Sábado. 20.07.2019
El tiempo

A sub15 vive Abegondo

A sub15 vive Abegondo
Selecion sub15 en Abegondo-Foto-DiarioDeportivo Selección sub15 da Costa en Abegondo-Foto-DiarioDeportivo Competiron, e competiron moi ben os rapaces da Sub15 este mércores en Abegondo, no segundo dos choques amistosos convocados para este comezo de ano. Despois do bo papel no triangular solidario do Carral, o equipo de Josiño e Martín conseguía un empate ante todo un RC Deportivo da Liga Galega Cadete. Ademais, a rapazada costeira disfrutou dunha visita moi especial. Gracias a Corredoira, o capi do Dépor, Álex Bergantiños, achegouse ata o vestiario para compartir unhas palabras de ánimo, e humildade, aos costeiros. Unha gran experiencia para un grupo que ve como un rapaz da casa consegue triunfar no seu equipo de toda a vida. Alex Bergantinos coa sub15 Alex Bergantiños ao carón de Corredoira no vestiario da sub15

Deportivo Cadete - Selección da Costa sub15 (3-3)

  • Selección Sub15 da Costa: Iván Fraga (Sofan), Isaac Vilar, (Cee) Nico Abelenda (Dumbría), Martín Lodeiro (Dumbría), Guille Eiroa (Zas), Fran García (Seaia), Sergio Paz (Cee), Keko (Outes), Pablo Tuñas (Outes), Manu Castro (Sofán) e Alfredo Vázquez (Cee). Tamén: Manu Nantón (Cabana), Joel Ameijeiras (Zas), Bryan García (Zas), Guille Botas (Sofán), Manu Insua, Xoel Castro (Corme), Iván Blanco (Cerqueda), Martín Rama (Esteirana) e Emilio Castro (Dumbría).
  • Goles: 0-1: Pablo Tuñas (1-1 ao descanso); 1-2: Guillermo Botas; 2-2; 2-3: Pablo Tuñas aproveita o rexeite dun tiro ao longueiro de Fran; 3-3.
Ata tres veces se colocou por diante o cadro amarelo, que fixo un auténtico partidazo e que ben puido terse levado a vitoria. Seleccion da Costa sub15 en Abegondo

Nova convocatoria da sub12

Ademais, e xa de cara á segunda fase do Campionato Comarcal que se celebrará a finais de xaneiro, Skío e Barca veñen de facer unha nova convocatoria da sub12, para un adestramento o luns 14 de xaneiro nas Redondas en Cabana. Estes son os convocados:
XOGADOR CLUB
LEMA LÓPEZ, JAVIER DUMBRIA C.F.
COSTA CARABEL, PABLO DUMBRIA C.F.
LARRAÑAGA LEDO, IAGO DUMBRIA C.F.
CAMPOS PRIETO, SERGIO OUTES F.C.
BLANCO FARIÑA, JAVIER U.D. CERQUEDA
SOUTO AREOSA, LUCAS SOFAN S.D.
PÉREZ CALVO, MARTIN SOFAN S.D.
GARCIA VELO, IKER XALLAS F.C.
REY CASAL, SIMÓN ESTEIRANA S.D.
FARIA RELLÁN, KELYAN CABANA S.D.
EIROA MÉNDEZ, NOÉ CABANA S.D.
CASTRO ALDAO, IVÁN PUENTECESO S.D.
CASTRO GARCIA, DANIEL PUENTECESO S.D.
MUIÑO FARIÑA, ALEJANDRO C.D. CONCELLO ZAS
TRINIDAD LEO, CARLOS U.C. CEE
DOMINGUEZ LAGO, ISMAEL U.C. CEE
 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-sub15-xa-compite-ata-no-frio/ “A sub12 venceu ao Dumbría e a sub15 próbase no Triangular sub” — Que pasa na costa

Comentarios