Aprétanse as Ligas da Costa
- O sorteo da Copa da Costa, un evento pioneiro no fútbol galego.
- Resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
- O cadro da Copa da Costa en www.copadacosta.com.

Nova xornada completa do Fútbol da Costa, nesta fin de semana marcada polo novedoso sorteo da Copa da Costa. Pero non parou de rodar o balón e o domingo tivemos un novo e intenso carrusel tecnolóxico en directo a través de www.futboldacosta.com.
Por arriba, na Preferente, unha de cal e unha de area. O Sofán volvía vencer fóra da casa e parece que respira por fin. Non así o Xallas, que caía ante o Dubra e métese en zona de posibles arrastres.
Xornada bastante positiva 1ª, onde os máis necesitados sumaron boas goleadas. O Fisterra sumaba unha nova vitoria pero non consegue recurtar co líder. Venceu o Baio, tras dúas derrotas seguidas, e venceu a Esteirana, que segue a súa espectacular escalada na segunda volta. Caían Dumbría e Soneira, deixando ao cadro soneirán algo preocupado.
Na Liga da Costa, volve apretarse a cousa. Recorta o Corme dous puntos tras vencer no derbi ao Ponteceso, no partido da xornada, e aproveitando o empate do Mazaricos en casa ante o San Lorenzo. O cadro cormelán colócase a 3 do líder amarelo, e saca xa 7 puntos ao Ponteceso. A 7 do líder fica agora o Volantes, sumando a súa 6ª vitoria consecutiva en Zas. Por arriba, os que parecen dicir adeus a loita polo título son o Baíñas que caía ante o Cerqueda, e o Muxía, que caía ante un Muros que conseguía tres puntos fundamentais na loita por evitar o descenso. Como os do Lira, ante o Cee; ou os Buño ante o Ameixenda, dúas vitorias que valen ouro nesa pelexa.
Na 3ª, o líder Coristanco aprazou o partidazo da xornada ante o Castriz polo pasamento dun familiar do seu xogador Lagoa. O Cabana sufriu para meter algo de presión vencendo, non sen apuros, a un Outes que se puxo por diante. Tamén tivo que remontar o Porteño para superar ao Corcubión e seguir afianzando a promoción sen descolgarse da loita polo ascendo directo. Na loita pola promoción, Castrelo e Nantón, que empataron, desaproveitaron unha boa ocasión para achegarse a Outes e Camariñas, que caía no derbi camariñán que supón a sgeunda vitoria do ano para As Baleas.
A base
Na base, o máis destacado foi o cambio de líder en Xuvenís, onde Os Miúdos sumaban a súa 6ª vitoria seguida ante un Cabana que viña líder e marcha por detrás do cadro muradán polo golaveraxe. O Corme, se vence o seu partido de menos, ficaría en todo caso un punto por riba dos dous, mentres o Fisterra queda a 5 puntos do líder, o Sofán a 9 (tras unha insperada goleada) e Esteirana e Outes (que vén como unha moto) a 10.
Xornada importante, a falta 6, en Cadetes, onde o Outes aproveitou que o Zas aprazou o seu partido para igualalo na táboa, mentres o Cee perdeu a ocasión de asaltar o liderato ao perder ante o Sofán, o 4º.
En infantís, Dumbría, Cee e Xallas seguen a súa pelexa goleando.
Ademais, remataron ademais 4 das ligas de F8, que xa tiñan o campión decidido.
Como se pon a Liga de Veteranos
Espectacular está a Liga de Veteranos, despois de derrota do líder, Zas ante o Soneira, que deixa a táboa con 3 equipos no alto da táboa (os dous equipos soneiráns xunto ao San Román), e San Lorenzo, que superaba ao Dumbría, ao que distancia case definitivamente, a 2 puntos.
Máis información
- O sorteo da Copa da Costa, un evento pioneiro no fútbol galego.
- Resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.
- O cadro da Copa da Costa en www.copadacosta.com.