cao, agradeceron a confianza da RFGF de celebrar o campionato no seu terreo, e destacaron que o fútbol base é a gran sinal de identidade do club.

Dende a Real Federación Galega, o delegado da Costa, Manuel Corredoira, agradeceu a disposición de concello e club, e o presidente da mesma, Rafael Louzán, despois da súa renovación no posto, valorou que Outes é un lugar ideal, como foi o ano pasado Dumbría, pois ademais hai dous rapaces do Outes que van xogar no combinado costeiro. O presidente lembrou que vai ser un día completo en toda Galicia, e espera que saia todo ben.

Corredoira e Louzan no Campionato de Seleccions sub12 en Outes Corredoira e Louzan no Campionato de Seleccions sub12 en Outes

Convocatoria da Selección Sub 12

XOGADORCLUB
FERNÁNDEZ OANES, DYLAN DUMBRIA C.F.
COSTA CARABEL, PABLODUMBRIA C.F.
CAMPOS PRIETO, SERGIOOUTES F.C.
LADO SIEIRA, ELOYOUTES F.C.
SOUTO AREOSA, LUCASSOFAN S.D.
FARIA RELLÁN, KELYANCABANA S.D.
LANDEIRA VILARIÑO, FRANCISCOXALLAS F.C.
REY CASAL, SIMÓNESTEIRANA S.D.
BENLLOCH MARTÍNEZ, ENRIQUEFISTERRA S.D.
MUIÑO FARIÑA, ALEJANDROC.D. CONCELLO ZAS
CASTRO ALDAO, IVÁNPUENTECESO S.D.
CASTRO GARCIA, DANIELPUENTECESO S.D.
TRINIDAD LEO, CARLOSU.C. CEE
DOMINGUEZ LAGO, ISMAELU.C. CEE
 

Máis información

“As Seleccións da Costa presentan o seu organigrama técnico” — Que pasa na costa

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-sub12-comezou-chea-de-ilusion-a-preparacion-do-novo-campionato-galego/ “A Selección da Costa Sub15 consegue un histórico triunfo ante Lugo” — Que pasa na costa “A convivencia, a gran nota positiva na experiencia da Selección da Costa sub-12 en Moraña” — Que pasa na costa

Comentarios