Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Xornada: análise dos posibles descensos e dos 16º de final da Copa

A Xornada: análise dos posibles descensos e dos 16º de final da Copa
Vanse aclarando as cousas, e algunha vaise complicando co paso das xornadas. Non queda nada, e vamos a facer unha análise detallada de como está a situación, sobre todo en canto a descensos se refire, para que poidades ver se o voso equipo está en problemas ou non. O conto empeza a torcerse na Segunda B. A falta de 1 só partido, hai 3 equipos galegos en descenso directo, máis un cuarto, o Pontevedra, en claro risco de promoción. A debacle pode ser das que fan época, coa posibilidade deses 4 descensos. As esperanzas céntranse en que o Fabril gane en Toledo e lles bote unha man a algún dos galegos. Mínimo haberá 2 descensos. En 3ª a cousa está algo máis lixeira. Con Noia e Negreira virtualmente descendidos, a atención céntrase no Laracha, que ten certas posibilidades de salvación. Agora mesmo ocupa o 3º posto de arrastre, e vencendo na última xornada en Vilalba pode ascender ata o 4º posto de arrastre, que prácticamente os deixaría fora de perigo. Recemos por un triunfo larachés. En Preferente Norte, todavía hai moito que pelexar. O Dumbría deixou escapar unha oportunidade de ouro ante o Arzúa no Conco. Adiantouse no marcador pero no aguantou a vantaxe e agora mesmo está en posición de descenso directo, a 5 puntos dunha posible salvación con 9 en disputa. A SD Sofán, máis centrada na copa, ten 7 puntos de vantaxe máis o average, co que non debe ter problemas, e o Xallas, co seu empate ante o Betanzos, está matemáticamente salvado. Na 1ª Galicia o Baio dou un paso case que definitivo para a salvación coa súa vitoria ante o Riveira. Sen embargo o Fisterra dou un paso atrás, está igualado co Tordoia no posto de descenso que propiciaría o Dumbría se baixa, e ten un calendario moi difícil. O San Lorenzo descendeu matemáticamente á Liga da Costa, co cal arrastraría ó Outes se o Mazaricos non ascende na Promoción. Curiosamente o posible descenso do Fisterra ten en vilo ó seu eterno rival, o Cee. E na Copa da Costa, déronse resultados lóxicos. Pasaron os favoritos, e nas eliminatorias máis igualadas o Cerqueda eliminou ó Buño no derbi, e o Camariñas fixo o propio co Monte Louro. O Seaia tivo contra as cordas ó Zas, e o Nantón opuxo boa resistencia en Corme. Aquí vos deixamos os partidos da xornada copeira dominical. MUXÍA C.F. 2 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 2 0-1 6´Rapante   1-1 21´Martín   1-2 44´Rapante   2-2 78´Manu Nogueira CORME C.F. 3 - C.D. NANTÓN 1 1-0 34´Brais Torrado   1-1 53´Carlos Vidal   2-1 66´Doldán   3-1 83´Alejo CAMARIÑAS F.C. 3 - U.D. MONTE LOURO 0 1-0 45´Soule   2-0 46´Brandon   3-0 59´Soule S.D. CASTRIZ 0 - S.D. CORISTANCO 1 0-1 60´Cristian SP. SEAIA 1 - SP. ZAS 0 1-0 25´David Pérez BUÑO S.D. 2 - U.D. CERQUEDA 3 0-1 10´Méndez   0-2 16´Méndez   1-2 35´Zinho   1-3 38´Manu Guillamet   2-3 78´Jorge Calvete CAMELLE S.D. 3 - S.D. ESTEIRANA 5 0-1 13´Josiño   0-2 18´Josiño   0-3 23´Josiño   0-4 39´Campos   1-4 70´Mario   2-4 73´Pablo   3-4 86´Varu   3-5 89´Iker CABANA S.D. 1 - PUENTECESO S.D. 2 1-0 19´Isma   1-1 31´Christian   1-2 77´Yago

Comentarios