Xoves. 22.10.2020
El tiempo

A Amarela, lista para competir na Concentración de Seleccións Comarcais que se celebrará no Cairo e no Pinguel

Presentación do Campionato Galego de Seleccións Comarcais en Ponteceso
Presentación do Campionato Galego de Seleccións Comarcais en Ponteceso
A Amarela, lista para competir na Concentración de Seleccións Comarcais que se celebrará no Cairo e no Pinguel

Esta mañá era presentada en Ponteceso o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub11 e sub13, que se disputará nos campos do Cairo e do Pinguel.

Un evento que xa é unha das grandes festas do fútbol base galego, e que se este luns día 25 no municipio grazas á colaboración do consistorio local e dos clubs anfitrións, o Ponteceso SD e o Corme CF.

En total participarán uns 250 xogadores de 8 seleccións nas dúas categorías: A Costa, Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra.

Un campionato que sofre este ano importantes variacións. En primeiro lugar cambian as categorías co fin de facilitar o traballo dos seleccionadores galegos. Outra modificación importante é a fusión do campionato nunha soa xornada.

Novas equipacións

WhatsApp Image 2020-02-21 at 12.13.02
Marcos Ordóñez de Saunier Duval; Silvia Cancela e Manolo Corredoira da RFGF, e José Ramón Pombo, de Autocares J. Pombo presentando as novas camisetas de quecemento.

O Salón de Plenos de Ponteceso acollía ademais a nova camiseta “Amarela”, xa convertida nun clásico. Ademais, as empresas, sempre comprometidas co deporte base, Saunier Duval e Autocares J. Pombo, tiveron a ben colaborar coa RFGF patrocinando as camisetas para quentar e adestrar dos combinados costeiros.

Desenvolvemento

  • Na Sub 13 Masculina todos os encontros terán lugar no campo de O Cairo. O formato de competición será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os primeiros clasificados de cada grupo (A e B) accederán directamente á gran final do Campionato Galego.
  • Na Sub 11 Masculina, pola súa banda, todos os encontros terán lugar no campo de O Pinguel. O formato de competición tamén será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os dous primeiros clasificados de cada grupo (A e B) accederán directamente ás semifinais. Os terceiros clasificados disputarán a loita polo 5º e 6º posto e os cuartos clasificados xogarán polo 7º e 8º postos.

Os partidos durarán 20 minutos en cada metade en sub13 e 15 na sub11 (F8).

Calendario do Campionato Galego sub11 no PinguelCalendario do Campionato Galego sub13 no Cairo

Novas das Seleccións

comentarios