Mércores. 09.10.2024
El tiempo

O #ÁlbumdaCosta de F8 esquiva ás Alertas e segue xerando máxima expectación

Sacando as fotos do album da Costa en Outes
Máxima expectación das familias para as fotos do album da Costa en Outes
O #ÁlbumdaCosta de F8 esquiva ás Alertas e segue xerando máxima expectación

Segue o equipo de QPC de ruta fotográfica encabezada por David Castro. Esta semana estivemos coa familia do Outes, liderada por Carlos Fornís, un auténtico superpai desta família que acolle a máis de 100 rapaces e rapazas.

Esta semana toca tamén Dumbría, Santa Comba e Muros, se as alertas laranxas nos deixan, porque a pasada semana, tivemos que facer un pequeno parón por culpas das complicadas condicións meteorolóxicas…

Desfrutamos facendo estas visitas nas que se nos trasmite a ilusión e gañas que teñen, protagonistas e as súas familia, de que estes cromos saian á luz. Pronto todos poderemos disfrutar e ver o resultado final.

Outra cuestión que estamos a comprobar de primeira man é que o noso Fútbol da Costa está en boas mans. Detrás de cada clube sempre existe una persoa, ds boas, que capitanea o barco dos soños das xeracións mais novas. Xentes que perden tempo e cartos para que as nosas criaturas pasen as tardes facendo deporte, ceibes coma cabras disfrutando do que máis gustan.

Por iso, dende o diario dixital QPC queremos darlle ás mil gracias e os mil parabéns aos Carlos Fornis, Suso da Torriña, Dani de Cerqueda, Rubén de Cee, Rama da Esteirana e todos os que coidades dos nos@s pequen@s.

Carlos Fornis coordinando a familia do Outes
Carlos Fornós coordinando á familia do Outes

Todas as novidades do Álbum da Costa

Comentarios