Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As nais, unhas Miúdas máis

As nais, unhas Miúdas máis
Dia da Nai das Miudas

Fermosa iniciativa a que organizaron as Miúdas esta pasada semana Santa. Unha tarde para que nais e fillas compartan a súa afección polo fútbol sobre o céspede do Eleuterio Balayo. Unhas 50 persoas gozaron do I Día da Nai que celebra o equipo muradán.

A xornada comezou, como non podía ser doutro xeito, cun cafeliño na cantina, e o agarimoso recibimento das xogadoras-anfitrionas, ás súas nais. Contáronlles a curta andaina na competición coa axuda dun vídeo montaxe que fixo Fernando coas propias fotos das nais de cando tiñan a súa idade. Non faltou un simbólico detalle especial para Mili, nai da xogadora Martina, que segue dende o ceo as peripecias das miudiñas. A capitana Julia entregoulle un ramo á Martina e a súa irmá gloria no momento máis emotivo da tarde.

30 mozas calzaron as botas e saltaron ao céspede despois da liturxia, e da charla, do paso polos vestiarios. Exercicios lúdicos para un adestramento que rematou coa clásica pachanga a todo campo, con dous goles marcados por Mari, na de Sara Romero.

Para rematar a sesión, o mellor do fútbol, ese terceiro tempo para disfrutar duns petiscos na cantina, desta volta coas compañeiras, e a familia.

Máis información: Todas as novas do Fútbol Feminino costeiro.

 

Comentarios