mércores. 30.04.2025
El tiempo

Gerca celebra a segunda edición da súa Convención anual

Convencion Gerca
Gerca celebra a segunda edición da súa Convención anual

Fai uns días Gerca reunía aos máis de 145 traballadores e traballadores que a integran, así como a colaboradores externos, provedores e algúns clientes, para a celebración da Convención de Gerca 2024.

Ao longo da xornada falouse da traxectoria da empresa e presentáronse os proxectos actuais e os obxectivos marcados para este ano para que todos sexan partícipes dos seus éxitos. Ademais aproveitouse a ocasión para facer entrega de varios recoñecementos honoríficos a algúns membros de Gerca, e agradecer en xeral a todo o equipo humano que “é o verdadeiro motor da compañía”, segundo as palabras da súa responsable de comunicación, Mélani Lois.

A familia de propietarios de Gerca na Convencion
A familia de propietarios de Gerca na Convencion

A xornada rematou compartindo unha comida todos xuntos da man dunha pulpeira que se achegou ata as instalacións de Gerca acero y metal, no parque empresarial de Vimianzo.
“Trátase dun evento que ten como fin reforzar o sentimento de pertenza así como potenciar a transparencia e comunicación con todos os membros da compañía” explica Lois.
É o segundo ano consecutivo que se celebra pero dende Gerca aseguran continuarán realizando esta xornada nos vindeiros anos e que se establecerá como un día imprescindible no calendario da empresa.

Máis novas

Comentarios