Martes. 30.04.2024
El tiempo

O álbum de cromos percorre a Costa. Así serán a ruta de presentacións

  • Capis dos clubs costeiros e varios xogadores e xogadoras do Dépor estarán nalgunha das 6 citas previstas para a vindeira semana.
Presentacion do Album de Cromos en Fisterra 1200
Imaxe da presentación do Álbum de Cromos en Fisterra en xaneiro de 2020
O álbum de cromos percorre a Costa. Así serán a ruta de presentacións

Con agarimo lembramos aquela xira de presentacións do primeiro állbum do fútbol Base en 2020 cando nos fixestes sentir coma os Reis Magos. E coa mesma ilusión arrincamos este vindeiro luns 22 de xaneiro a nova rolda de presentacións e entrega das novas coleccións do Fútbol base da Costa da Morte.

Realizaremos 6 presentacións, nas que xuntaremos aos nenos de todos os clubs para facerlles entrega dos seus álbumes e para a rapazada poida adquirir os seus primeiros sobres. Contaremos ademais para esas citas con capis sénior dos seus equipos, para que conten a importancia de xogar do equipo da túa vila, en clave de facer amizades para toda a vida; pero tamén contaremos coa presenza de rapaces da comarca que están triunfando no Real Club Deportivo como os cormeláns Jairo Noriega ou Brais Suárez, o ceense Rubén Trillo, o muxián Raúl Lema ou a carballesa Elena Vázquez.

O luns 22/01 ás 17:30 estaremos na Casa da Cultura de Muros coas familias de Outes, Os Miúdos, Esteirana e E.F.C. Carnota. Nesa cita contaremos con varios capis históricos dos clubs, como os esteiráns Simón ou Róber Pladur, a Miúda Pati, o capi liracho Ángel, e mesmo estará o xogador muradán do Pontevedra Víctor Casais.

Este mesmo luns iremos ao Edificio de Servizos Múltiples de Santa Comba para xuntar á rapazada do Soneira, Mazaricos e Xallas. Serán os capis Doro (Xallas), Borja Sueiro (Mazaricos) e Pichi (Soneira) os que compartan a importancia das amizades no deporte.

O martes 23/01 teremos outra doble cita. Ás 18:00h no Salón de Actos do Voluntariado de Muxía, coa rapazada do Muxía e do Camariñas. Con nós estarán Manu Nogueira e Barca, dous referentes en Muxía con pasado branquiazul ou Raúl Lema, rapaz muxián na canteira do Dépor.

O martes ás 20:00h iremos ata o Auditorio de Cabana de Bergantiños para xuntarnos cos nen@s de Cabana, Cerqueda, Ponteceso, Corme e Laxe. Será a cita na que contaremos cos deportivistas Jairo e Brais.

Jairo Brais e barcia en Riazor sempre xuntos
Jairo, Brais e Barcia naquel partido histórico da Champions Xuvenil en Riazor

O mércores 24/01 rematamos o reparto cunha sesión ás 18:00h nas instalacións do Conco, cos nen@s de Cee, Fisterra, Dumbría e Zas. Pablo Paz, Noemi, Paula Fandiño, Adrián Makaay e o cadete ceense do Dépor Rubén Trillo estarán con nós.

E remataremos a serie en Carballo, o mesmo mércores ás 20:00h no Carral, en Sofán, para as familias de coa presenza de Elena Vázquez, a internacional deportivista que xa foi nomeada Mellor Xogadora da Costa.

MÁIS NOVAS DO ÁLBUM

Comentarios