O BNG intenta fixar no Parlamento estatal o Plan de rexeneración da praia de Laxe

Tralo acordo histórico acordado a comezos de mes no Parlamento Galego para intentar afrontar o problema cos áridos no Porto de Laxe, o BNG quere aproveitar a inercia para pechar o proxecto co goberno central, e por iso o deputado nacional Néstor Rego vai levar unha pregunta para para o seu debate na Comisión de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.
O BNG apunta que “a actuación máis axeitada no momento actual sería distribuír o areal que conformaba o novo campo dunar polo resto do areal, por acumulación na parte oeste. En concreto, a intervención sería na parte baixa do paseo marítimo, desde a avenida de Rosalía de Castro número 1 ata o Peirao Vello, zona na que nunca houbo dunas (ata as obras do encoro). Así se mitigarían os problemas de inundación, ademais de permitir que os comercios, restauración e hostalería situados no paseo recuperasen a vista do mar de Laxe. A tarefa inmediata é estabilizar a praia e protexer o ecosistema, garantindo así que a vila de Laxe recupere o incrible potencial comercial e turístico da súa fachada marítima”.
E preguntará o grupo sobre a disposición do goberno central de “acordar, en colaboración coa Xunta e o concello, un Plan de rexeneración da praia de Laxe”, asíc omo análise que fai o goberno do problema, e se comparte a necesidade de adoptar medidas de rexeneración e mellora para que Laxe recupere as vistas ao mar na zona do paseo o que redundaría positivamente no turismo.
HISTÓRICO SOBRE O PROBLEMA DOS ÁRIDOS EN LAXE
- Maio 24: Volven pedir no Parlamento unha actuación para evitar o problema dos áridos no paseo de Laxe.
- Outubro 22: A Xunta contactará finalmente co Goberno central para buscar solucións aos áridos.
- Setembro 22: Novo bloqueo político para solventar os problemas dos áridos e de seguridade no porto de Laxe.
- A Xunta afirma que a dragaxe do porto de Laxe rematará en outubro pero non clarexa a problemática dos áridos.
- Xuño 22: A eterna visita da area de Laxe ao Parlamento.
- Novembro 21: Podemos e o BNG preguntan pola nova retirada de area da praia de laxe.
- Novembro 21: O Ministerio responsabiliza a Portos do eterno problema dos áridos e inundacións no paseo de Laxe.
- Febreiro 17: Temporal de mar en Laxe: barcos a terra (ou a Camariñas).
- Xullo 16: Laxe volve unirse por unha solución para o porto e a praia.
- Xuño 2016: O porto de Laxe, o punto incómodo entre os grupos municipais.
- 19-08-14: Confraría e grupos municipais únense por unha solución aos problemas do porto de Laxe.
- 4-10-11: O BNG de Laxe cre que a actuación de Portos cos áridos é un parche.
- 10-10-11: Portos limpa a area acumulada no porto de Laxe e agarda á primavera a solucionar a raíz do problema.
- 26-09-11: A area da praia de Laxe xa chega a Bruxelas.
- 06-09-11: Que foi dos áridos da praia Laxe?.
- 10-07-11: O BNG de Laxe levará os problemas co porto e a praia a Europa.
- 22-06-11: O BNG de Laxe denuncia que a Xunta non comece as obras para solucionar o problema cos áridos.
- 14-06-11: O BNG laxense esixe a solución do problema cos áridos.
- 15-04-11: Comezan os traballos para solucionar os problemas coa area en Laxe con disputas políticas.
- 07-03-11: O BNG de Laxe critica que PSOE e PP eludan responsabilidades co problema dos áridos.
- 28-01-11: A area invade as rúas de Laxe e a Xunta pide unha solución.
- 09-12-10: Problemas na praia de Laxe trala ampliación do dique.