xoves. 07.11.2024
El tiempo

Adestrador, profesión de risco mental

Adestrador das Miudas-Foto-Chema Caamano
Adestrador das Miúdas en acción-Foto-Chema Caamaño
Adestrador, profesión de risco mental

A profesión de adestrador de fútbol e en todas as categorías un risco mental. A priori, en categoría de modestos ou incluso de base, podes supoñer que non levarás unha presión encima das costas por cada decisión técnica que poidas formular no terreo de xogo, ou intentar na base inculcar valores na forma de competir e aportar as decisións correctas no aprendizaxe de colocación sobre uns xogadores que cada vez veñen mellor preparados tecnicamente.

Pero todo eso é un soño poético na mente do adestrador. Desde que entras nunha competición que che marca unha clasificación, uns ascensos, descensos ou a única palabra que nadie quiere escoitar, "último", a presión xa se apodera dos pensamentos. A directiva, a afección e os xogadores só aumentan máis o temor do fracaso. Todo o mundo ten opinión e cada un ten a súa razón e hai que respetar todo o que din, no fondo para mellorar, se iso é posible.

O que non se dá conta moita xente, é que o adestrador ten que adestrar dous ou tres días semanais e despois dirixir o partido, levar preparado os adestramentos e pensar na formulación de cada encontro. Iso lévache, queiras ou non, a estar pensando as 24 horas do día no que propoñer ou mellorar os xogadores, e non saír derrotado no xogo ou na mentalidade propia de todo o plantel por non verse capaces de reaccionar a unha serie negativa de resultados.

Outro quebracabezas que só o adestrador é quen de manexar son os egos do propio futbolista que existen en cualquer vestiario e categoría. Todos queren xogar e todos son "mellores" que o que ocupa o seu posto. Aí é onde se ten que facer forte un adestrador e facer valer o seu poder de convicción e levalos a todos comprometidos e unidos a un único destino.

Na mentalidade do adestrador sempre ten que levar o seu propio ego baixo o brazo, xa que son os propios futbolistas os que poden facer ser algo importante no clube, con triunfos ou con un bo comportamento, dedicación e educación nos adestramentos ou só ser un simple pasaxeiro máis dun banquiño ao que no lle fan caso e manexan o seu antoxo sabendo que os malos resultados farán o resto para desfacerse del sen problemas.

Ese último detalle é o máis importante na carreira dun adestrador. Mentalmente hai que estar preparado para saber que fagan o que fagan, a espada de Damocles sempre anda encima, e máis evidente se os resultados non acompañan. E sentir o murmullo continuo da grada en cada xesto, movemento ou cambio que planifiques durante esos noventa minutos.

Ao final a lóxica neste deporte simplifica que é moito máis fácil botar a unha soa persoa que non a medio plantel, que quizais esa persoa non encontrou a conexión mental suficiente para crear confianza e seguridade para seguir adiante e que moitas veces cansa ou aburre e quen manda deixa caer a espada para levantala novamente co seguinte que acepte o reto.

  • Ángel Garrido.

Artigos de Ángel Garrido

Comentarios