A Amarela, lista para competir na Concentración de Seleccións Comarcais que se celebrará no Cairo e no Pinguel

Esta mañá era presentada en Ponteceso o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub11 e sub13, que se disputará nos campos do Cairo e do Pinguel.
Un evento que xa é unha das grandes festas do fútbol base galego, e que se este luns día 25 no municipio grazas á colaboración do consistorio local e dos clubs anfitrións, o Ponteceso SD e o Corme CF.
En total participarán uns 250 xogadores de 8 seleccións nas dúas categorías: A Costa, Ferrol, A Coruña, Lugo, Santiago, Vigo, Ourense e Pontevedra.
Un campionato que sofre este ano importantes variacións. En primeiro lugar cambian as categorías co fin de facilitar o traballo dos seleccionadores galegos. Outra modificación importante é a fusión do campionato nunha soa xornada.
Novas equipacións
Marcos Ordóñez de Saunier Duval; Silvia Cancela e Manolo Corredoira da RFGF, e José Ramón Pombo, de Autocares J. Pombo presentando as novas camisetas de quecemento.
O Salón de Plenos de Ponteceso acollía ademais a nova camiseta “Amarela”, xa convertida nun clásico. Ademais, as empresas, sempre comprometidas co deporte base, Saunier Duval e Autocares J. Pombo, tiveron a ben colaborar coa RFGF patrocinando as camisetas para quentar e adestrar dos combinados costeiros.
Desenvolvemento
- Na Sub 13 Masculina todos os encontros terán lugar no campo de O Cairo. O formato de competición será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os primeiros clasificados de cada grupo (A e B) accederán directamente á gran final do Campionato Galego.
- Na Sub 11 Masculina, pola súa banda, todos os encontros terán lugar no campo de O Pinguel. O formato de competición tamén será un sistema de liga (cada equipo disputará tres encontros) e os dous primeiros clasificados de cada grupo (A e B) accederán directamente ás semifinais. Os terceiros clasificados disputarán a loita polo 5º e 6º posto e os cuartos clasificados xogarán polo 7º e 8º postos.
Os partidos durarán 20 minutos en cada metade en sub13 e 15 na sub11 (F8).
Novas das Seleccións
- O Pinguel e o Cairo acollerán o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub11 e sub13.
- Febreiro 2020: As Seleccións da Costa collen ritmo de competición en Cee.
- Xaneiro 2020: As Seleccións da Costa póñense a punto no Conco.
- Xaneiro 20: “Estas Seleccións da Costa teñen moitas posibilidades de facer algo bonito”.
- Decembro 19: Posta de longo das novas Seleccións da Costa sub11 e sub13.
- Decembro 19: As novas Seleccións da Costa sub11 e sub13 póñense en marcha ás ordes de Carlos Romero, Skío e Muchi.